A praia dos afogados (filme)
A praia dos afogados | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | A praia dos afogados |
Director | Gerardo Herrero |
Produtor | Carlos Rodríguez[1] |
Guión | Felipe Vega Domingo Villar |
Baseado en | A praia dos afogados de Domingo Villar |
Intérpretes | Carmelo Gómez Pedro Alonso Luis Zahera |
Estudio | Foresta Films |
Estrea | 10 de outubro de 2015 |
Duración | 96 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Drama, suspense |
Recadación | 476.667,20 €[2] |
Na rede | |
http://laplayadelosahogados.com/ | |
A praia dos afogados é un filme galego de drama e suspense dirixido por Gerardo Herrero, adaptación da obra A praia dos afogados de Domingo Villar. Foi estreado o 10 de outubro de 2015 en 110 salas de España, 20 delas en Galicia, nunha versión dobre, en galego e en castelán.[3] Está protagonizado por Carmelo Gómez, que interpreta o detective Leo Caldas, Pedro Alonso no papel de Valverde, e Luis Zahera como Arias. A rodaxe fíxose en Nigrán e Vigo, con exteriores na praia da Madorra, Panxón e o casco urbano da cidade olívica.[4]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata a costa. Se non tivese as mans atadas ás costas, Xusto Castelo sería outro dos fillos do mar que atopou a morte entre as augas mentres faenaba. Sen testemuñas nin pistas da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergullarase no ambiente mariñeiro da vila, tratando de poñer en claro o crime.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Carmelo Gómez como Leo Caldas
- Luis Zahera como José Arias
- Pedro Alonso como Marcos Valverde
- Tamar Novas como Diego Neira (carpinteiro de ribeira)
- Darío Loureiro como Diego Neira (Xove)
- Marta Larralde como Alicia Castelo
- Celia Freijeiro como Ana (muller de Valverde)
- María Vázquez como Irene Vázquez
- Antonio Garrido como Rafael Estévez
- Lucía Regueiro como Rebeca Neira
- Carlos Blanco como Hermida
- Fernando Morán como Manuel Trabazo
- Rosa Álvarez como Lola (muller de Trabazo)
- Celso Bugallo como pai de Leo Caldas
- Déborah Vukusic como Clara García
- Luis Iglesia como Guzmán Barrio (médico forense)
- Fran Peleteiro como Ferro
- Vicente Montoto como Alberto (tío de Caldas)
- María Vázquez como Irene Vázquez (farmacéutica)
- Ernesto Chao como Somoza
- Celso Parada como propietario da taberna Eligio
- Pepo Suevos como subinspector Lanja
- Belén Constenla como veciña de Arias
- Gonzalo Rei Chao como Antonio Sousa
- Manolo Romón como médico do hospital
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mato, Mar (12 de xaneiro de 2014). "El rodaje de ´La playa de los ahogados´ comienza este año". Consultado o 22 de novembro de 2014.
- ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de A praia dos afogados". Consultado o 22 de xaneiro de 2020.
- ↑ C, R (9 de outubro de 2015). ""O que me interesaba da obra de Villar eran os personaxes e a trama”". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 10 de outubro de 2015.
- ↑ "Arrinca en Nigrán a rodaxe de «A praia dos afogados»". 5 de maio de 2014. Consultado o 22 de novembro de 2014.