Marty (filme)
Marty | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Marty |
Director | Delbert Mann |
Produtor | Harold Hecht Burt Lancaster |
Guión | Paddy Chayefsky |
Baseado en | Marty de Paddy Chayefsky |
Intérpretes | Ernest Borgnine Betsy Blair Joe Mantell Frank Sutton Karen Steele Jerry Paris Esther Minciotti Augusta Ciolli |
Música | Roy Webb |
Fotografía | Joseph LaShelle |
Montaxe | Alan Crosland Jr. |
Estudio | Hecht-Lancaster Productions |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 11 de abril de 1955 13 de novembro de 1999 (TVG) |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $350 000[1][2] |
Recadación | $2 000 000 (USA/ Canadá)[3] $1 500 000 (internacional)[1] |
Na rede | |
Marty é un filme estadounidense de drama e romance dirixido por Delbert Mann. O guión foi escrito por Paddy Chayefsky, e está protagonizado por Ernest Borgnine e Betsy Blair. Ademais de gañar o Óscar ó mellor filme, o filme tivo grande éxito internacional, converténdose no cuarto filme estadounidense en gañar o premio principal no Festival Internacional de Cine de Cannes, sendo ademais o primeiro en gañar a Palma de Ouro de xeito unánime.
Foi emitido en galego o 13 de novembro de 1999 pola TVG.[4]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Marty (Ernest Borgnine) é un carniceiro italo-norteamericano que convive no barrio do Bronx xunto coa súa posesiva nai (Esther Minciotti). Solteiro con trinta anos, a súa timidez e torpeza coas mulleres faino crer que nunca iniciará unha relación amorosa. Por insistencia da súa nai, sae unha noite a bailar e coñece a Clara (Betsy Blair) unha profesora tan insegura e tímida coma el e xorde un romance que é desaprobado tanto pola nai de Marty como polos seus amigos.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Ernest Borgnine como Marty Piletti
- Betsy Blair como Clara
- Esther Minciotti como Ms. Piletti, nai de Marty
- Augusta Ciolli como tía Catherine
- Joe Mantell como Angie
- Karen Steele como Virginia
- Jerry Paris como Tommy
- Frank Sutton como Ralph (sen acreditar)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 HOLLYWOOD DOSSIER: 'MARTY' HITS JACKPOT – TEAM – ON THE SET By OSCAR GODBOUTHOLLYWOOD.. New York Times (1923–Current file) [New York, N.Y] 11 Sep 1955: X7.
- ↑ Tino Balio, United Artists: The Company That Changed the Film Industry, University of Wisconsin Press, 1987 p. 82
- ↑ 'The Top Box-Office Hits of 1955', Variety Weekly, January 25, 1956
- ↑ La Voz de Galicia, 13 de novembro de 1999. Páx. 86
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marty |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Marty na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Filmes de 1955
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Óscar ó mellor filme
- Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director
- Filmes gañadores da Palma de Ouro
- Filmes rodados en Nova York
- Filmes ambientados en 1954
- Filmes de United Artists
- Filmes preservados no National Film Registry
- Filmes de 1955 con versión en galego