18 de marzo
Aparencia
<< | Marzo | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
2024 Todos os días |
O 18 de marzo é o 77º día do ano do calendario gregoriano e o 78º nos anos bisestos. Quedan 288 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1922 - Mahatma Gandhi é arrestado por desobediencia civil e condenado a seis anos de cárcere, dos que cumpriría só dous.
- 1937 - Noutro intento de illar Madrid, os Republicanos españois inflixen ós italianos unha grave derrota na batalla de Guadalaxara.
- 1938 - Nacionalización do Petróleo en México
- 1965 - Alexei Leonov, astronauta ruso, convértese na primeira persoa en dar un paseo espacial.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1609 - Frederico III, rei de Dinamarca e Noruega.
- 1690 - Christian Goldbach, matemático prusiano.
- 1842 - Stéphane Mallarmé, poeta francés.
- 1858 - Álvaro López Mora, avogado e político galego.
- 1858 - Rudolf Diesel, enxeñeiro alemán.
- 1885 - Carlos Sobrino Buhigas, pintor galego.
- 1891 - Roberto Blanco Torres, escritor e xornalista galego.
- 1905 - Yoya, pintora galega.
- 1906 - Maximino Castiñeiras, poeta galego.
- 1911 - Gabriel Celaya, poeta en lingua castelá.
- 1919 - Elizabeth Anscombe, filósofa e teóloga británica (m. 2001)
- 1927 - George Plimpton, escritor (m. 2003).
- 1929 - Christa Wolf, escritora alemá (m. 2011).
- 1932 - John Updike, escritor estadounidense.
- 1955 - Ana Obregón, actriz, presentadora, bailarina, bióloga e escritora española.
- 1959 - Luc Besson, director de cinema francés.
- 1966 - Marta Bobo, ximnasta galega.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1227 - Honorio III, papa.
- 1768 - Laurence Sterne, escritor británico (n. 1713).
- 1899 - Othniel Charles Marsh, paleontólogo norteamericano (n. 1831).
- 1921 - José Rodríguez Martínez, médico, escritor e xornalista galego.
- 1930 - Ramón Cerdeiras, xornalista galego (n. 1859).
- 1964 - Sigfrid Edström, enxeñeiro sueco (n. 1870).
- 1980 - Erich Fromm, psicólogo e filósofo alemán.
- 1992 - Antonio Molina, actor e cantante español.
- 2001 - John Phillips, músico (The Mamas and the Papas) (n. 1935).
- 2009 - Natasha Richardson, actriz inglesa (n. 1963).
- 2017 - Chuck Berry, guitarrista norteamericano (n. 1926).
- 2017 - Carme Alvariño, historiadora galega.
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]Aruba - Día da Bandeira
Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: Cirilo de Xerusalén, bispo e doutor; Frixidiano, Anselmo, Alexandro, Narciso, bispos; Félix, doutor; Trófimo, Eucarpio, mártires; Salvador de Horta, confesor.