Saltar ao contido

Doris Lessing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDoris Lessing

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Doris May Lessing Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Doris May Tayler Editar o valor en Wikidata
22 de outubro de 1919 Editar o valor en Wikidata
Kermanshah, Irán (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte17 de novembro de 2013 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGolders Green Crematorium (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónDominican Convent High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía e ensaio Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, guionista, ensaísta, escritora de ciencia ficción, autobiógrafa, novelista, dramaturga, poetisa, prosista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoCiencia ficción Editar o valor en Wikidata
MovementoRealismo literario Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioJane Somers Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeGottfried Lessing (1943–1949), divorcio
valor descoñecido (1939–1943), divorcio Editar o valor en Wikidata
ParellaClancy Sigal Editar o valor en Wikidata
ParentesSimon Lessing, sobriño Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Obálky knih,
Concise Literary Encyclopedia (en) Traducir, (vol:4, sec:Лессинг Д. М., p.167), Editar o valor en Wikidata
Páxina webdorislessing.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0504363 BNE: XX974781 Bitraga: 3307 Dialnet: 1895562 iTunes: 3045780 Musicbrainz: ce9dd9c7-fdd3-4f19-96a2-503bf7106dbb Discogs: 1517879 WikiTree: Taylor-22093 Find a Grave: 153946715 Editar o valor en Wikidata

Doris Lessing, de solteira Doris May Tayler, nada en Kermanshah, Persia, actualmente Irán, o 22 de outubro de 1919 e finada en Londres o 17 de novembro de 2013[1], foi unha escritora británica, gañadora do Premio Nobel de Literatura[2] en 2007.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai, oficial do exército británico, foi vítima da primeira guerra mundial, onde sufriu graves amputacións. Cando contaba seis anos, a súa familia, atraída polas promesas de facer fortuna cultivando millo, tabaco e cereais, trasladouse a Rodesia, unha antiga colonia inglesa, hoxe Zimbabwe, onde pasou a súa infancia e mocidade.

Os recordos desa época son ambivalentes, por unha banda a educación estrita e severa da súa nai; por outro, aqueles momentos nos que, en compañía do seu irmán Henry, gozaba e descubría a natureza. Tamén descubriu a discriminación racial.

En loita constante coa súa nai, Doris, desexando fuxir do seu autoritarismo, abandonou, aos quince anos, os seus estudos que proseguiu de xeito autodidacta, e púxose a traballar como auxiliar de clínica. Frustrada polos desenganos dalgunhas aventuras amorosas pasaxeiras, empezou a escribir as súas primeiras novelas infestadas de pantasmas. Foron pequenas historias das que vendeu dúas a unhas revistas surafricanas.

Aos 18 anos trasladouse a Salisbury onde traballou como telefonista. En 1939, cando tiña 19 anos, casou cun funcionario, Frank Wisdom, co que tivo dous fillos. En 1943 divorciouse e uniuse a un grupo de ideas comunistas. En 1944 casou, por segunda vez, con Gottfried Lessing, do que tomou o seu apelido, e co que tivo o seu terceiro fillo.

Aos 36 anos, xunto co seu fillo, volveu a Londres e iniciou a súa carreira como escritora. Un ano despois publicou a súa novela: "Canta a herba". Moi comprometida politicamente perde, definitivamente, todas as súas ilusións abandonando o comunismo en 1954.

Obra literaria

[editar | editar a fonte]

A obra de Doris Lessing ten moito de autobiografía, inspirándose na súa experiencia africana, na súa infancia, nos seus desenganos sociais e políticos. Os temas plasmados nas súas novelas céntranse nos conflitos culturais, as flagrantes inxustizas da desigualdade racial, a contradición entre a consciencia individual e o ben común.

En 1956, coñecidas as súas críticas constantes e implacábeis, prohibíuselle a estancia en toda Suráfrica e Rodesia especialmente.

En 1962 publica a súa novela máis coñecida, "O caderno dourado", que a catapultou á fama converténdoa na icona das reivindicacións feministas.

En 1995, con 76 anos, regresou a Suráfrica para visitar a súa filla e aos seus netos e dar a coñecer a súa autobiografía. Ironías da historia, foi acollida cos brazos abertos, cando os temas que ela tratara nas súas obras foran a causa da súa expulsión do país corenta anos atrás.

Autora de máis de corenta obras, e soada desde a aparición, en 1950, do seu primeiro libro "Vencida pola sabana" (Vaincue par la brousse), é considerada unha escritora comprometida coas ideas liberais, a pesar de que ela nunca quixo dar ningunha mensaxe política na súa obra.

Doris Lessing foi a icona das causas marxistas, anticolonialistas, anti-segregacionistas e feministas.

En 2007 recibiu o Premio Nobel de Literatura pola súa «capacidade para transmitir a épica da experiencia feminina e narrar a división da civilización con escepticismo, paixón e forza visionaria»[3]

  • Somerset Maugham Award of the Society of Authors, 1954
  • Finalista no the Booker Prize, 1971
  • Prix Medicis de Francia, 1976
  • Premio Austríaco da Literatura Europea, 1982
  • Shakespeare Prize da República Federal Alemá, 1982
  • Finalista no Booker Prize, 1985
  • W.H. Samith Literary Award, 1985
  • Mondello de Italia, 1985
  • Premio Palmeiro, 1987
  • Premio Internazionale Mondello, 1987
  • Premio Grinzane Cavour Prize en Italia, 1988
  • James Tait Black Prize, 1995
  • XI Premio Internacional de Catalunya, 1999
  • Premio Príncipe de Asturias das Letras, 2001
  • David Cohen British Literature Prize, 2001
  • Premio Dupont Pluma de Ouro, 2002
  • Premio Nobel de Literatura, 2007

Reacción crítica ao premio Nobel

[editar | editar a fonte]

A crítica literaria en xeral tomou a concesión do Premio Nobel de Literatura a Doris Lessing con sorpresa e escepticismo, debido a que non contaba nas quinielas ao galardón do 2007, a pesar de ser unha "eterna candidata". Autores como Ana María Moix[4], Mario Vargas Llosa[5] alabaron os seus méritos literarios tras a concesión do galardón. Porén, algunhas voces críticas se alzaron contra esta decisión:

  • O crítico literario estadounidense Harold Bloom tildou a decisión da Academia Sueca de "políticamente correcta". "Ainda que a señora Lessing no comenzo da súa carreira tivo algunhas cualidades admirábeis, acho que o seu traballo nos últimos 15 anos é bastante ilexíbel... ciencia ficción de cuarta categoría."[6]

Tamén Umberto Eco no mesmo foro, a pesar de considerar que a autora merecía o premio, admitía a súa sorpresa pola decisión declarando que é estraño que o premio o volva gañar un autor de lingua inglesa tan pouco tempo despois de Harold Pinter."[7]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • The Grass is Singing (1950)
  • This Was the Old Chief's Country (collection) (1951)
  • Five (short stories) (1953)
  • Through the Tunnel (1955)
  • The Children of Violence Series (1952-1969):
    • Martha Quest (1952)
    • Five (short stories) (1953)
    • A Proper Marriage (1954)
    • A Ripple from the Storm (1958)
    • Landlocked (1965)
    • The Four-Gated City (1969)
  • Going Home (memoir) (1957)
  • The Habit of Loving (collection) (1957)
    • Wine (short story) (1957)
  • In Pursuit of the English (nonfiction) (1960)
  • O caderno dourado (he Golden Notebook) (1962); traducida ao galego por Eva Almazán en 2009
  • Play with a Tiger (play) (1962)
  • A Man and Two Women (collection) (1963)
  • African Stories (collection) (1964)
  • Historias de gatos:
    • Particularly Cats (stories & nonfiction) (1967)
    • Particularly Cats and Rufus the Survivor (1993)
    • The Old Age of El Magnifico (stories & nonfiction) (2000)
  • Briefing for a Descent into Hell (1971)
  • The Temptation of Jack Orkney and other Stories (collection) (1972)
  • The Summer Before the Dark (1973)
  • A Small Personal Voice (Essays) (1974)
  • Memoirs of a Survivor (1974)
  • The Canopus in Argos: Archives Series (1979-1983):
    • Shikasta (1979)
    • The Marriages Between Zones Three, Four and Five (1980)
    • The Sirian Experiments (1980)
    • The Making of the Representative for Planet 8 (1982)
    • The Sentimental Agents in the Volyen Empire (1983)
  • Stories (collection) (1978)
  • Baixo o seudónimo Jane Somers:
    • The Diary of a Good Neighbour (1983)
    • If the Old Could... (1984)
  • The Good Terrorist (1985)
  • Prisons We Choose to Live Inside (essays, 1987)
  • The Wind Blows Away Our Words (1987)
  • The Fifth Child (1988)
  • African Laughter: Four Visits to Zimbabwe (memoir) (1992)
  • London Observed: Stories and Sketches (collection) (1993)
  • Conversations (interviews, edited by Earl G. Ingersoll) (1994)
  • Lessing's autobiography:
    • Under My Skin: Volume One of My Autobiography, to 1949 (1994)
    • Walking in the Shade: Volume Two of My Autobiography 1949 to 1962 (1997)
  • Spies I Have Known (collection) (1995)
  • Love, Again (1996)
  • The Pit (collection) (1996)
  • Mara and Dann (1999)
  • Ben, in the World (a sequel to The Fifth Child) ISBN 0-06-093465-4 (2000)
  • The Sweetest Dream ISBN 0-06-093755-6 (2001)
  • The Grandmothers : Four Short Novels ISBN 0-06-053010-3 (2003)
  • The Story of General Dann and Mara's Daughter, Griot and the Snow Dog (a sequel to Mara and Dann) (2005)
  • The Cleft (2007)
  1. "Morre Doris Lessing, a muller da escrita dourada contra a inxustiza, [[Sermos Galiza]], 18-11-2013". Arquivado dende o orixinal o 22-04-2014. Consultado o 18-11-2013. 
  2. Premio Nobel de Literatura de 2007
  3. Informe de prensa do premio Nobel de Literatura de 2007
  4. El Nobel a Doris Lessing toma por sorpresa a Fráncfort
  5. https://web.archive.org/web/20071013081127/http://actualidad.terra.es/cultura/articulo/vargas_llosa_prologo_cuaderno_dorado_1921432.htm Vargas Llosa prologou 'El cuaderno dorado' }
  6. "Although Ms. Lessing at the beginning of her writing career had a few admirable qualities, I find her work for the past 15 years quite unreadable ... fourth-rate science fiction," Declaración de Bloom a Associeted Press.Artigo de CNN.com Arquivado 12 de novembro de 2007 en Wayback Machine.
  7. esser davvero felice per lei, anche se - ha specificato di non essere - felice 'quanto' lei. L'autore, che era visto da molti come possibile vincitore del Nobel per la Letteratura, ha rimarcato come sia insolito il fatto che il premio sia arrivato dopo che due anni fa aveva vinto un altro scrittore inglese, Harold Pinter, ma ha spiegato come questo in realta' non denoti niente di sbagliato. (Piu'Europa).[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]