Castro das Modias
Castro das Modias | |
---|---|
Parroquia | San Martiño de Porto |
Concello | Cabanas |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galiza |
Id. catálogo | GA15015010 |
Cronoloxía | |
Períodos de escavación | non escavado |
Estado actual | abandono |
Extensión estimada | 1 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galiza |
Castro das Modias é un castro de outeiro fortificado situado no concello de Cabanas.[1]
Está situado nunha península de forma case oval. O río Castro fai de defensa natural. Polo norte o terraplén chega ata o río. O castro está cortado polo oeste pola trincheira do tren. O recinto central mide uns 80 por 100 metros. Está arrodeado por un terraplén rematado nun muro de terra dun metro de altura no interior e de dous a catro metros no exterior; o muro desaparece case na súa totalidade na cara norte. A croa está dividida en parcelas empregadas como plantación de eucaliptos e prados.
Nas Modias achouse o torque de Porto que foi adquirido pola Deputación da Coruña en 1868, consérvase actualmente no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Castros de Cabanas, O Noso Patrimonio
- ↑ Martínez López, Mª Carmen (2014). "Catálogo de torques ártabros" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (21): 105. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de xullo de 2018. Consultado o 22 de outubro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |