C/NOFS
Aparencia
C/NOFS / Communications / Navigation Outage Forecasting System | |
---|---|
Representación de C/NOFS en órbita. | |
Tipo | Científico / tecnolóxico |
Organización | USAF |
Contratistas principais | General Dynamics |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 16 de abril de 2008, 17:02 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Pegasus XL[2][5] |
Sitio de lanzamento | Kwajalein[2] |
Obxectivo da misión | Estudo da ionosfera terrestre..[2][5] |
Decaemento | 28 de novembro de 2015[1] |
NSSDC ID | 2008-017A |
Masa | 395 kg[2][5][6] |
C/NOFS, acrónimo de Communications/Navigation Outage Forecasting System, foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 16 de abril de 2008 a bordo dun foguete Pegasus XL desde o Kwajalein.[2][3][5]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de C/NOFS foi monitorizar e facer predicións de ata catro horas sobre o escintileo ionosférico en tempo real e a escala mundial. O satélite levaba seis instrumentos a bordo:[2][3][5]
- Sonda Langmuir Planar (Planar Langmuir Probe, PLP): medía a densidade de Plasma.
- Instrumento de Vector de Campo Eléctrico (Vector Electric Field Instrument, VEFI): medía os vectores do campo eléctrico e magnético.
- Medidor de Velocidade de Ións (Ion Velocity Meter, IVM): medía as velocidades do plasma e a temperatura dos ións.
- Medidor de Vento Neutro (Neutral Wind Meter, NWM): medía os ventos neutros.
- Receptor de Ocultación do C/NOFS para Medición e Especificación Ionosférica (C/NOFS Occultation Receiver for Ionospheric Sensing and Specification, CORISS): medición remota do perfil vertical da densidade de electróns.
- Tomografía Coherente Radioelectromagnética (Coherent Electromagnetic Radio Tomography, CERTO): medía os parámetros de escintileo ionosférico.
Os instrumentos NWM, IVM e CINDI foron proporcionados pola NASA.[2][3][5]
C/NOFS reentrou na atmosfera terrestre o 28 de novembro de 2015.[2][3][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "C/NOFS" (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "C/NOFS" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2017. Consultado o 27 de agosto de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 4 February 2009 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (10-50342(E)). 21 de xaneiro de 2010: 2. Consultado o 27 de agosto de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "C/NOFS / STP P00-3" (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "C/NOFS (P00-3)" (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2018.
- ↑ Mark Wade (2018). "C/NOFS" (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2018.