Saltar ao contido

(3200) Faetón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Composición a partir de imaxes de radar do radioobservatorio de Arecibo.
Composición a partir de imaxes de radar do radioobservatorio de Arecibo.

(3200) Faetón ou (3200) Phaethon, nomeado así de xeito internacional Pola UAI (IAU) dende 1985, despois de ser chamado de xeito provisional 1983 TB, o ano da súa descuberta polo satélite IRAS (Infrared Astronomical Satellite),[1] é un asteroide de tipo Apolo. No 2017, trátase do asteroide nomeado que ten a órbita que se aproxima máis ó Sol (aínda que existen moitos asteroides numerados pero non nomeados, cun perihelio menor, como (137924) 2000 BD19).[2] Por esta característica, foi chamado considerando o mito grego de Faetón, fillo de Helios, deus do Sol. Ten 5,8 km de diámetro.[3][1] É o corpo celeste pai das Xemínidas, a chuvia anual de meteoros de mediados de decembro. Cunha historia de observación de máis de trinta anos, a súa órbita está ben determinada, e a súa distancia á Terra ten unha precisión de ± 40 km.

Órbita de Faetón arredor de decembro de 2017.
Órbita de Faetón arredor de decembro de 2017.

Foi o primeiro asteroide descuberto por análise de imaxes dun satélite artificial. Os seus descubridores, Simon F. Green e John K. Davies fixeron a descuberta con imaxes do 11 de outubro de 1983, procurando obxectos en movemento nos datos do IRAS. O descubrimento foi anunciado de xeito oficial o 14 de outubro na IAUC 3878, e a confirmación óptica directa da existencia do obxecto foi feita por Charles T. Kowal, quen o clasificou como de aparencia asteroidal, sen actividade cometaria.

A observación no seu perihelio é imposible por satélite, debendo seguirse por equipos de observación solar, como o NASA Solar Terrestrial Relations Observatory (STEREO), que o segue dende 2009.[1] Dita observación deu como resultado a visualización dunha pequena cola pouco despois do seu perihelio, a que daría pé ás Xemínidas. No 2022 o exame pormenorizado detectou a emisión departículas de sodio no perihelio, que non poderían formar a cola causante das xemínidas, atribuídas agora a un fenómeno acorrido habería uns douscentos anos.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "SOHO chases asteroid's tail". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-06-04. 
  2. "Small-Body Database Lookup". ssd.jpl.nasa.gov. Consultado o 2021-12-11. 
  3. "Small-Body Database Query". ssd.jpl.nasa.gov. Consultado o 2021-12-11.