1983
Aparencia
1983 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1983 MCMLXXXIII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2736 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1432 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4679 – 4680 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5743 – 5744 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2038 – 2039 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1905 – 1906 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5084 – 5085 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1361 – 1362 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1404 – 1405 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2233 | ||||||||||||||||||
|
1983 (MCMLXXXIII) foi un ano común comezado en sábado no calendario gregoriano. Foi designado o Ano Mundial das Comunicacións pola Organización das Nacións Unidas.
O ano 1983 viu tanto o comezo oficial de Internet como a primeira chamada a través dun teléfono móbil.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1 de xaneiro - Historia de Internet: ARPANET deixa o protocolo NPC e adopta o TCP/IP.
- 4 de xaneiro, Vaga de atentados contra as posicións soviéticas en Cabul. 30 oficiais afgáns asasinados polos seus propios soldados.
- 22 de xaneiro - 1983 - España: No hospital de Bellvitge de Barcelona realízase o primeiro trasplante de fígado do país.
- 23 de xaneiro
- Emítese por primeira vez a serie de televisión The A Team.
- O tenista sueco Björn Borg, pentacampeón de Wimbledon, explica as razóns da súa retirada da alta competición.
- 24 de xaneiro - O tenista estadounidense John McEnroe vence ó checo Ivan Lendl e proclámase campión do (Tennis Masters Cup) de Nova York.
- 25 de xaneiro
- Xoán Paulo II promulga o novo Código de Dereito Canónico.
- Deteñen ó nazi Klaus Barbie, o "Carniceiro de Lión", en Bolivia.
- 2 de febreiro - Retómanse en Xenebra as negociacións soviético-estadounidenses START, referidas á redución do armamento estratéxico
- 3 de febreiro - O Papa Xoán Paulo II presenta o novo Código de dereito canónico.
- 6 de febreiro - Trasládase a Klaus Barbie ao forte de Montcluc (Francia), para ser xulgado como autor dos crimes cometidos por forzas alemás baixo o seu mando na segunda guerra mundial.
- 7 de febreiro:
- Realízase o primeiro transplante de páncreas en España.
- Irán leva a cabo unha grande ofensiva contra Iraq.
- Ábrense as portas do remodelado "Palacio de El Pardo" (Madrid), destinado no futuro á residencia de Xefes de Estado estranxeiros en visita a España.
- 13 de febreiro - Morren sesenta e catro xoves italianos no incendio dun cine en Turín.
- 14 de febreiro - Ariel Sharon dimite como Ministro de Defensa de Israel, acusado de instiga-la matanza nos campos de palestinos de Sabra e Chatila (Beirut).
- 16 de febreiro
- A poboación de Sagunto (Valencia) inicia unha folga xeral na defensa da continuidade dos Altos Fornos do Mediterráneo.
- Detidos en España os presuntos implicados na matanza de Boloña, que tivo lugar o 2 de agosto de 1980.
- 18 de febreiro
- Matanza de Wah Mee: Morren 13 persoas tiroteadas en Seattle, Estados Unidos.
- A dimisión de Landelino Lavilla como presidente de UCD prevese como indicio da fin dese partido.
- "Venres Negro" en Venezuela: Logo dun século de estabilidade económica, o Banco Central anuncia a desvalorización do bolívar venezolano, dando comezo a unha prolongada crise económica no país petroleiro.
- 20 de febreiro
- Sanguentos disturbios nas eleccións celebradas no estado federado de Assam (India).
- Lanzamento do observatorio espacial xaponés Tenma.
- 22 de febreiro
- Finaliza en Alxer a reunión do Consello Nacional Palestino, coa reelección de Iaser Arafat como presidente da OLP.
- José María Ruiz-Mateos declara nunha rolda de prensa que "Rumasa non precisa diñeiro do estado para subsistir".
- 23 de febreiro - Nacionalización de Rumasa por parte do goberno español de Felipe González.
- 24 de febreiro - O Goberno español aproba o proxecto de incompatibilidades para os altos cargos.
- 25 de febreiro - Apróbanse en España os Estatutos de Autonomía de Baleares,[1] Castela e León[2], Estremadura[3] e Madrid.[4]
- 28 de febreiro - Lánzase por primeira vez ao mercado o CD.
- 7 de marzo - Comézase a transmitir, en Estados Unidos a canle TNN, logo renomeada Spike TV.
- 8 de marzo - O presidente estadounidense Ronald Reagan chama á Unión Soviética "imperio do mal".
- 9 de marzo - A Canle 8 de Televisa cambia a súa orientación ao converterse en canle cultural. 2 anos máis tarde cambia a súa frecuencia á Canle 9.
- 22 de marzo - Nomeado presidente de Israel o laborista Haim Herzog.
- 23 de marzo - Ronald Reagan anuncia o Sistema Estratéxico de Defensa, coñecido como Guerra das Galaxias (Pola película Star Wars).
- 31 de marzo - Colombia - Un terremoto destrúe a cidade de Popayán.
- 18 de abril
- Bombardeo da embaixada estadounidense en Beirut , (Líbano).
- Comeza a transmisión de Disney Channel en Estados Unidos.
- 23 de abril- Si La Vie Est Cadeau, de Corinne Hermès, gaña por Luxemburgo a XXVIII Edición de Eurovisión celebrada en Múnic.
- 6 de maio - A revista alemá Stern publica os Diarios de Hitler. Máis tarde descubrirase que son falsificacións.
- 8 de maio - Eleccións municipais en España (2ª lexislatura).
- 9 de maio - O papa Xoán Paulo II retira a condena a Galileo Galilei.
- 25 de maio - Estrea do filme O regreso do Jedi nos Estados Unidos.
- 30 de maio - Fundación do Parlamento das Canarias
- 9 de xuño - Vitoria esmagadora do partido conservador de Margaret Thatcher nas eleccións británicas.
- 24 de xuño - Suicidio na Habana do expresidente cubano Osvaldo Dorticós
- 18 de agosto - O furacán Alicia golpea a costa de Texas, causando a morte de 22 persoas e cuantiosos danos materiais.
- 26 de agosto - Inundacións en Euskadi, Navarra e Burgos, causando 39 falecidos.
- 30 de agosto - Asasinato do intendente de Santiago de Chile, xeneral (R) Carol Urzúa, xunto cos seus dous escoltas. O atentado na súa contra reivindicouno o Movemento de Esquerda Revolucionaria.
- 1 de setembro - Cazas soviéticos derriban por erro a un avión comercial surcoreano con 269 pasaxeiros. (Ver Voo 007 de Korean Air)
- 10 de setembro - Inicio de emisións de "Televisió de Catalunya" (TV3)
- 23 de setembro - Na Arxentina, un operario comete un erro durante a reconfiguración dun panel de combustible, causando un accidente de criticidade, nun reactor experimental.
- 27 de setembro - Richard Stallman anuncia o desernrrolo do sistema operativo GNU.
- 3 de outubro - Xapón: entra en erupción o monte Oyama, destrúe 400 casas, incendia zona boscosa e unha lagoa.
- 5 de outubro - Descobremento do Asteroide 9007 James Bond
- 13 de outubro - O municipio murciano de Los Alcázares independízase dos municipios de San Javier e Torre Pacheco.
- 29 de outubro - Un terremoto en Turquía produce a morte de 1.330 persoas.
- 30 de outubro - Primeiras eleccións democráticas na Arxentina tras sete anos de ditadura militar.
- 15 de novembro - A parte turca de Chipre declárase independente.
- 17 de novembro:
- Fundación do Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN).
- O Presidente Luis Alberto Monge proclama a Neutralidade Perpetua, activa e non armada de Costa Rica. Que resultaría ser unha máscara política, ante os intereses geopolíticos estadounideses na area, polo ascenso do sandinismo en Nicaragua
- 27 de novembro: - Accidente aéreo en Madrid, dun avión Boeing 747 da aeroliña Avianca, que estaba a cubrir o voo Charles de Gaulle París - El Dorado Bogotá.
- 10 de decembro - Raúl Alfonsín asume a presidencia da Arxentina.
- 17 de decembro:
- 21 de decembro: - España gaña por 12 goles a 1 a Malta no estadio Benito Villamarín de Sevilla para a clasificación da Eurocopa de 1984.
- 31 de decembro:
- Brunei obtén a independencia do Reino Unido.
- Explosión de dúas bombas en Francia. Unha, nun tren de París, mata a 3 persoas e fere a outras 19. A outra, nunha estación de Marsella, mata a 2 e fere a 34.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- Sona Jobarteh - vocalista, instrumentista e compositora gambiana e británica.
- 6 de maio - Raquel Zimmermann, modelo brasileira.
- 9 de maio - Cristina Ferreiro Real, escritora galega.
- 16 de xullo - Indara Rodríguez, empresaria e wedding planner galega.
- 30 de xuño - Patrick Wolf, cantautor inglés.
- 14 de agosto - Mila Kunis, actriz estadounidense.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 24 de xaneiro - George Cukor, director de cine estadounidense (n. 1899).
- 27 de xaneiro - Louis de Funès, actor francés (n. 1899).
- 28 de xaneiro - Frank Forde, primeiro ministro de Australia (n. 1890).
- 4 de febreiro - Karen Carpenter, cantante e música estadounidense (n. 1950).
- 25 de febreiro - Tennessee Williams, dramaturgo estadounidense (n. 1911).
- 3 de marzo - Hergé, escritor belga (n. 1907).
- 3 de marzo - Arthur Koestler, escritor austríaco (n. 1905).
- 9 de marzo - Ulf von Euler, fisioloxista sueco, Premio Nobel (n. 1905).
- 15 de marzo - Rebecca West, escritora e xornalista inglesa de orixe irlandesa. (m.1892)
- 17 de marzo - Haldan Keffer Hartline, fisioloxista estadounidense, Premio Nobel (n. 1892).
- 24 de marzo - Lino Novás Calvo, escritor galego en castelán (n. 1903).
- 4 de abril - Gloria Swanson, actriz estadounidense (n. 1899).
- 13 de abril - Mercè Rodoreda, escritora catalá (n. 1908).
- 30 de abril - Muddy Waters, músico estadounidense (n. 1915).
- 8 de maio - John Fante, escritor estadounidense.
- 22 de maio - Albert Claude, biólogo belga, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1899)
- 29 de xullo - David Niven, actor británico (n. 1910).
- 29 de xullo - Luis Buñuel, director de cine español.
- 3 de agosto - Carolyn Jones, actriz estadounidense, vítima dun cancro de colon.
- 17 de agosto - Ira Gershwin, compositor estadounidense (n. 1896).
- 21 de agosto - Benigno Aquino, político e periodista filipino (n. 1932).
- 31 de agosto - Isidoro Millán Mariño, avogado, político e xornalista galego (n. 1890).
- 10 de setembro - Felix Bloch, físico suízo, Premio Nobel de Física (n. 1905).
- 10 de setembro - B.J. Vorster, presidente surafricano (n. 1915).
- 25 de setembro - Leopoldo III, rei belga.
- 17 de outubro - Raymond Aron, filósofo e sociólogo francés.
- 20 de outubro - Xosé Manuel López Nogueira, neurólogo, psiquiatra e escritor galego (n. 1932).
- 16 de novembro - Janete Clair, escritora brasileira de novelas para televisión (n. 1925).
- 5 de decembro - Robert Aldrich, director de cine estadounidense.
- 13 de decembro - Mary Renault, escritora inglesa.
- 21 de decembro - Xavier Zubiri, filósofo español.
- 25 de decembro - Joan Miró, pintor catalán (n. 1893)
- 28 de decembro - Dennis Wilson, músico estadounidense (Beach Boys) (n. 1944).
Premios Nobel
[editar | editar a fonte]- Física: Subrahmanyan Chandrasekhar e William Alfred Fowler
- Química: Henry Taube
- Fisioloxía ou Medicina: Barbara McClintock
- Literatura: William Golding
- Paz: Lech Walesa
- Economía: Gerard Debreu
Día das Letras Galegas dedicado a:
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1983 |