Saltar ao contido

Bureta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
bureta

A bureta é un instrumento de laboratorio que se emprega cando se quere engadir cantidades de líquidos que cómpre controlas para empregalas en cálculos posteriores.

Un tubo característico de bureta está dividido en décimas de centímetros cúbicos, polo que non é moi apto para as medicións de maior precisión. Se os fluídos son pouco viscosos, como ocorre con algúns disolventes orgánicos, poden chegar a pingar polo burato inferior. Tamén, algúns líquidos polares poden adherirse á parede da bureta provocando unha distorsión dos datos importante de máis para certos usos. Pola mesma razón, non se adoitan usar buretas de menos de 5 ml; e o límite superior adoita situarse en 50 ml.

Para manipular unha bureta o máis habitual é suxeitala sobre o soporte de maneira que se poida ver a escala graduada.

Para manexar a chave que abre ou pecha a saída de líquido emprégase a man esquerda, deixando a dereita libre para manipular o recipiente en que o líquido debe caer.

A vista non debe fixarse na chave da bureta, senón no nivel descendente do líquido. Enrasar a bureta é enchela de xeito tal que a base do menisco formado polo líquido coincida exactamente co cero da bureta.

Utilidade

[editar | editar a fonte]

Emprégase principalmente para medir con precisión volumes e líquidos variables.

Bureta de Mohr
V (ml) Tolerancia (ml)
10 ±0,02
25 ±0,03
50 ±0,05

A historia da bureta discorre en paralelo á da análise volumétrica. en 1791 François Antoine Henri Descroizilles desenvolveu o primeiro modelo, que tiña forma de cilindro graduado. En 1824 Louis-Joseph Gay-Lussac creou unha versión mellorada que incorporaba un brazo lateral, e ademais fixou as denominacións de bureta e pipeta. Un gran avance na metodoloxía e popularización da análise volumétrica débeselle a Karl Friedrich Mohr, que redeseñou a bureta engadíndolle unha pinza e un remate en punta na parte inferior.[1]

  1. Louis Rosenfeld. Four Centuries of Clinical Chemistry. CRC Press, 1999, p. 72-75.