Unitarismo
O unitarismo é unha corrente teolóxica dun sector do cristianismo protestante, que cre nun Deus unipersoal e sostén que Xesucristo non é o mesmo Deus. O unitarismo é estritamente monoteísta e cre que existe só un único Deus, Deus Pai ou Yahveh, conformado por unha soa entidade.
Historia
[editar | editar a fonte]As ideas do unitarismo comprendíanse durante os primeiros anos do cristianismo no que o cristianismo católico chamou herexía ariana ou arianismo, polo nome do seu principal defensor, Ario. Pero o unitarismo moderno fixouse coa Reforma protestante: en Transilvania existiu desde a década de 1560 cando era acaudillado por Férenc David (1510-1579). En Polonia, o unitarismo floreceu durante cen anos como a Igrexa Reformada Menor, ata que a persecución de 1660 forzou aos seus seguidores ao exilio. A figura clave no movemento polaco foi o italiano Fausto Socino (1539-1604) e ao seu movemento chamóuselle socinianismo. Unitarios illados viviron en Inglaterra cara a 1600, sobre todo John Biddle, e logo no século XVIII, pero sempre sendo considerados disidentes da Igrexa de Inglaterra.
No último cuarto do século XVIII o movemento encabezouno e dirixiu a Essex Church fundada por Theophilus Lindsey en Londres (1774), sendo seguido tamén polo importante científico Joseph Priestley. Nos Estados Unidos, William Ellery Channing chegou a formar tamén unha influente congregación de ideas semellantes en Boston, cidade que chegou a constituírse practicamente na capital do unitarismo en América; e a ambos os dous lados do Atlántico as congregacións unitarias organizáronse como denominacións independentes en 1825.[1] Nos seus últimos anos, o escritor español José María Blanco White fíxose unitarista.
Posteriormente, o Unitarismo histórico fusionouse coa igrexa do unitarismo universalista en 1995, constituíndose o Consello Internacional de Unitarios e Universalistas (ICUU) para coordinar as diversas Igrexas e asociacións Unitarias e Universalistas do mundo.[2]
Relación con outras igrexas
[editar | editar a fonte]A igrexa católica e ortodoxa rexeitan o unitarismo por considerar a súa doutrina igual á de Arrio, condenado por herexía no concilio de Nicea, por non crer na divindade de Xesús.
A igrexa protestante (evanxélica) rexeita desde os seus inicios ao movemento, xa que da mesma forma que as outras igrexas nicenas aceptan o concilio de Nicea, moitas igrexas negáronse rotundamente a recoñecer aos unitarios como protestantes debido a que nunca estiveron unidos á igrexa protestante a pesar de que teñan costumes similares, o 1 de marzo de 2006 o bispo evanxélico da catedral de Chester en Inglaterra rexeitou rotundamente o aceptar a unitarios na catedral por consideralos unha relixión herética.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Earl Morse Wilbur, Our unitarian heritage (1925) http://www.miguelservet.org/enlared/our_unitarian_heritage.pdf Arquivado 16 de febreiro de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ Jaume de Marcos Andréu, "El Unitarismo: fuentes históricas y realidad actual" http://www.miguelservet.org/unitarismo.htm Arquivado 21 de maio de 2016 en Wayback Machine. consultado 18-X-2015, 14:31
- ↑ "La iglesia de Inglaterra no permite realizar culto a unitarios" (en inglés).
- ↑ Arieu, Paulo. "Las doctrinas unitarias herejes, visión protestante-evangelica" (PDF) (en castelán).