A Agra, Xuño, Porto do Son
A Agra | |
---|---|
Parroquia | Xuño |
Concello | Porto do Son |
Coordenadas | 42°38′12″N 9°02′14″O / 42.6367709, -9.037174 |
Poboación | 147 hab. (2020) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Agra é un lugar da parroquia de Xuño no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 147 habitantes (73 homes e 74 mulleres).
Trátase da aldea máis grande da parroquia de Xuño. O seu nome deriva da palabra latina agru que significa "campo". É un terreo chan, moi extenso, situado nas zonas baixas da parroquia a moi poucos metros sobre o nivel do mar. Na Agra localízanse a zona de movemento social e económico da parroquia. Aquí están os grandes supermercados, os bancos e os principais negocios; moi preto, tamén está a igrexa parroquial.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo provén do latín ager, -ri, e é unha extensión de terreo cultivábel dividida en leiras que pertencen a varios propietarios.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Xuño
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Xuño no concello coruñés de Porto do Son | |
---|---|
Abelendo | A Agra | A Aradiza | Bistipoi | O Campanario | O Carballal | Carballido | O Carrapatal | O Castelo | As Cernadas | A Coviña | O Cruceiro | O Curro | O Foxo | Guiandón | Laranga | As Laxes | O Moucho | Outón | Parada | Pedras Altas | Pocilgas | Pozo Negro | Pozocho | Prado do Monte | Santa Mariña | Sieira | As Trabes | Trasdoanes | Ventoso | O Zapatal |