Miñortos, Porto do Son
Miñortos | |
---|---|
Igrexa parroquial de Miñortos. | |
Concello | Porto do Son[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°45′54″N 8°55′46″O / 42.765, -8.92944444 |
Poboación | 455 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Miñortos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Porto do Son. Segundo o padrón municipal (INE 2022) ten 455 habitantes (232 homes e 223 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación.[2]
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución da poboación
[editar | editar a fonte]Ano | 2000 | 2005 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | 491 | 478 | 487 | 492 | 471 | 473 | 455 | 460 |
Historia
[editar | editar a fonte]No Diccionario geográfico y estadístico de España y Portugal (1826–1829) de Sebastián Miñano, cítase:
MIÑORTOS (SAN MARTIN DE), Felig. E. de España en Galicia, provincia y arz. de Santiago, jurisdicción de Noya. J. O., 98 vecinos, 484 habitantes, 1 parroquia que tiene por aneja la de Goyanes. Su situación y productos se hallarán en el art. Camboño y Noya, jurisdicción. Centr. 4,200 rs.Sebastián Miñano. Dicionario geográfico-estadístico; Tomo VI, páx. 40 (1827)
Así, ata 1833 era unha das 25 freguesías que formaban parte da xurisdición de Noia, na antiga provincia de Santiago, unha das sete nas que estaba dividida Galicia.
No Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (1846–1850) de Pascual Madoz, indícase[3]:
MIÑORTOS (SAN MARTIN DE): v. en la prov. de la Coruña (17 leg.), dióc. de Santiago (7), part. jud. de Noya (1) y ayunt. del Son (1). SIT. a la falda del monte Barbanza y en la orilla oriental de la ria de Noya; CLIMA templado por esta parte, si bien es frio hácia el monte. Comprende los l. de Amoreira, Boiro, Bouzas, Coto, Fontela, Lenteiros y Soutos, que reunen 121 CASAS, y muchas y buenas fuentes de agua potable; hay 2 escuelas indotadas, á las que concurren 27 niños y 13 niñas. La igl. parr. (San Martin) tiene por anejo á la de San Saturnino de Gollanes; el curato es de térm. y su provisión ordinaria: tiene cementerio en el atrio y una ermita con la advocación de San Cayetano. El TÉRM. se estiende por donde mas á 1/4 de leg. Confina por N. con San Pedro de Boa; al E. San Juan de Camboño; por S. con su citado anejo, y por O. con la mencionada ria. El TERRENO es de mediana calidad y participa de monte de roble, castaños y nogales en el Barbanza: le bañan insignificantes arrovos y le cruza el CAMINO que desde Noya se dirige al puerto del Son y está bastante abandonado. El CORREO se recibe en la cap. de part. PROD.: maiz, centeno, patatas, algún trigo, habichuelas, otras legumbres y muchas frutas; cria ganado mular, vacuno, lanar y de cerda: disfruta de la pesca y su IND. mas común es la agrícola, POBL.: 120 vec., 570 alm. CONTR.: con su ayunt. (V.).
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Arquitectura relixiosa
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial ten a planta case de cruz grega, co brazo transversal lixeiramente máis curto. As naves levan bóveda de canón apoiadas directamente nos muros, nos que alternan a cantería e a cachotería. No cruceiro a cúpula é semiesférica sobre pendentes. No lateral do presbiterio está a sancristía de altura inferior ao resto do templo.
Na súa fachada principal incorporóuselle unha torre campanario de proporcións moi robustas, potenciadas polos machóns do corpo das campás e por cantería ben trazada que ten a decoración nas cornixas, nas pilastras do corpo inferior e nos pináculos do corpo de remate. A entrada ao templo faise a través do corpo de apoio da torre. Dous fortes piares unidos entre si e á fachada por arcos de medio punto conforman o espazo cuberto no adro da igrexa.
A casa reitoral que acompaña a igrexa é un inmoble de planta poligonal cun aspecto sólido e de gran calidade, ao usar pedra de cantaría. Actualmente atópase deshabitada e o seu estado de conservación é regular. Nas súas proximidades conta cun hórreo (datado de 1890, en mal estado de consevación) e un pombal de planta circular.
A ermida dos Desamparados, coñecida tamén como capela das Pardiñas, é unha ermida baixo a advocación da Virxe dos Desamparados, construída en 1848. Está formada por unha soa nave, coa sancristía anexa a carón do presbiterio. A fachada vai enmarcada por dúas pilastras que rematan en pináculos, un frontón que parte para colocar a plataforma sobre a que vai a espadana, cun só arco que remata tamén en pináculos. Sobre a porta leva unha fiestra.
O topónimo Pardiñas, documentado desde 1183, refírese á situación da capela nun souto ou devesa, un terreo acoutado.
Cruceiros
[editar | editar a fonte]Na parroquia hai contabilizados 5 cruceiros:[4]
- Cruceiro do Igrexario, ao carón da igrexa parroquial.
- Cruceiro de Bruno, no lugar da Amoreira (datado de 1991), de propiedade privada.
- Cruceiro da Amoreira, de propiedade privada.
- Cruceiro de Boiro, de propiedade privada.
- Cruceiro das Pardiñas, nas proximidades da capela.
Arquitectura civil
[editar | editar a fonte]É común a existencia de hórreos, fontes, pombais (pombal do Pazo e pombal de González), reloxos de sol, e varios muíños ao longo do rego Ornanda (muíño da Ponte do Río e muíños do Crego e da Braña). Nas proximidades do muíño da Ponte do Río, no lugar denominado Pontella do Souto, atópase unha pequena ponte construída en pedra que, polas súas características construtivas, podería datar entre os séculos XVIII e XIX.
Ao carón da praia da Gafa atópanse os restos dunha antiga fábrica de salgadura.
Outros
[editar | editar a fonte]En Miñortos está situado o Castro de Miñortos (ou Monte do Castro), nun monte privado, en mal estado de conservación. Igualmente, na ladeira do monte San Lois (entre os concellos de Porto do Son e Noia) atópanse os restos do Castro de San Lois, neste caso en moi mal estado de conservación. A parroquia conta tamén co petróglifo da Picota, no monte da Gafa. Neste último lugar atópanse tamén dúas mámoas, denominadas "I" e "II" do Agro da Cova, ambas en mal estado de conservación.
Festividades
[editar | editar a fonte]- 2º domingo de xullo: Virxe dos Desamparados, festas das Pardiñas.
- 11 de novembro: San Martiño, patrón parroquial.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cruceiro a carón da capela das Pardiñas.
-
Praia Ornanda.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Miñortos
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Miñortos no concello coruñés de Porto do Son | |
---|---|
A Amoreira | Boiro | Bouzas | O Coto | O Fieiro | Fontenla | A Gafa | Linteiros | O Souto |
Parroquias de Porto do Son
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales"
- ↑ Madoz, Pascual (1848). "MIÑORTOS". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) XI. Madrid. p. 425.
- ↑ "PXOM do Porto do Son. Catálogo de Patrimonio Cultural". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 16 de setembro de 2015.