Saltar ao contido

Bruce Springsteen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBruce Springsteen

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Bruce Frederick Joseph Springsteen Editar o valor en Wikidata
23 de setembro de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Long Branch, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesThe Boss Editar o valor en Wikidata
EducaciónFreehold High School (en) Traducir
The Center for Early Education Editar o valor en Wikidata
Altura1,77 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFolk, Blues e música rock Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantante, produtor musical, artista discográfico, guitarrista, compositor de cancións, pianista, compositor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1969 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor en Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra, Harmónica e piano Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoColumbia Records Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxePatti Scialfa (1991–)
Julianne Phillips (1985–1989) Editar o valor en Wikidata
ParellaKaren Darvin (valor descoñecido–1977) Editar o valor en Wikidata
FillosJessica Springsteen
 () Patti Scialfa Editar o valor en Wikidata
IrmánsPamela Springsteen Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webbrucespringsteen.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0819803 Allocine: 36348 Rottentomatoes: celebrity/bruce_springsteen TV.com: people/bruce-springsteen IBDB: 515481
Facebook: brucespringsteen Twitter: springsteen Instagram: springsteen MySpace: brucespringsteenestreet Youtube: UCcu7ANuD9J7hnTQCREqIc4Q BNE: XX990683 Souncloud: brucespringsteen Spotify: 3eqjTLE0HfPfh78zjh6TqT iTunes: 178834 Last fm: Bruce+Springsteen Musicbrainz: 70248960-cb53-4ea4-943a-edb18f7d336f Songkick: 227030 Discogs: 219986 Allmusic: mn0000530745 WikiTree: Springsteen-49 Deezer: 4762 Genius: Bruce-springsteen Editar o valor en Wikidata

Bruce Frederick Joseph Springsteen, nado en Long Branch (Nova Jersey) o 23 de setembro de 1949, é un cantante, compositor e guitarrista estadounidense, alcumado "The Boss" (en galego, "O Xefe"). É coñecido amplamente pola súa música rock vinculada a letras poéticas e a sentimentos tradicionais americanos e relacionados particularmente co seu Estado de orixe, Nova Jersey.

As gravacións de Springsteen, ao longo de tres décadas, tenderon a alternar entre o rock e outros traballos orientados cara ao folk, e tamén cara ao chamado heartland rock. Gran parte do seu éxito deriva do seu vencello con The E Street Band, presente nunha gran parte das súas gravacións, e especialmente relevante polo seu particular son e pola súa profesionalidade no escenario, chegando a ofrecer concertos de máis de tres horas de duración.

Na súa extensa traxectoria musical, Bruce Springsteen foi galardoado con numerosos premios, entre os que se inclúen dezanove premios Grammy, dous Globos de Ouro e un premio Oscar. Vendeu 65 millóns de álbums nos Estados Unidos de América e 120 millóns a nivel mundial.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bruce Frederick Joseph Springsteen naceu en Freehold, Nova Jersey (Estados Unidos de América), o 23 de setembro de 1949 de pai irlandés, Douglas Springsteen, e nai italiana, Adele Zirilli. A súa inspiración para se dedicar á música veu cando viu a Elvis Presley en The Ed Sullivan Show. Á idade de 13 anos comprou a súa primeira guitarra. Aos 16, a súa nai conseguiu un préstamo para lle comprar unha guitarra Kent que custaba 60 dólares, feito que rememorou na súa canción "The Wish" (O desexo). En 1965, converteuse en guitarrista do grupo The Castiles, e logo tamén asumiu o papel de vocalista principal.

Editou o seu primeiro disco en 1973, chamado "Greetings from Asbury Park, N.J.", que vendeu apenas 25.000 copias e tivo pouca acollida pola crítica. O seu seguinte disco foi "The Wild, the Innocent and the E street Shuffle", editado o mesmo ano, que tivo unha meirande repercusión. Estes dous discos caracterizáronse por conter cancións longas e densas, de grande expresividade nas súas letras.

O seu primeiro éxito de público e crítica foi "Born to Run" (1975), álbum que contén algunhas das consideradas como mellores composicións da súa carreira, e á vez da historia do rock, con temas como Born to Run, Jungleland ou Thunder Road.

Con "Born to Run", que foi número 1 nos Estados Unidos, Bruce Springsteen logrou converterse nun dos referentes americanos do rock urbano, aínda que foi tamén o inicio dunha etapa de penurias xudiciais. Os dous anos seguintes pasounos metido en preitos con Mike Apple, o seu antigo representante, polos dereitos das súas cancións e tivo que pasar case dous anos sen poder editar ningún disco.

Superado o litixio con Apple, quen renunciou á posesión dos dereitos das creacións de Springsteen e ao seu labor como representante e produtor do artista a cambio dunha compensación económica, e cando parecía que o seu éxito fora freado, publicou en 1978 "Darkness on the Edge of Town", un dos discos máis emblemáticos da súa carreira, con historias de loita e supervivencia protagonizadas por individuos vivindo á marxe do "soño americano". Dous anos despois chegou "The River" (1980), un álbum dobre que o catapultou de novo ao cume. Con todo, sorprendeu co lanzamento de "Nebraska" (1982), un disco intimista, acústico, gravado polo propio Springsteen cunha máquina de 8 pistas nun cuarto da súa casa onde novamente o lado máis amargo da América profunda saía a relucir nunha obra de forte denuncia social. Aplaudido pola crítica pero con vendas máis discretas que o seu anterior traballo debido á súa escasa vocación comercial, "Nebraska" converteuse cos anos en peza de referencia para outros artistas e unha obra de culto entre os seus seguidores máis acérrimos.

Foi nos anos oitenta cando se converteu nunha estrela internacional e nun ídolo da cultura popular dos Estados Unidos, grazas ao seu disco "Born in the U.S.A." (1984) do cal vendeu máis de 40 millóns de copias en todo o mundo.

En pleno vórtice "springsteniana" a súa discográfica logrou por fin o que facía anos que lle reclamaban os fans do cantante, a publicación dun álbum en directo. Tanto Springsteen como a súa banda de acompañamento, a E Street Band, forxáronse durante anos unha recoñecida reputación debido á calidade e á intensidade das súas actuacións. Con todo, ata a data o de New Jersey negouse a sacar á luz ningunha das gravacións realizadas durante as súas xiras para desesperación dos seus seguidores que se tiñan que conformar con coleccionar todo tipo de gravacións afeccionadas de dubidosa calidade. O quíntuplo disco "Live 75-85" recollía a súa traxectoria en vivo nos últimos 10 anos, facendo especial incidencia na mega-xira que seguiu á publicación de "Born In The U.S.A.". Deostado por algúns polas cancións non incluídas e pola súa produción e adorado por outros, a histeria producida no momento da súa publicación levou a moitos fans nos EUA a pasar a noite anterior facendo cola diante das tendas de discos durmindo na rúa. En Italia chegou ata a desaparecer un camión tráiler cargado con copias do "Live 75-85" ao seu paso pola fronteira con Francia para a súa venda no mercado negro.

En 1987, casado coa súa primeira esposa a actriz Julianne Phillips, saca á luz "Tunnel of love" que nos presentaba a un Springsteen máis romántico e íntimo, interesado en explorar os recunchos das relacións de parella e os medos e carencias persoais. Foi número un fulgurante e na súa elaboración xa se anunciaban algúns cambios na traxectoria do Boss, xa que por primeira vez non chamou a toda a E Street Band para a súa gravación senón que preparou pola súa conta as diferentes cancións, chamando esporadicamente a algúns compoñentes do grupo para que participasen individualmente na finalización das composicións. Durante a xira que seguiu ao disco fíxose pública a ruptura do seu matrimonio con Julianne Phillips, e unhas semanas despois embarcaríase xunto á E Street Band nunha xira en conmemoración dos 40 anos da declaración dos dereitos humanos promovida por Amnistía Internacional que resultaría ser a última xira cos seus músicos de toda a vida durante os seguintes dez anos.

A partir de 1991 comeza unha nova etapa na carreira do músico norteamericano, casado agora con Patti Scialfa, corista da disolta E Street Band. Con dous nenos e un terceiro en camiño, Springsteen trata de reflectir a estabilidade e a felicidade alcanzada no seu novo matrimonio e na súa recente paternidade en dous álbumnes que por primeira vez non obteñen o apoio de crítica e público que afacía: "Human Touch" (1992), gravado nos Ánxeles con diferentes músicos de estudo, e "Lucky town" (1992), gravado por el mesmo no garaxe-estudo da súa casa, pasan polos dous traballos máis discretos do artista, e a xira realizada a continuación foi mostrada timidamente en "MTV plugged" (1993) e realizada con músicos recoñecidos, pero que non podían competir contra o espectro da mítica E Street Band. Foi unha das xiras nas que menos apoio recibiu o cantante por parte dos seus seguidores.

En 1994 obtivo un Oscar de Hollywood pola canción "Streets of Philadelphia" incluída na banda sonora da película "Philadelphia" (1992), dirixida por Jonathan Demme, e con iso comezou a recuperar parte do prestixio posto en dúbida na súa última etapa musical.

En 1995 editouse un recompilatorio das súas mellores cancións ata a data e 4 temas novos gravados xunto á E Street Band. Este foi o principio da súa definitiva reunión coa súa antiga banda. Pouco despois, en 1996, editouse un DVD titulado "Blood Brothers" que recolle o reencontro e a gravación xunto á E Street Band. Pero aínda deberían pasar algúns anos máis xa que uns meses despois Springsteen sorprendeu ao mercado cun movemento similar ao que fixo en 1982 publicando "The Ghost Of Tom Joad" 1995, traballo íntimo, principalmente acústico, baseado na novela de John Steinbeck "As Uvas da Ira" onde aparece o cantante de New Jersey en solitario novamente relatando historias daqueles personaxes que son deixados de lado na carreira polo "soño americano".

En 1998 editou unha caixa de catro CDs que incluían unha ampla selección de material descartado ao longo da súa carreira, un material que dunha forma ou outra non encaixou nos seus anteriores traballos. Este álbum serviulle, agora si, para volver aos escenarios xunto á E Street Band nunha xira mundial da que saíu "Live in New York City", álbum e DVD en directo gravados durante dúas das dez noites consecutivas que actuou no Madison Square Garden, Nova York.

Xa no novo século, prodúcese un xiro importante na súa carreira. Grava o álbum "The Rising" 2002 cun novo produtor, Brendan O'Brien. O cambio de son é evidente e volve ás raíces do seu rock máis puro e demoledor, incorporando novos instrumentos e harmonías. Algunhas das letras están inspiradas nos atentados do 11 de setembro en Nova York. O éxito foi rotundo e propiciou unha nova xira mundial (a súa xira máis extensa desde "Tunnel of Love Express" en 1987) e un novo directo, "Live In Barcelona", que recolle o concerto celebrado no Palau Sant Jordi de Barcelona o 16 de outubro de 2002.

"Devils and Dust" (Demos e Po) editouse o 26 de abril de 2005, e gravouse sen a E Street Band. É un álbum discreto, na súa maioría acústico, cun estilo moi parecido a "Nebraska" e "The Ghost of Tom Joad", aínda que con máis instrumentación. Algunhas cancións foron escritas uns dez anos antes, durante a xira "The Ghost of Tom Joad", ou pouco despois. Tocara xa dúas das cancións, pero non as publicara. A canción que dá nome ao disco trata dos sentimentos e os medos dun soldado durante a invasión de Iraq de 2003. Starbucks rexeitou un acordo de márqueting para promover a venda do novo disco debido, en parte, ao contido sexualmente explícito da letra dunha das cancións, pero tamén á política anticorporativa de Springsteen. A pesar de todo, o álbum conseguiu ser o número un en dez países (Estados Unidos, Austria, Suíza, Suecia, Dinamarca, Italia, Alemaña, Países Baixos, Reino Unido e Irlanda).

Springsteen comezou a súa xira en solitario de "Devils and Dust" ao mesmo tempo que o lanzamento do álbum, tocando tanto en grandes escenarios como en pequenos locais. Nalgúns lugares non houbo grande afluencia de público, polo que, excepto en Europa, foi máis fácil conseguir as entradas que noutras ocasións. A diferenza da xira en solitario tras a publicación de "The Ghost Of Tom Joad" a mediados dos 90, Bruce tocou o piano, o piano eléctrico, o órgano, o autoarpa, o ukelele, o banjo, a guitarra eléctrica e o pedal steel, así como a guitarra acústica e a harmónica, o que achegou variedade ao son en solitario. Nalgunhas cancións soaron sintetizador, outra guitarra acústica e percusión, aínda que sen aparecer no escenario. As prodixiosas interpretacións de "Reason to Believe" (Razón para Crer), "The Promised Land" (Terra prometida), e "Dream Baby Dream" (da banda Suicide) estremeceron ao público, mentres as rarezas, as frecuentes cancións non previstas e as súas ganas de seguir experimentando, erros ao piano incluídos, deixaron encantados aos seus máis fieis seguidores.

Nada máis terminar esta xira, involúcrase na creación dun disco folk de homenaxe a cancións que inspiraron a música norteamericana do século XX e en especial a un dos seus máximos expoñentes Pete Seeger, publicando no mes de abril de 2006 o disco "We Shall Overcome: The Seeger Sessions". Para este disco reune a unha serie de músicos folk e a algúns antigos colaboradores, como varios membros dos "Miami Horns", a violinista Soozie Tyrell ou a súa propia esposa Patti Scialfa e forma a chamada The Seeger Sessions Band, posteriormente The Sessions Band, coa que sae ese mesmo ano de xira polos EUA e por Europa e coa que publica un novo álbum en directo, "Live In Dublin" 2007.O novo disco 'Magic' saíu á venda o 2 de outubro. Nel participaron todos os membros da E Street Band. Patti Scialfa, a súa muller, sacou un álbum producido por ela mesma (o seu terceiro traballo) o 2 de outubro. Springsteen non interveu na produción do mesmo nin na composición das cancións (obra exclusiva de Scialfa), aínda que si intervén en dous dos temas tocando a harmónica e a guitarra.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Vexa o artigo principal en: Discografía de Bruce Springsteen

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]