Saltar ao contido

Tom Sharpe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTom Sharpe
Biografía
Nacemento30 de marzo de 1928 Editar o valor en Wikidata
Holloway, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xuño de 2013 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Llafranc, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLlafranc (1995–2013)
Suráfrica (1951–1961)
Londres Editar o valor en Wikidata
EducaciónLancing College (en) Traducir
Pembroke College (pt) Traducir
Bloxham School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, fotógrafo, humorista, mestre, guionista, novelista, activista político Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1971 Editar o valor en Wikidata - 2010 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Anglia Ruskin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoSátira Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioTom Sharpe Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Premios

IMDB: nm0789274 Allmovie: p314737
BNE: XX1022122 Discogs: 2062639 Find a Grave: 111853344 Editar o valor en Wikidata

Thomas Ridley Sharpe, nado en Londres o 30 de marzo de 1928 e finado en Llafranc (provincia de Girona) o 6 de xuño de 2013, foi un escritor inglés, máis coñecido como Tom Sharpe.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa infancia e mocidade estiveron marcadas por unha rabia crónica. A súa nai, enferma, non se podía ocupar del. O seu pai, párroco británico, pasou do socialismo ó nacionalsocialismo. Estudou na Universidade de Cambridge.

Logo de realizar o servizo militar trasladouse a Suráfrica en 1951, dedicándose a realizar traballos sociais e ó ensino en KwaZulu-Natal. En 1961 escribiu e representou unha obra en contra do réxime do apartheid. Debido a isto foi encarcerado na prisión de Pietermaritzburg acusado de "político subversivo" e "comunista perigoso", e máis tarde foi deportado por actividades "antigubernamentais". Da súa experiencia en África obtivo a inspiración para escribir Riotous Assembly e Indecent Exposure. Entre 1963 e 1972 traballou como profesor de historia no Colexio de Cambridge das Artes e a Tecnoloxía. Recibiu o Gran Premio do Humor Negro en 1986.

Literatura

[editar | editar a fonte]

Nas súas novelas encóntrase un humor corrosivo, mesmo ás veces cruel, que divide ós seus lectores entre os que o consideran moi ofensivo e os que pensan que é un mestre do humor. A súa temática é variada, desde os xa mencionados libros inspirados no apartheid, ata os que critican o sistema educativo (Wilt e secuelas), o snobbismo da clase inglesa (Ancestral Vices e Porterhouse Blue), o mundiño literario (The Great Pursuit), extremismos políticos de todo tipo, a burocracia e a estupidez en xeral. Os seus personaxes usan moitas veces unha linguaxe vulgar e explícita e practican toda clase de actos sexuais. Outras veces ridiculiza a forma de falar ou de comportarse de determinados grupos sociais.

As súas obras foron traducidas a 22 idiomas, vendendo máis de 10 millóns de exemplares. Mesmo algunha delas (Porterhouse Blue e Blott on the Landscape) foron adaptadas como series de televisión. Wilt foi levada ó cine en 1989 por Michael Tuchner.

Saga de Wilt

[editar | editar a fonte]