Daniela Longo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX |
Actividade | |
Ocupación | obra escultórica |
Daniela Longo, nada en 1968,[1] é unha gravadora italiana coñecida por ser a autora de diversas moedas do euro da Cidade do Vaticao.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Daniela Longo cursou o ensino secundario postobrigatorio pola rama artística no V Liceo Artistico Statale, de Roma, entre 1982 e 1986. Posteriormente cursou estudos de especialización na Escola de Arte da Medalla do Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato, entre 1990 e 1993.[2]
En 2020, comezou tamén a exercer a docencia na Escola de Arte da Medalla do IPZS, na materia de Gravado de Corte Directo.[2]
Entre outras experiencias laborais no ámbito artístico, en 1995 dedicouse á creación de esmaltes ao lume para o obradoiro Guccione, de Roma, e en 2009 á realización de vidreiras na Vetreria Giuliani, da mesma cidade.[2]
Tamén colaborou con outros artistas, como Gino Gianneti —na modelaxe de obras de arte na igrexa dos Suízos, no Vaticano, en pequenas esculturas para o IPZS, etc.—, ou Guido Veroi —na pintura de vidreiras ao chumbo, etc.—.[2]
Desde 1999 dedícase ao deseño e o gravado de moedas, medallas e selos postais para a Cidade do Vaticano. Entre as súas creacións destacan os anversos de diversas series circulantes de moedas do euro durante a sede vacante de 2005 e a nome de Bieito XVI (entre 2006 e 2013) e de Francisco (a partir de 2017), así como outras emisións conmemorativas.[2] Ademais, Longo tamén deseña selos de correos para a República de San Marino e o Gran Ducado de Luxemburgo.[3]
Nas súas creacións, Daniela Longo utiliza, a modo de sinatura, as súas iniciais D.L. ou ben a abreviatura D.LONGO.[4]
-
2013). Bieito XVI.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Longo Daniela". En Lorioli, V.; Conti, P.F. (2004). Medaglisti e incisori italiani dal Rinascimento a oggi. Bergamo.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Daniela Longo: contratos e curriculum vitae". Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato (https://www.trasparenza.ipzs.it).
- ↑ "Daniela Longo, Pope Francis’ Visit to Armenia: 24-26 June, 2016". En Vatican Notes. Vol. 63. Nº 363. 2015.
- ↑ Moedas deseñadas por Daniela Longo. Numista.com
- ↑ "5 Euro Cent - Benedictus XVI". Numista.com
- ↑ "20 Euro Cent - Benedictus XVI". Numista.com
- ↑ "1 Euro - Benedictus XVI". Numista.com
- ↑ "2 Euro - Benedictus XVI". Numista.com
- ↑ "10 Euro - Franciscus Baptism". Numista.com