Boeing 314
Aparencia
(Redirección desde «Boeing 314 Clipper»)
Boeing 314 Clipper | |
---|---|
Tipo | hidroavión de pasaxeiros |
Fabricante | Boeing |
Primeiro voo | 7 de xuño de 1938 |
Introducido | 1939 |
Retirado | 1948 |
Principais usuarios | Pan Am BOAC Armada dos Estados Unidos |
Produción | 1938 - 1941 |
Unidades construídas | 12 |
O Boeing 314 Clipper foi un hidroavión de alcance longo producido pola Boeing Airplane Company entre 1938 e 1941comparable ao británico Short S.26. Foi un dos avións máis grandes no seu tempo e usou a gran á do prototipo do bombardeiro XB-15 para conseguir o alcance necesario para vos a través dos océanos Atlántico e Pacífico. Fabricáronse un total de 12 Clippers para Pan Am, tres dos cales foron vendidos a BOAC en 1941 despois da súa entrega.