Oakland
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | California | ||||
Condado | Condado de Alameda | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 440.646 (2020) (2.185,09 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 160.095 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Área da baía de São Francisco (pt) (Poboación:7.765.640) | ||||
Superficie | 201,660067 km² | ||||
Auga | 28,4815 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 13,1 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1852 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Oakland, California (en) | Sheng Thao (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 94601–94615, 94617–94624, 94649, 94659–94662, 94666, 94601, 94604, 94607, 94610, 94614, 94617, 94622, 94659, 94660 e 94662 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 510 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Livorno Funchal Bahir Dar (pt) Fukuoka (1962–) Nakhodka (pt) (1975–) Sekondi-Takoradi (pt) (1975–) Dalian (1982–) Ocho Rios (pt) (1986–) Santiago de Cuba (2000–) Agadir (2004–) Đà Nẵng (2005–) Ulán Bátor (2006–) Callao (2010–) | ||||
Páxina web | oaklandca.gov | ||||
Oakland é unha cidade en California situada na parte leste (East Bay) da Área da Baía de San Francisco. É unha cidade etnicamente moi diversa con visibles poboacións de asiáticos, afroamericanos, nativos do pacífico, árabes, indíxenas, indios, e mestizos. Ten unha poboación de 404.155 en 2008, 7.264.887 se contamos toda a área metropolitana de San Francisco.
Poboación demográfica
[editar | editar a fonte]Oakland contaba cunha poboación de 404.155 habitantes en 2008. As estimacións da oficina do censo dos Estados Unidos de 2005 amosan un 33,15% de afroamericanos, 22,80% de brancos, 1,80% de nativos americanos, 18,20% de asiáticos, 1,23% de insulares pacíficos, 15,53% doutras etnias, e 7,40% a partir de dúas ou máis razas. Os hispanos ou latinos de calquera etnia eran o 28,03% da poboación.
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Altitude: 12 metros.
- Latitude: 37º 48' N
- Lonxitude: 122º 15' O
Deportes
[editar | editar a fonte]Oakland ten un equipo de béisbol da liga americana, os Oakland Athletics, un equipo na liga nacional de fútbol americano, os Raiders e un equipo de baloncesto na NBA, os Golden State Warriors. Todos estes xogan no complexo McAfee Coliseum/Oakland Area.
Transporte público
[editar | editar a fonte]Oakland ten servizo de autobuses (AC Transit) locais, rápidos, e transbaía, un servizo de metro (BART), así como varias frotas de taxi e un servizo de transbordador a San Francisco.
Autoestradas
[editar | editar a fonte]Oakland conéctase ao resto da área da Baía por varias autoestradas interestatais. As autoestradas interestatais máis importantes da cidade de Oakland son a 80, 580, 880, 238, e a 980. A Ponte da Baía Oakland-San Francisco é a ponte que conecta as cidades de Oakland e San Francisco (Interestatal 80), por onde pasan millleiros de vehículos cada día, dende as áreas residenciais de East Bay aos centros de traballo de San Francisco.
Aeroporto de Oakland
[editar | editar a fonte]O aeroporto internacional Oakland Internacional, ou simplemente OAK, é o preferido por moita da área pola abundancia de voos baratos, aínda que o aeroporto ten voos internacionais limitados, de xeito predominante a México e o Canadá.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Oakland |