Dushanbe
Душанбе (tg) | ||||
Epónimo | luns | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Taxiquistán | |||
Capital de | Q65146119 Emirado de Bukhara (pt) (1921–1921) Revolta dos Basmachi (pt) (1922–1922) República socialista soviética autônoma Tadjiquistão (pt) (1924–1929) República Socialista Soviética de Taxiquistán (1929–1991) Taxiquistán (1991–) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 863.400 (2020) (6.929,37 hab./km²) | |||
Lingua usada | Língua yazgulyam (pt) Lingua iagnobí Lingua taxica lingua rusa Lingua usbeka Linguas do Pamir | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 124.600.000 m² | |||
Bañado por | Kofarnihon River (en) | |||
Altitude | 706 m | |||
Creación | século XVII | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | Rustam Emomali (pt) | |||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 734000 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 37 | |||
ISO 3166-2 | TJ-DU | |||
Outro | ||||
Irmandado con | Gəncə Xiraz Shahrekord (pt) Ürümqi Xiamen - 厦门 Teherán Mazar-e Sharif (pt) Reutlingen Lahore Saná Lusaca Boulder Monastir (Tunísia) (pt) Ancara Klagenfurt (1973–) Minsk (1998–) San Petersburgo (1999–) | |||
Páxina web | dushanbe.tj | |||
Dushanbe[1] ou Dushambe[2][3][4] (en taxico Душанбе) é a capital e máis o principal centro cultural e económico de Taxiquistán. No ano 2002 a súa poboación estimábase en 575 900 habitantes. Na época da Unión Soviética recibiu o nome de Stalinabad.
Étimo do nome
[editar | editar a fonte]O nome deriva da palabra taxica para "luns" (du "dous" + xamba o xanbé "día") e refírese ao feito de que a cidade celebraba un mercado moi frecuentado os luns, para eles o segundo día da semana.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situada no extremo centro-occidental do país, a uns 800 m de altitude., aséntase no val de Gissar, moi densamente poboado, localizado ao suroeste dunha cadena montañosa do mesmo nome (Montes Guissar).
A cidade está atravesada polo río Varzob (tamén chamado río Dušanbinka),que forma parte da conca do Amu Daria.
Distritos
[editar | editar a fonte]Duxanbé divídese nos seguintes distritos:
- Abuali Ibn Sina
- Firdavsi
- Ismail Somoni
- Shokhmansur
Clima
[editar | editar a fonte]Dado o afastamento do mar, o clima ten un forte carácter continental, con veráns cálidos e secos, e con invernos fríos e relativamente húmidos.
A temperatura media é duns 14,7 °C e as precipitacións medias anuais son duns 568 mm. O mes máis caloroso é xullo, cunha temperatura media de 27,1°, mentres que o máis frío é xaneiro con 2,1 °C. O mes máis seco é agosto, en tanto que as chuvias máis abundantes caen en marzo e abril con cerca de 100 mm.
Economía
[editar | editar a fonte]Desde que foi conectada á rede ferroviaria (1929), durante a época soviética, a cidade converteuse nun centro económico e industrial do país. As industrias principais son a téxtil, alimentarias e manufactureira.
A 80 km ao sur de Dushanbé, atópase a Base Aérea de Farkhor, a única base militar india fóra da Unión India.
Nas proximidades de Dushanbé están despregadas tamén tropas francesas, estadounidenses e rusas.
Transportes
[editar | editar a fonte]A rede ferroviaria taxica non está moi desenvolvida, en parte a causa do relevo do territorio. Con todo o ferrocarril transcaucásico liga diariamente Dushanbe con Tashkent en Uzbekistán e con Moscova. Os trens, porén, son lentísimos por mor do trazado tortuoso da liña.
Dushanbe ten un aeroporto internacional, sito a menos de 15 minutos en automóbil da cidade. Lígase con voos diarios para Moscova, Bakú e Taxquent e voos cada dúas semanas para Estanbul).
Lugares a visitar
[editar | editar a fonte]- Museo Etnográfico, cunha colección de artefactos da arte taxica (cerámicas, alfombras, xoiaría e instrumentos musicais, entre outros).
- Museo Unificado de Taxiquistán.
- Teatro da Ópera e Ballet Ayni, con fermosa arquitectura interna.
- Mesquita de Haji Iakub.
Ensino e cultura
[editar | editar a fonte]A cidade é a sede da Universidade de Taxiquistán e da Academia das Ciencias.
Irmandamentos
[editar | editar a fonte]Entre outros:
- Teherán, Irán
- Moscova, Rusia
- San Petersburgo, Rusia
- Boulder, Colorado, USA
- Klagenfurt, Austria
- Ancara, Turquía
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Atlas Mundial Galego Online
- ↑ Criterios para o uso da lingua
- ↑ Lingua galega. Dúbidas lingüísticas
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dushanbe |