Llafranc
Aparencia
Llafranc é unha localidade do concello de Palafrugell, na provincia de Xirona, Cataluña. Tiña en 2009 unha poboación de 316 habitantes.
Está situada nunha zona rochosa de costa, xunto a Calella de Palafrugell, outro núcleo costeiro e turístico situado máis ao sur. Situada en plena Costa Brava, é unha localidade pintoresca que conserva o antigo encanto dos pobos da zona antes da chegada do turismo de masas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Llafranc |