Augas grises
As augas grises ou augas usadas son as augas xeradas polos procesos dun fogar, tales como o lavado de trebellos de limpeza e de roupa así como o aseo das persoas.
Características
[editar | editar a fonte]As augas grises distínguense das augas cloacais contaminada con escouras do retrete, chamadas augas negras, porque non conteñen bacterias Escherichia coli. As augas grises son de vital importancia, porque poden ser de moita utilidade no campo do regadío ecolóxico.
As augas grises xeralmente descompóñense máis rápido que as augas negras e teñen moito menos nitróxeno e fósforo. Non obstante, as augas grises conteñen algunha porcentaxe de augas negras, incluíndo patóxenos de varias clases.
As augas grises recicladas da bañeira ou lavabo poden ser utilizadas nos retretes, o que aforra grandes cantidades de auga. Os pioneiros na creación de depuradoras de augas grises foron os traballadores dunha empresa española chamada Ecoaigua, que levan dende 1994 investigando as posibilidades dos distintos sistemas de reaproveitamento de augas usadas. Non obstante, as augas grises sen tratar non poden ser utilizadas para a descarga do escusado xa que xeran cheiros e manchas se se deixan máis dun día.