Conversa modelo:Cidades de California (máis de 100.000 habitantes)
Como fusionar
[editar a fonte]O outro modelo é máis estándar e existe xa para todos ou case todos os estados estadounidenses. Ademais, precisa que consideramos cidade, que non ten por que ser igual en todos os países nin en todos os estados.
Hai dúas informacións que ten este modelo que o outro non achega: o condado e o número de habitantes. Creo que a información sobre os condados non é demasiado relevante, como tampouco creo que o sexa a dos alcaldes (véxase proposta de borrado paralela), pero o dos habitantes pode ter o seu punto mantelo, se ben a exactitude das cifras é problemática, porque será un reolxio que só dea a hora ben unha vez na vida.
A miña idea é establecer uns separadores paea estratificar 'Máis de 1 millón', 'Entre 500 e 1 millón', 'Entre 100 e 500'... ou algo así. O resultado será unha información aproximada da poboación, que ademais estará pouco afectada polos cambios poboacionais. Como o vedes? --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de marzo de 2018 ás 12:37 (UTC)
- Eu non sei se os fusionaría Xabier Cid. Un modelo é unha táboa e o outro é unha especie de "caixa de navegación", teñen usos distintos, ou deberían. A táboa pode empregarse no apartado de demografía, para amosar unha comparativa, e o outro emprégase na parte de abaixo do artigo para axudar na navegación entre artigos, como se fai en Os_Ánxeles... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de marzo de 2018 ás 13:17 (UTC)
- Entendo o que dis, Elisardojm, e sen rebatercho, o sentido dos modelos é a súa reutilización. Quero dicir, que se a táboa a pomos unicamente no artigo California e nun hipotético Historia urbana de California, o mellor que podemos facer é copiar o modelo, integralo no artigo de California sección demografía, e chau. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de marzo de 2018 ás 14:48 (UTC)
- Ah, pensaba que estaba no artigo dos Ánxeles, pois se só usa nun só sitio entón, si, é mellor copiar o modelo como dis ti. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 00:52 (UTC)