Carmen Méndez
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1979 (44/45 anos) Baralla, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema, directora de cinema, actriz de televisión |
Sitio web | carmen-mendez.com |
Carmen Méndez, nada en Neira de Rei, Baralla, en 1979, é unha actriz galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Enxeñaría Química na Universidade de Santiago de Compostela, no campus de Lugo. Estudou interpretación na escola Réplika Teatro e tamén se formou con Fernando Piernas, Montxo Armendáriz e Fernando Franco. Tamén estudou violín no Conservatorio Profesional de Música de Lugo.[2]
En cine traballou na longametraxe Bad Investigate, da produtora portuguesa Lightbox Filmes e protagonizou Pelerinaxes, longametraxe documental dirixida por Simone Saibene que gañou ex-aequo o primeiro no Festival de Cinema de Avança (Portugal) (Sección Televisión).[3]
En televisión traballou na serie da TVG Pazo de familia, personaxe pola que foi proposta dúas veces ós Premios Mestre Mateo como mellor actriz secundaria. Tamén participou en Serramoura e formou parte do elenco da serie Auga seca, de Portocabo e Spi e de Élite. Actualmente é un dos personaxes principais da serie da TVG Saudade de ti.
En 2019 entrou na xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual.[4]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cine
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Director/a | Personaxe |
---|---|---|---|
2023 | Asteroid City | Wes Anderson | Seminar Actor |
2021 | Tres | Juanjo Giménez Peña | Neuróloga |
2020 | María Solinha | Ignacio Vilar | Ana de Castro |
2018 | Bad Investigate | Luis Ismael | María |
2016 | Pelerinaxes | Simone Saibene | Luzía |
Series de televisión
[editar | editar a fonte]Ano/s | Serie | Canal | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|---|
2022-2023 | Saudade de ti | TVG | Mónica | 120 capítulos |
2022 | Élite | Netflix | Avogada | 1 capítulo |
2020-2021 | Auga Seca | Rtp1 e TVG | Magdalena | 14 capítulos |
2014-2018 | Pazo de familia | TVG | Rita | 103 capítulos |
2018 | Serramoura | TVG | Berta | 2 capítulos |
2014 | O Faro | TVG | Xuíza | 1 capítulo |
2013 | Inseguridad Social | Piloto TV | Iria | 1 capítulo |
2013 | A Milagrosa | Piloto TV | Iria | 1 capítulo |
Curtametraxes
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Director/a |
---|---|---|
2023 | Mussol | Juanjo Giménez Peña |
2019 | Malcavada | Antonio Mourelos |
2018 | El rastro del cazador | David Salgado |
2015 | La fiesta | Simone Saibene |
2014 | Action Painting | Olalla Méndez |
2014 | Nadie la ve | Carla Nimo |
2013 | Las cartas vienen de París | Alicia Rodríguez, Hadrián Rodríguez e Lucía Rodríguez |
2013 | Pompas de xabón | Stefan Varela |
2009 | Muñecas | Rosa Márquez |
Teatro
[editar | editar a fonte]- 2023-Act: As R(h)umorosas, espectáculo de humor de Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro.
- 2021: Sen restricións. Dir. Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro.
- 2019: Outras Químicas (monólogo). Dir. Carmen Méndez
- 2013: Escenas Chejovianas. Dir. Carlos Villarino.
- 2013: As marxes da desgraza. Dir. Santiago Cortegoso.
- 2013: Fin de Trayecto. Dir. Carlos Villarino.
- 2008: Vinum Sabatti. Dir. Gretha Omey.
- 2005: La felicidad completa. Dir. Antonius Bloc.
Premios
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Película/Serie | Resultado |
---|---|---|---|
2017 | Mellor actriz secundaria | Pazo de Familia | Nomeada |
2016 | Mellor actriz secundaria | Pazo de Familia | Nomeada |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Carmen Méndez" (PDF). aaag.gal. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03/02/2019. Consultado o 01/02/2020.
- ↑ "Carmen Méndez Actriz". carmenmendez (en castelán). Consultado o 2020-02-01.
- ↑ "Mulleres en acción 2019-2020 - Carmen Méndez - Mulleres en acción: Violencia zero 2019-2020". www.depo.gal. Consultado o 2020-02-01.
- ↑ "Nova xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual. Academia Galega do Audiovisual". Consultado o 2020-02-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carmen Méndez |