Saltar ao contido

Maside

Modelo:Xeografía políticaMaside
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°24′47″N 8°01′27″O / 42.413055555556, -8.0241666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalMaside Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.743 (2023) Editar o valor en Wikidata (68,58 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie40 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude378 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataCelso Fernández López
José Manuel Iglesias Araújo (2018–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Maside Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32... Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32045 Editar o valor en Wikidata

Páxina webconcellodemaside.gal Editar o valor en Wikidata

Maside é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.906 habitantes (3.157 en 2003).

Poboación

[editar | editar a fonte]
Censo total 2014 2.906 habitantes
Menores de 15 anos 282 (9.7 %)
Entre 15 e 64 anos 1.597 (54.95 %)
Maiores de 65 anos 1.027 (35.34 %)
Evolución da poboación de Maside   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6.339 5.877 5.808 5.160 3.121 3.096 2.906
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Situación

[editar | editar a fonte]

O concello de Maside é bastante chao. Atópase entre a Serra do Faro e os Montes do Testeiro no oeste e a bacía do río Miño no suroeste, con alturas entre os 200 m e os 500 m coas alturas do Alto do Bolo (544 m), o Pico Piñeiro (443 m) e Amarante (430 m). É de notar a presenza de mananciais de augas termais do parque da Rañoa. O territorio está cuberto por unha superficie forestal moi ampla e a superficie agrícola é moi fértil.

Hai restos castrexos en Piñeiro, Maside e Listanco. Os romanos explotaron a arsenopirita no Puzo do Lago e talvez o ouro (de onde se pensa que se orixinou a lagoa actual).

Na Idade Media Maside pertenceu ao Conde de Ribadavia e a parroquia de Garabás ostentou o título de "vila".

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Pódense ver boas mostras do románico rural de carácter austero (século XIII) nas igrexas de Garabás, Santa Comba de Trevoedo, Santa María de Louredo e, especialmente na de San Tomé de Maside Vello, de fins do século XII. Da mesma época é a ponte de San Fiz sobre o río Barbantiño, construído probabelmente sobre un romano anterior.

Entre as construcións civís destaca o hórreo de Listanco, o pazo de As condomas, do século XIII, e o pazo de Armeses, en Listanco, do século XIX. O reloxo do concello procede do mosteiro de Oseira.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Maside.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Maside

Amarante (Santa María) | Armeses (San Miguel) | Garabás (San Pedro) | O Lago (San Martiño) | Louredo (Santa María) | Maside (San Tomé) | Piñeiro (San Xoán) | Rañestres (San Mamede) | Santa Comba do Trevoedo (Santa Comba)

Lugares de Maside

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Maside vexa: Lugares de Maside.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.