Cruz celta
A cruz celta é unha cruz cun anel que a rodea por detrás da intersección. É característica do cristianismo irlandés celta. Aparece tamén representada noutras zonas de Europa como Francia (en Normandía, en Auvernia e en Lemosín principalmente) ou Galicia.
Historia
[editar | editar a fonte]As súas orixes son precristiás e cando o cristianismo se introduciu en Escocia, Gales, Irlanda, Cornualla o símbolo adaptouse á cruz latina e recargouse con gravados de tradición celta. As máis coñecidas son as representadas coma cruces monumentais semellantes aos cruceiros galegos, chamados cruces maiores (high crosses), como as de Kells (condado de Meath) e a de Monasterboice (condado de Louth). A cruz celta é un símbolo do cristianismo occidental. A partir de 1949, cando Jeune Nation a elixiu como símbolo tamén a utilizan algúns grupos de extrema-dereita, primeiro en Francia e logo noutros países europeos.
Galicia
[editar | editar a fonte]En Galicia atopamos un tipo de cruces con anel, semellantes ás británicas, coroando hórreos[1] Tamén aparecen en igrexas e cemiterios, porén non son comúns as cruces celtas en cruceiros (que sería a forma máis común nas Illas británicas, nas súas high crosses). Cómpre salientar que existe un estilo de cruz celta especificamente galega da época románica[2] que combinan unha cruz celta cun nó celta simple. Unha cruz semellante é a cruz de San Mauro na Abadía de Glanfeuil, en Maine e Loira (Francia)[3][4] labrada entre o séculos IX e XI.
-
Copia moderna do Agnus Dei orixinal románico no bico da igrexa de Santa María Salomé, en Santiago de Compostela
-
Cruz carolinxia no cume da igrexa de Santa Susana, na carballeira de Santa Susana en Santiago de Compostela, con triquetras en nós celtas
-
Unha cruz latina e unha cruz celta no cumial dun hórreo
-
Cruces celtas coroando o Santuario da Virxe da Barca, Muxía
-
Cruz da Igrexa de San Lázaro, Santiago de Compostela
-
Cruz celta na igrexa de Santa María de Bemil, Caldas de Reis.
-
Merín, Vedra.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cruz celta decorada tipica irlandesa.
-
Cruz maior de pedra high cross de tipo celta en Gibbet Hill, Hindhead, Surrey, Inglaterra.
-
Cruz maior de pedra high cross de tipo celta (Ahenny High Cross), nun cemiterio inglés, data o ano 700 ou 800.
-
Cruz maior de pedra (Muiredach's High Cross) en Monasterboice, Condado de Louth, en Irlanda.
-
Cruz celta en Estonia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mariño Ferro, Xosé Ramón (2010). Dicionario de etnografia e antropoloxía de Galiza (1 ed.). Vigo: Nigra Trea. p. 212. ISBN 978-84-95364-84-5.
- ↑ ""Hai cruces antefixas de moitos tipos pero son as entrelazadas as máis chamativas e características de todas as que podemos atopar polo país. Están formadas na maior parte dos casos por unha cruz cristiá xeralmente de brazos iguais, do tipo da cruz de paté ou grega, e un círculo que a rodea; xunto con isto está ornamentada cun entrelazado da máis pura arte celta primitiva") Romero, Bieito (2009). Xeometrías máxicas de Galicia. Vigo: Ir Indo. pp. 122–176. ISBN 978-84-7680-639-5.
- ↑ "The meaning of the St Maur cross (French)". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2011. Consultado o 05 de outubro de 2015.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2016. Consultado o 05 de outubro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: A Cruz Celta |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Patricio de Irlanda
- Labirinto celta
- Shamrock
- Tríscele
- Triquetra
- Nó celta
- Cruz carolinxia
- Cruz monumental
- Cruz maior