Clara Zorzi
Biografía | |
---|---|
Morte | 1455 (Gregoriano) |
Rexente | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Familia | |
Cónxuxe | Nerio II Acciaioli |
Fillos | Francesco I Acciaioli |
Clara Zorzi ou Giorgio, tamén Chiara ou Claire, finada en 1454, foi a segunda esposa e viúva de Nerio II Acciaioli, duque de Atenas, e rexente do seu fillo Francesco I, despois da morte de Nerio en 1451.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era a filla de Nicolao III Zorzi, o marqués titular de Bodonitsa, e era famosa pola súa beleza. Despois da morte de Nerio, namorouse do veneciano Bartolomeo Contarini, que asasinou á súa esposa co fin de poder casar con ela en Atenas (1453). Con todo, Mehmed II do Imperio Otomán interveu ante a insistencia do pobo en nome do novo duque Francesco e convocou a Bartolomeo e a Clara á súa corte en Adrianópole.
Outro Acciaioli, Francesco II, foi enviado a Atenas como duque cliente turco. Evidentemente, os cidadáns desconfiaran da influencia dos dous amantes sobre o novo duque, por cuxa seguridade temeron. O novo duque asasinou a Clara en Megara, e Bartolomeo apelou ao sultán por xustiza. Atenas caeu en mans turcas e Francesco II foi deposto.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Setton, Kenneth M. (xeneral editor) A History of the Crusades: Volume III — The Fourteenth and Fifteenth Centuries. Harry W. Hazard, editor. University of Wisconsin Press: Madison, 1975.
- Setton, Kenneth M. Catalan Domination of Athens 1311–1380. Revised edition. Variorum: Londres, 1975.