Chao do Castro
Chao do Castro | |
---|---|
Parroquia | Burela |
Concello | Burela |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA27902002 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | Idade do ferro |
Data da descuberta | ? |
Períodos de escavación | non |
Estado actual | Catas de prospección |
Extensión estimada | aprox 1,62 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O Chao do Castro é un antigo castro que se atopa no concello de Burela, na provincia de Lugo. É confundido frecuentemente co Castro de Burela e son famosos por neles atoparse o Torque de Burela[1][2], entre outros instrumentos como arracadas e puntas de frechas[3][4][5].
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Está asentado sobre un terreo elevado dende onde se divisa o mar Cantábrico rodeado do que antes foran prados e pastos. Dado que o Chao do Castro esta moi alterado pola construción de vivendas, as catas realizadas para autorizar ditas construcións non revelaron estruturas de interese. Porén, tanto nas fotos do voo americano coma nas imaxes por satélite aprécianse ben os muros que o delimitan.
A simple vista obsérvase unha estrada que o atravesa e corta en parte os muros defensivos que formaban parte dos parapetos do asentamento.
Preto atópase o castro de Burela, outro asentamento castrexo que está pouco alterado e con estruturas moito máis visibles ca neste. Confundidos habitualmente un co outro son claramente diferentes tanto en estrutura como posiblemente en función. Ámbolos dous están perfectamente catalogados no inventario municipal e no rexistro da Xunta de Galicia.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Torques de Burela". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2018. Consultado o 03 de febreiro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 "Catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Burela" (PDF). SIOTUGA. Consultado o 03/02/2023.
- ↑ Comendador Rey, B. (1998). "Los inicios de la metalurgia en el noroeste de la Península Ibérica". Brigantium (11).
- ↑ Castro Pérez, L. (1990). Os torques prehistóricos. Serie Galicia. Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. p. 165. ISBN 84-7191-695-9.
- ↑ Crespo Prieto, R. (2000). "El torques de Burela". Estudios Mindonienses (16): 545-558. ISSN 0213-4357.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chao do Castro |
A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web do concello de BurelaArquivado 04 de maio de 2010 en Wayback Machine.
- Web da Xunta de Galicia sobre o Torque