Saltar ao contido

Banxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Banjo»)
Banjo.

O banjo[1] ou banxo[2][3] é un instrumento musical de corda, de orixe africana, que ten de catro a seis cordas afinadas de formas diversas, aínda que o máis común ten cinco, unha delas máis curta. O banjo está afinado da seguinte maneira: Sol-Do-Sol-Si-Re. A versión de seis cordas afínase e tócase de forma semellante a unha guitarra. O corpo do banjo moderno é de metal, cunha membrana plástica onde se seguran as cordas e cun mastro similar ao dunha guitarra.

As primeiras formas do instrumento xurdiron dentro da poboación africana dos Estados Unidos de América, como adaptacións de instrumentos africanos de deseño semellante.[4][5] O banjo adoita asociarse co country, folk, coa música irlandesa e co bluegrass, aínda que tamén se pode escoitar en moitos outros xéneros musicais. Os banjos acústicos modernos máis comúns son o banjo con resoador e o banjo aberto.

  1. Definición de banjo* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. "banxo". TERGAL. Consultado o 21/11/2019. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para banxo.
  4. Bluegrass Music: The Roots Arquivado 22 de agosto de 2006 en Wayback Machine.." International Bluegrass Music Association. 25 de agosto de 2006. (en inglés)
  5. Odell, Jay Scott. "Banjo.". Grove Music Online. Oxford Music Online. Oxford University Press. Consultado o 23 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.