Desaparecida
Desaparecida | |
---|---|
Formato | Drama |
Intérpretes | Beatriz Ayuso Carlos Hipólito Luisa Martín Francesc Tormos Bárbara Meier Miguel Ángel Solá |
País de orixe | España |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Miguel Ángel Bernardeau Ramón Campos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Televisión Española |
Primeiro episodio | 3 de outubro de 2007 |
Derradeiro episodio | 30 de xaneiro de 2008 |
Na rede | |
https://www.rtve.es/play/videos/desaparecida/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Desparecida é unha serie de televisión producida por Grupo Ganga e emitida por La 1 de Televisión Española. Consta dunha única tempada de trece capítulos, estreados entre o 3 de outubro de 2007 e o 30 de xaneiro de 2008. Dirixida entre outros por Carlos Sedes, gran parte do equipo técnico desta produción é galego e participou anteriormente na exitosa serie galega A vida por diante.
Coincidindo coa emisión do último capítulo da serie, anunciouse a próxima estrea dun spin-off titulado UCO e protagonizado por dous dos personaxes da serie, o Tenente Sierra (Miguel Ángel Solá) e a Sarxento Laura Andrún (Esther Ortega).
Argumento
[editar | editar a fonte]Patricia Marcos é unha moza que vive xunto á súa familia nun suposto pobo das aforas de Madrid, Blancaró. A noite en que cumpre 18 anos Patricia planea saír coa súa curmá, Cris, ás festas do pobo veciño. Tras discutir coa súa nai, Lola, sobre a hora de regreso a casa, Patricia acaba logrando autorización do seu pai, Alfredo, para alargar a volta. Con todo, a moza non regresa xamais a casa, o que mobiliza á súa familia e á Garda Civil na súa procura. A medida que esta avance sairán a luz detalles descoñecidos de Patricia e a súa contorna.
Elenco de actores e personaxes
[editar | editar a fonte]Principais
[editar | editar a fonte]- Patricia Marcos (interpretada por Beatriz Ayuso). É a filla de Alfredo e Lola, a mediana de tres irmáns. Mantén unha tensa relación coa súa nai, todo o contrario que co seu pai. Sae cun compañeiro de clase, Rubén, aínda que os seus pais ignoran esta relación. Patricia desaparece o mesmo día que cumpre 18 anos.
- Alfredo Marcos (Carlos Hipólito). É o pai de Patricia, está casado con Lola. Rexenta un restaurante co seu irmán Gerardo.
- Lola Álvarez (Luisa Martín ). Está casada con Alfredo, con quen ten tres fillos. Vive unha tensa relación coa mediana, Patricia, polas ansias de liberdade desta.
- Diego Marcos (Francesc Tormos). Fillo de Alfredo e Lola, irmán máis vello de Patricia e Sonia. É un mozo rebelde, impulsivo e independente.
- Sonia Marcos (Bárbara Meier). Ten sete anos e é a menor dos fillos de Alfredo e Lola. Comparte habitación coa súa irmá Patricia.
- Cristina Marcos (Marina Salas). É a curmá de Patricia, ademais da súa mellor amiga e confidente. Filla de Gerardo Marcos, a súa nai morreu cando era moi pequena.
- Gerardo Marcos (Carlos Kaniowsky). O tío de Patricia é o irmán máis vello de Alfredo, con quen rexenta un bar. A súa muller morreu dez anos atrás, logo dunha longa enfermidade. Desde entón criou el só á súa filla Cristina.
- Rubén Atienza (Santi Marín). Compañeiro de clase de Patricia, coa que acaba de iniciar unha relación pouco antes da súa desaparición. Este feito converteralle inicialmente nun dos principais sospeitosos.
- Tenente Sierra (Miguel Ángel Solá). Pertence á Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil e ten unha longa traxectoria profesional. Será o principal responsable da investigación da desaparición de Patricia. Está separado da súa muller coa que ten unha filla de 18 anos.
- Sarxento Laura Andrún (Esther Ortega). Sarxento da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil e compañeira de Sierra desde hai anos.
Secundarios
[editar | editar a fonte]- Ricardo (Richi) (Alejandro Cano)
- Chete (Julio Cabañas)
- Carla Tuñón (Mariña Ballesteros)
- César Román (Héctor Claramunt)
- Rosa (Luisa Martínez)
- Alba (María Salgueiro)
Créditos
[editar | editar a fonte]- Dirección: Carlos Sedes, Manuel Palacios, Jorge Sánchez Cabezudo e José María Caro
- Guión: Ramón Campos, Gema R. Neira, Eligio R. Montero, Allan Baker, Álvaro González-Aller, Deborah Rope, Luís Marías e Laura León.
- Edición de guións: Ramón Campos e Laura León
- Produción: Miguel Ángel Bernardeau e Ramón Campos
- Dirección de fotografía: Jacobo Martínez e Migue Amoedo
- Dirección artística: Gonzalo Gonzalo e Roberto Carvajal
- Dirección de produción: Miriam Mateos
- Montaxe: José Ares, Joaquín Roca, Esperanza San Esteban e Nino Martínez Eslamiada
- Música orixinal: Nani García
Episodios
[editar | editar a fonte]As datas e os datos de audiencia corresponden á súa estrea en España.
Capítulo | Nome | Data de emisión | Audiencia | Share |
---|---|---|---|---|
PRIMEIRA TEMPADA | ||||
1 | Día 1 | 3 de outubro de 2007 | 3 299 000 | 18,6% |
2 | Día 4 | 10 de outubro de 2007 | 3 053 000 | 16,6% |
3 | Día 11 | 17 de outubro de 2007 | 2 935 000 | 15,9% |
4 | Día 13 | 24 de outubro de 2007 | 2 664 000 | 14,5% |
5 | Día 14 | 31 de outubro de 2007 | 2 360 000 | 14,9% |
6 | Día 16 | 7 de novembro de 2007 | 1 620 000 | 15,7% |
7 | Día 17 | 14 de novembro de 2007 | 3 553 000 | 18,6% |
8 | Día 22 | 21 de novembro de 2007 | 2 990 000 | 15,7% |
9 | Día 23 | 5 de decembro de 2007 | 2 575 000 | 14,6% |
10 | Día 24 | 12 de decembro de 2007 | 2 854 000 | 15,0% |
11 | Una clase de Guardia Civil | 21 de xaneiro de 2008 | 923.000 | 12,9% |
12 | Día 25 | 23 de xaneiro de 2008 | 2 485 000 | 13,8% |
13 | El último día | 30 de xaneiro de 2008 | 3 183 000 | 17,1% |
Premios
[editar | editar a fonte]- XVII Edición dos Premios da Unión de Actores
- Luisa Martín candidata ó premio a Mellor actriz protagonista de televisión
- Carlos Hipólito candidato ó premio a Mellor actor protagonista de televisión
- Miguel Ángel Solá candidato ó premio a Mellor actor protagonista de televisión
- Carlos Kaniowsky candidato ó premio a Mellor actor secundario de televisión
- Luisa Martín candidata ó premio a Mellor actriz secundaria de televisión
- Jacobo Dicenta candidato ó premio a Mellor actor secundario de televisión