Saltar ao contido

David Ricardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid Ricardo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de abril de 1772 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte11 de setembro de 1823 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Gatcombe Park, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural
suicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChurch of St Nicholas, Hardenhuish (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro do 7º Parlamento do Reino Unido
6 de marzo de 1820 – 11 de setembro de 1823 (finado no cargo)

Circunscrición electoral: Portarlington (en) Traducir

Membro do 6º Parlamento do Reino Unido
20 de febreiro de 1819 – 29 de febreiro de 1820 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Portarlington (en) Traducir
High Sheriff of Gloucestershire (en) Traducir
1818 – 1819
Membro do 6º Parlamento do Reino Unido

Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaGatcombe Park (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo e Unitarismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónTalmud Torá (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEconomía e economía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Londres Editar o valor en Wikidata
Ocupacióneconomista, político, filósofo, Corredor de bolsa, escritor Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Whig (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxePriscilla Ann Wilkinson Editar o valor en Wikidata
FillosOsman Ricardo, David Ricardo Editar o valor en Wikidata
IrmánsJacob Ricardo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLarousse Encyclopedia online (pt) Traducir
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Рикардо Давид)
Dictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
BNE: XX965708 WikiTree: Ricardo-60 Find a Grave: 12746052 Editar o valor en Wikidata
David Ricardo

David Ricardo, nado en Londres o 18 de abril de 1772 e finado na mesma cidade o 11 de setembro de 1823, foi un economista inglés, membro da corrente de pensamento clásico, que chegou a amasar unha considerable fortuna.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Works, 1852

Ricardo foi o terceiro de dezasete fillos dunha familia sefardí xudía (de Portugal) que emigrou dos Países Baixos a Inglaterra antes do seu nacemento. Cando cumpriu catorce anos, Ricardo seguiu os pasos do seu pai o traballar no London Stock Exchange, onde aprendeu o básico sobre finanzas. Este comezo axudouno no seu futuro éxito no mercado de valores e bens inmobles. Tivo unha formación científica deficiente e foi, coma seu pai, axente de bolsa. A lectura das obras de Adam Smith impulsou, dende 1799, a dedicar a meirande parte do seu tempo na Banca de Londres, converteuse en terratenente. En 1819 foi elixido membro do Parlamento por Portarlington; retivo o cargo ata súa morte, aínda que nunca visitou Irlanda. O seu retiro dos negocios permitiulle dedicarse a traballos intelectuais dende moi novo.

A súa obra máis importante, On the Principles of Political Economy and Taxation (Principios de economía política e tributación, 1817), constitúe a exposición máis madura e precisa da economía clásica; no prefacio afirma que "o principal problema da economía política é determinar as leis que regulan a distribución". Con esa finalidade desenvolveu unha teoría do valor e unha teoría da distribución. Escribiu tamén un gran número de ensaios, cartas e notas que conteñen achegas de grande importancia. Porén, os seus escritos resultan tan condensados e complexos que moitos lectores atopan mellor expostas as súas ideas nos traballos de J. B. Say, Malthus e McCulloch.

Este economista, cuxa labor é particularmente importante polo lugar destacado onde colocou o problema do valor, especialmente o pór de manifesto con claridade que os problemas da distribución dependen da teoría do valor.

Entre as súas achegas destaca especialmente a teoría da vantaxe comparativa, que defende as vantaxes do comercio internacional e en esencia é unha ampliación da división do traballo proposta por Adam Smith.

Tamén se lle atribúe a Lei do ferro dos salarios que afirma que o salario real dos traballadores permanecerá ó redor do nivel de subsistencia, aínda que existan intentos de incrementalos. Ademais propuxo a que actualmente se coñece coma equivalencia ricardiana, unha idea que suxire que nalgunhas circunstancias a decisión dun goberno de como financiarse (mediante impostos ou emitindo débeda) pode non ter efecto na economía. Ironicamente, aínda que esta equivalencia leva seu nome, Ricardo nunca estivo totalmente convencido. Robert Barro fixo unhas variacións da mesma idea utilizando a teoría das expectativas racionais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]