Saltar ao contido

Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2006

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2006
 ← 2003 Editar o valor en WikidataCataluña Editar o valor en Wikidata 2010 Editar o valor en Wikidata  → 
Data1 de novembro de 2006 Editar o valor en Wikidata
Tipoeleccións ao Parlamento de Cataluña Editar o valor en Wikidata
Cargo elixido135 deputado do Parlamento de Cataluña ≈ VIII Lexislatura do Parlamento de Cataluña. Duración do mandato: 4 Editar o valor en Wikidata
Campaña electoral15 Editar o valor en Wikidata
Participación política
Electorado5.320.675 Editar o valor en Wikidata
2.982.108
   56.05٪
Ponto percentual (pt) 6.49
Número de votos válidos2.908.290    Número de votos en branco 60.244   Número de votos nulos 13.574
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
<1
2>
CiU  — Artur Mas
935.756   32.18٪
Ponto percentual (pt) 0.95
Deputado 46 → 48 Número de escanos 2
<1
2>
PSC  — José Montilla
796.173   27.38٪
Deputado
<1
2>
ERC  — Josep-Lluís Carod-Rovira
416.355   14.32٪
Deputado
<1
2>
PPC  — Josep Piqué
316.222   10.87٪
Deputado
<1
2>
ICV-EUiA  — Joan Saura i Laporta
282.693   9.72٪
Deputado
<1
2>
CS  — Alberto Carlos Rivera Díaz
89.840   3.09٪
Deputado

Editar o valor en Wikidata
Causa inmediata de
28 de novembro de 2006: Goberno de José Montilla Editar o valor en Wikidata

As eleccións ao Parlamento de Cataluña celebráronse o 1 de novembro de 2006 para elixir os 135 deputados da VIII lexislatura que elixiron un novo presidente da Generalitat de Cataluña. Cada unha das catro provincias constitúe unha unha circunscrición electoral segundo un sistema electoral proporcional corrixido pola lei d'Hont.

Presentáronse 75 candidaturas de 21 forzas políticas a estas eleccións. A provincia de Barcelona elixe 85, a provincia de Tarragona 18, a provincia de Xirona 17 e a de Lleida 15. Un total de 5 320 395 electores teñen dereito ó voto.

O resultado das mesmas foi unha vitoria nas urnas de Convergència i Unió (CiU), aínda que sen unha maioría abonda para gobernar,[1] polo que ao igual que ocorreu nas pasadas eleccións, o goberno saíu dunha coalición do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC), Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) e Iniciativa per Catalunya Verds-Esquerra Unida i Alternativa (ICV-EUiA), coñecida como o "Tripartito catalán", sendo elixido presidente o líder do PSC, José Montilla.[2]

Convocatoria

[editar | editar a fonte]

O presidente da Generalitat, Pasqual Maragall do PSC, que viña gobernando co apoio de ERC e ICV, cesou o 11 de maio de 2006 os conselleiros de ERC ó non apoiar estes o novo Estatut de Autonomía que se debía referendar en xuño e anunciou que convocaría anticipadamente os cidadáns de Cataluña a elección dun novo parlamento a fins de ano ó non poder garantir o apoio do Parlamento ó seu goberno. Formalmente convocáronse o 8 de setembro e Pasqual Maragall non se presenta á elección.

Candidaturas

[editar | editar a fonte]

Candidaturas presentes no Parlamento

[editar | editar a fonte]

Candidaturas sen presenza no Parlamento

[editar | editar a fonte]

Resultados

[editar | editar a fonte]

Resultados (provisorios)

Partido Candidato Votos % Escanos
Convergència i Unió Artur Mas 928.511 31.52 48
Partit dels Socialistes de Catalunya José Montilla 789.767 26.81 37
Esquerra Republicana de Catalunya Josep Lluís Carod Rovira 414.067 14.05 21
Partido Popular Josep Piqué 313.479 10.64 14
Iniciativa per Catalunya Joan Saura 281.474 9.55 12
Ciutadans-Partido de la Ciudadanía Albert Rivera 89.567 3.04 3
Els Verds-Ecologistes i Verds de Cataluña 17.388 0.59
PACMA 13.158 0.45
Escons Insubmisos-Alternativa dels Demòcrates Descontents 6.878 0.23
Partit Republicà Català 5.847 0.2
POSI 5.431 0.18
PCPC 4.720 0.16
Els Verds-Alternativa Verde 3.128 0.11
Partido Familia y Vida 2.538 0.09
Adelante Cataluña 2.529 0.09
Partido Humanista 2.466 0.08
MSR 1.023 0.03
Partido Azul 1.019 0.03
Por un Mundo más Justo 851 0.03
Decideix.cat 650 0.02
Ciudadanos en Blanco 620 0.02
Izquierda Republicana-Partit Republicà de Catalunya 567 0.02

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Web da Generalitat sobre as eleccións de 2006