Ragnar Frisch
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (nb) Ragnar Anton Kittil Frisch 3 de marzo de 1895 Christiania, Noruega (pt) |
Morte | 31 de xaneiro de 1973 (77 anos) Oslo, Noruega |
Causa da morte | ictus |
País de nacionalidade | noruegués |
Educación | Universidade de Oslo |
Actividade | |
Campo de traballo | Econometría |
Ocupación | economista, econometrician (en) , profesor universitario |
Empregador | Universidade de Oslo |
Partido político | Partido dos Traballadores Noruegueses Socialist People's Party (en) |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Olav Reiersøl (en) |
Familia | |
Familia | Frisch (en) |
Cónxuxe | Marie Smedal Astrid Johannessen |
Fillos | Ragna |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Ragnar Anton Kittil Frisch, nado en Christiania, Noruega, o 3 de marzo de 1895 e finado en Oslo, o 31 de xaneiro de 1973, foi un economista noruegués, gañador do primeiro Premio Nobel das Ciencia Económicas xunto a Jan Tinbergen no ano 1969. Gran precursor da econometría, contibuíu cos seus traballos á análise cuantitativa dos feitos da natureza a través dos termos microeconomía e macroeconomía, bautizados polo propio Ragnar.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ragnar Frisch naceu dentro dunha familia adicada á xoiaría, fillo de Anton Frisch e Ragna Fredrikke B. Kittilsen, iníciase como aprendiz no negocio familiar, pero ó mesmo tempo estuda economía no Royal Frederick University, xa que semellaba o camiño máis curto e sinxelo para acadar a unha titulación universitaria, a cal acada en 1919, mais tamén se gradúa como artesán e en 1920 empeza a traballar como socio no taller do seu pai.
En 1921, Frisch recibiu unha bolsa da universidade que lle permitiu pasar tres anos estudando economía e matemáticas en Francia e Inglaterra. Tras o seu regreso a Noruega adquiriu unha praza como profesor asistente na universidade da capital, o que lle permitiu ler a tese e obter o seu doutoramento en estatística matemática en 1926.
Un ano máis tarde, en 1927, desprazouse os Estados Unidos cunha bolsa da Fundación Rockefeller, onde estivo en contacto con outros economistas interesados en tratar a economía como ciencia, dándolle novos enfoques matemáticos e estadísticos, estes coñecidos economistas eran Irving Fisher, Wesley Clair Mitchell, Allyn Young e Henry Schultz.
Frisch prosegue coa súa bolsa viaxando a Italia e Francia para continuar coa súa formación, pero en 1928 falece o seu pai e regresa a Oslo, onde se encarga de xestionar o negocio familiar coa contratación de empregados e, ademais, obtén a praza de profesor asociado na universidade da capital.
En 1930 regresa ós Estados Unidos, onde impartiría clases nas universidades de Minnesota e Yale, para regresar en 1932 a Noruega e obter o título de catedrático na universidade de Oslo.
Frisch casou con Marie Smedal en 1920 e tiveron unha filla, Ragna. Despois da morte da súa primeira esposa en 1952, volve a casar un ano máis tarde coa súa amiga da infancia, Astrid Johannessen.
Durante a ocupación de Noruega pola Alemaña nazi, Frisch foi arrestado no campo de concentración de Bredtveit o 17 de outubro de 1943, despois no campo de concentración de Berg o 22 de novembro de 1943, e posteriormente no campo de concentración de Grini de 9 de decembro de 1943 ao 8 de outubro de 1944.
Como economista
[editar | editar a fonte]Tamén fundou en 1932, na Universidade de Oslo, o Instituto de Economía financiado pola Fundación Rockefeller e converteuse en director de Investigación. En 1926, Frisch publicou un artigo que presenta a súa visión de que a economía debe seguir o mesmo camiño teórica e empiricamente que outras ciencias, comparándoa sobre todo co que a física seguira no seu momento. Durante o mesmo ano, publicou o seu artigo "Sur un problème d'économie pure (On a problem in pure economics)". Frisch tamén comezou a ensinar un curso sobre teoría da produción, introducindo as matemáticas na economía. Durante 1927 e 1928 Frisch publicou unha serie de artigos sobre as series temporais estatísticas.
En 1929 publicou o seu primeiro ensaio importante sobre a metodoloxía econométrica, "Correlation and scatter in statistical variables" (en galego, Correlación e dispersión en variables estatísticas), seguido no mesmo ano por "Statikk og dynamikk i den økonomiske teori" (en galego, Estática e dinámica na teoría económica), introducindo a dinámica na análise económica.
No último terzo da década dos anos vinte, cando Frisch aínda era profesor titular da Universidade de Oslo, empezouse a interesar no estudo dunha disciplina recentemente creada, a econometría. Esta inclinación investigadora levouno a fundar en 1930, xunto a Irwing Fisher e Charles F. Roos, a Sociedade Econométrica. Tres anos máis tarde e baixo a súa dirección, que se estendeu ata 1935, a Sociedade comezou a publicar a revista Econometrica, da que foi editor durante vinte anos.
Obras
[editar | editar a fonte]- Novos métodos de medición da utilidade marxinal "New Methods of Measuring Marginal Utility]" (1932).
- Propagación e impulso dos problemas dinámicos na economía "Propagation and Impulse Problems in Dynamic Economics" (1933).
- Mestura lineal e cuadrática da progamación polo método múltiple "Mixed Linear and Quadratic Programing by the Multiplex Method" (1951).
- Macroeconomía e programación lineal "Macroeconomics and Linear Programing" (1956).
- As leis técnicas e económicas da produción (1961) Ed. Sagitario, Barcelona, 1963.
- Econometrías no mundo de hoxe "Econometrics in the World of Today" (1970).
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]Recibiu en 1961, o premio Antonio Feltrinelli da Nazionale Accademia dei Lincie.
Recibiu o Premio Nobel de Ciencias Económicas en 1969 conxuntamente con Jan Tirbergen polo seu traballo "Having developed and applied dynamic models for the analysis of economic processes" (Desenvolver e aplicar modelos dinámicos para a análise dos procesos económicos".
Foi o presidente co comité económico e de emprego das Nacións Unidas e asesor económico de países como India e Exipto.