Dudley R. Herschbach
Dudley R. Herschbach, nado o 18 de xuño de 1932 en San José, California (EUA), é un matemático, químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1986.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade de Stanford, onde se graduou en 1954 e 1955 respectivamente en matemáticas e química. Posteriormente doutorouse en química na Universidade Harvard en 1958, e iniciou a súa tarefa docente en fisicoquímica na Universidade de California, Berkeley, para retornar en 1963 a Harvard. Desde 2005 é profesor de física na Universidade de Texas A&M.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Xunto a Yuan T. Lee foi un dos primeiros científicos en adoptar a técnica dos haces moleculares con fins de investigación química. A creación en 1959 dun aparello co cal dous haces, cada un deles formado por partículas dunha mesma substancia, podían entrecruzarse permitiu a colisión de átomos e moléculas de diferentes especies, reaccionando entre si. Esta colisión permitiu observar como o produto resultante escapa do lugar no que se cruzan os haces. Co uso dunha variedade de detectores de partículas pódese determinar a enerxía dos produtos da reacción e a forma en que esta enerxía se distribúe entre as diferentes formas posibles, como a translación (movemento da molécula no seu conxunto), a vibración (oscilacións internas das partes das moléculas) e a rotación.
En 1986 foi galardoado, xunto co seu colaborador Yuan T. Lee e o químico canadense John Charles Polanyi, co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento da dinámica de procesos químicos elementais.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1986 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1986 (en inglés)
- Dudley R. Herschbach en Biografías y vidas(en castelán)
- Perfil de Dudley R. Herschbach en NNDB (en inglés)
Predecesor: Herbert A. Hauptman e Jerome Karle |
Premio Nobel de Química 1986 con Yuan T. Lee e John Charles Polanyi |
Sucesor: Donald James Cram, Jean-Marie Lehn e Charles J. Pedersen |
- Matemáticos dos Estados Unidos de América
- Químicos dos Estados Unidos de América
- Premio Nobel de Química
- National Medal of Science
- Nados no condado de Santa Clara, California
- Nados en 1932
- Alumnos da Universidade Stanford
- Alumnos da Universidade Harvard
- Profesores da Universidade de California, Berkeley
- Profesores da Universidade de Texas A&M
- Premios Nobel dos Estados Unidos de América