Castro de Tembra
Castro de Tembra | |
---|---|
Parroquia | Boullón |
Concello | Brión |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Cronoloxía | |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro de Tembra é un castro situado na parroquia de Boullón, no concello coruñés de Brión.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Consta dun recinto fortificado que se localiza nunha pronunciada aba dos Altos da Faboira, a uns 300 metros sobre o nivel do mar. A pendente do terreo é máis acusada no eixo norte-sur, onde o desnivel chega aos 10 metros. A parte máis elevada do recinto é a súa beira máis próxima ó cumio do sistema montañoso no que se encrava. Os desniveis máis acusados áchanse ó leste, ó sur e ó poñente.
Na actualidade só é visible un dos parapetos defensivos, que está separado do recinto habitado por un foxo de entre 5 e 7 metros de anchura. As dimensións do castro son de 100 metros no eixo norte-sur e 110 metros no eixo este-oeste.
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Catálogo de bens culturaisArquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. PXOM de Brión. Xuño do 2003.