Dial WIKA
Dial WIKA | |
---|---|
Tipo | Científico |
Organización | DFVLR |
Destino actual | Reentrado na atmosfera |
Data de lanzamento | 10 de marzo de 1970[1][2] |
Foguete portador | Diamant B[2][3] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Kourou[2][4] |
Obxectivo da misión | Diversos experimentos científicos.[2] |
Decaemento | 5 de outubro de 1978[1] |
NSSDC ID | 1970-017A |
Masa | 63 kg[2][4] |
Dimensións | Prisma octogonal cun cilindro rematado nun hemisferio.[4] |
Dial Wika (acrónimo de Diamant Allemagne - Wissenschafts-Kapsel) foi un satélite artificial de Francia e Alemaña lanzado a bordo dun foguete Diamant B o 10 de marzo de 1970.[2][4]
Características
[editar | editar a fonte]O satélite foi lanzado para estudar as variacións espazotemporais da densidade local de electróns e a intensidade da radiación Lyman-alfa da xeocoroa. O satélite estaba formado por unha base octogonal de 68 cm de distancia entre lados e 43 cm de altura, cun cilindro enriba de 57,8 cm de altura e 31,5 cm de diámetro.[2][3]
A alimentación eléctrica era proporcionada por dous paneis solares que alimentaban unhas baterías. O satélite non tiña capacidade de recibir comandos e unha vez en órbita a secuencia de observacións científicas e transmisións a terra estaba controlada preprogramadamente polo sensor solar. Os datos científicos transmitíanse en tempo real ao non dispoñer de grabadora de a bordo.[2][3]
O satélite levaba a bordo os seguintes instrumentos:[2][3]
- Un fotómetro alfa para a xeocoroa.
- Unha sonda de impedancia.
- Un detector de partículas de alta enerxía.
- Un magnetómetro.
Dial Wika foi deseñado para funcionar durante 26 días, pero o 20 de maio de 1970 deixou de transmitir debido ao fallo das baterías.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "WIKA (DIAL)" (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2019.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (5 de setembro de 2019). "DIAL/WIKA" (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Dial-Wika" (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Mark Wade (2011). "Dial WIKA" (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2019.