Vermilingües
Vermilingües Vermilingua Osos formigueiros | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Oso formigueiro xigante (Myrmecophaga tridactyla) no zoo de Aalborg, Dinamarca | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||
A dos vermilingües (Vermilingua) é unha suborde de mamíferos placentarios da orde dos pilosos, que son coñecidos vulgarmente como osos formigueiros,[1] ou tamanduás.[2]
Propios do sueste mexicano, América Central e Suramérica, a suborde comprende tan só catro especies viventes, repartidas en dúas familias, a dos ciclopédidos e a dos mirmecofáxidos. Son o oso formigueiro xigante (Myrmecophaga tridactyla), que mide 1,80 m de lonxitude (contando a cola), as dúas especies do xénero Tamandua (T. tetradactyla e T. mexicana), que miden uns 90 cm, e o oso formigueiro pigmeo (Cyclopes didactylus) de tan só 35 cm de longo.
Están emparentados cos preguiceiros, cos que comparten a orde dos pilosos, pero a súa alimentación é basicamente a base de formigas e térmites, ao que deben o seu nome.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A suborde describiuna en 1811 o zoólogo alemán Johann Karl Wilhelm Illiger.[3]
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]O termo do latín científico Vermilingua deriva do elemento Vermi-, do latín vermis, "verme" (xenitivo vermiis) e lingua, "lingua". Literalmente: "os que teñen a lingua en forma de verme.
O sinónimo tamanduá procede do tupí-guaraní tamanduá, que significa "comedor de formigas", é dicir, "oso formigueiro".[4]
Clasificación
[editar | editar a fonte]A suborde dos vermilingües divídese en dúas familias que comprenden diversos xéneros, varios deles extintos.[5] Só se sinalan os xéneros e especies actuais.
Suborde Vermilingua Illiger, 1811
- Familia Cyclopedidae Pocock, 1924.[6]
- Xénero Cyclopes Gray, 1821
- Cyclopes didactylus (Linnaeus, 1758)
- Xénero Cyclopes Gray, 1821
- Familia Myrmecophagidae Gray, 1825.[7]
- Xénero Myrmecophaga Linnaeus, 1758
- Myrmecophaga tridactyla Linnaeus, 1758
- Xénero Tamandua Gray, 1825
- Tamandua mexicana Saussure, 1860
- Tamandua tetradactyla Linnaeus, 1758
- Xénero Myrmecophaga Linnaeus, 1758
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Oso formigueiro na Dicopedia do Século 21.
- ↑ Tamadúa no Diccionario normativo galego-castelán de Galaxia. A acentuación do Normativo de Galaxia é incorrecta; probabelmente é un castelanismo antigo; hoxe en castelán é a correcta tamanduá.
- ↑ Vermilingua en MSW.
- ↑ tamanduá no DRAE.
- ↑ Mikko's Phylogeny Archive - Vermilingua
- ↑ Cyclopedidae en MSW.
- ↑ Myrmecophagidae en MSW.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vermilingües |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Vermilingües |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vermilingua na ADW.
- Vermilingua na EOL.
- Fourmilier na Enciclopedia Larousse on line. (en francés)