Saltar ao contido

Armillaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

xénero Armillaria

Exemplares de Armillaria mellea fotografiados en Lituania.


Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Orde: Agaricales
Familia: Physalacriaceae
Xénero: Armillaria
(Fr.) Staude, 1857[1]
Especie tipo
'Armillaria mellea'
(Vahl) P. Kumm.
Armillaria mellea
Armillaria mellea (Polonia)
Armillaria mellea
Armillaria tabescens
Armillaria gallica
Armillaria ostoyae

Armillaria, os fungos do mel, é un xénero de fungos pertencentes á familia Physalacriaceae.[2] É o axente causante da podremia radical por Armillaria, que xera importantes perdas agrícolas e forestais[3]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Chapeu de 3–15 cm de diámetro, cuberto de pequenas escamas escuras, de cor marrón clara amarelenta (semellante á cor do mel) e que se enganchan ao tacto cando está húmido. O pode o non ter anel. Non ten volva. As esporas son de cor branca. Algunhas especies son bioluminescentes e poden ser responsábeis do fenómeno coñecido coma fogo fatuo.[4][5][6]

Son fungos parasitos que medran sobre árbores e arbustos leñosos e poden ser moi destrutivos xa que son responsábeis da podremia branca ou podremia seca (a madeira que a padece tórnase nunha masa clara, mol e fariñenta). A súa alta capacidade destrutiva provén do feito que, a diferenza da maioría dos parasitos, non lle fai falla moderar o seu crecemento para evitar a morte do seu hóspede xa que se nutrirá, igualmente, da materia morta.[5]

Observacións

[editar | editar a fonte]

Algunhas das súas especies son os organismos máis lonxevos e grandes do planeta. Así, por exemplo, Armillaria ostoyae pode cubrir 8,9 km² de superficie e chegar a ter milleiros de anos de idade.[5][11]

  1. uBio (en inglés)
  2. The Taxonomicon (en inglés)
  3. VV. AA. (2012) Vocabulario forestal Universidade de santiago de Compostela/ Deputación de Lugo
  4. Pegler DN., 2000. "Taxonomy, nomenclature and description of Armillaria". A: Fox RTV. Armillaria Root Rot: Biology and Control of Honey Fungus. Intercept. pp. 81–93. ISBN 1-898298-64-5.
  5. 5,0 5,1 5,2 ZipCodeZoo Arquivado 05 de outubro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
  6. MushroomExpert.Com (en inglés)
  7. uBio (en inglés)
  8. Discover Life (en inglés)
  9. Catalogue of Life (en inglés)
  10. StrainInfo Arquivado 05 de outubro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
  11. El mayor asesino del mundo (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Anderson, J.B. i R.C. Ullrich., 1979. Biological species of Armillaria in North America. Mycologia 71: 402-414.
  • Anderson, J. B., (1986). Biological species of Armillaria in North America: Redesignation of groups IV and VIII and enumeration of voucher strains for other groups. Mycologia 78: 837-839.
  • Banik, M. T., J. A. Paul & H. H. Burdsall, (1995). Identification of Armillaria species from Wisconsin and adjacent areas. Mycologia 87: 707-712.
  • Banik, M. T., T. J. Volk & H. H. Burdsall, (1996). Armillaria species of the Olympic Peninsula of Washington state, including confirmation of North American biological species XI. Mycologia 88: 492-496.
  • Baumgartner, K. & Rizzo, D. M., (2001). Distribution of Armillaria species in California. Mycologia 93: 821-830.
  • Kim, M-S. Et al., (2000). Characterization of North American Armillaria species by nuclear DNA content and RFLP analysis. Mycologia 92: 874-883.
  • Mallett, K.I., 1990. Host range and geographic distribution of Armillaria root rot pathogens in the Canadian prairie provinces. Canad, J. Forestry Res. 20: 1859-1863.
  • Marxmüller, H., 1992. Some notes on the taxonomy and nomenclature of five European Armillaria species. Mycotaxon 44: 267-274.
  • Morrison, D.J., D. Chu i A.L.S. Johnson, 1985. Species of Armillaria in British Columbia. Can. J. Plant Pathol. 7:242-246.
  • Thiers, H. D. & Sundberg, W. J., (1976). Armillaria (Tricholomataceae, Agaricales) in the western United States including a new species from California. Madrono 23: 448-453.
  • Volk, T. J. & Burdsall, H. H., (1993). The state of taxonomy in the genus Armillaria. McIlvainea 11: 4-11.
  • Volk, T. J. i H. H. Burdsall, Jr., (1995). A nomenclatural study of Armillaria and Armillariella species. Synopsis Fungorum 8. Fungiflora: Oslo, Noruega. 121 pp.
  • Volk, T. J., (2005). Key to North American Armillaria species.
  • Watling, R., G.A. Kile i N.M. Gregory, 1982. The genus Armillaria - Nomenclature, Typification, the identity of Armillaria mellea and species differentiation. Trans. British Mycol. Soc. 78:271-285.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]