Saltar ao contido

Investigación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 15 de febreiro de 2024 ás 07:08 por Mtarch11 (conversa | contribucións) (Desfíxose a edición de 2A02:3036:265:76EC:F58B:CD95:2D90:6F3 (conversa); cambiado á última versión feita por Breogan2008)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Alegoría da investigación, bronce por Olin Warner, 1896, Thomas Jefferson Building, Washington, EE.UU. [1]

A investigación ou investigación científica é unha actividade orientada á obtención de novos coñecementos e, por esta vía, ocasionalmente dar solución a problemas ou interrogantes de carácter científico.

Tamén existe a investigación tecnolóxica, que emprega o coñecemento científico para o desenvolvemento de "tecnoloxías brandas ou duras".

Características

[editar | editar a fonte]

Unha investigación caracterízase por ser un proceso único:

  • Sistemático: A partir da formulación dunha hipótese ou obxectivo de traballo, recóllense datos segundo un plan preestablecido que, unha vez analizados e interpretados, modificarán ou engadirán novos coñecementos aos xa existentes, iniciándose entón un novo ciclo de investigación. A sistemática empregada nunha investigación é a do método científico.
  • Organizado: Todos os membros dun equipo de investigación deben coñecer o que deben facer durante todo o estudo, aplicando as mesmas definicións e criterios todos os participantes e actuando de forma idéntica ante calquera dúbida. Para conseguilo, é imprescindíbel escribir un protocolo de investigación onde se especifiquen todos os detalles relacionados co estudo.
  • Obxectivo: As conclusións obtidas do estudo non se basean en impresións subxectivas, senón en feitos que se observaron e mediron e que, na súa interpretación, se evita calquera prexuízo que os responsábeis do estudo puideran ter.

Actividades dunha investigación

[editar | editar a fonte]

As actividades dunha investigación son, entre outras, as seguintes:

  • Medir fenómenos.
  • Comparar os resultados obtidos.
  • Interpretar os resultados en función dos coñecementos actuais, tendo en conta as variábeis que puideran influír no resultado.
  • Realizar enquisas (para buscar o obxectivo).
  • Tomar decisións e conclusións, en función dos resultados obtidos.

Para o cal é moi importante que se conte cun apoio de investigación.

Aspectos da investigación

[editar | editar a fonte]

Os aspectos dunha investigación que deben ser tomados en conta son: teórico, social, ético, ambiental, económico, tecnolóxico, científico, estatístico.

Tipos de investigación

[editar | editar a fonte]
  • Investigación básica: Tamén chamada investigación fundamental ou investigación pura, adoita levarse a cabo nos laboratorios; contribúe á ampliación do coñecemento científico, creando novas teorías ou modificando as xa existentes. Investiga leis e principios
  • Investigación aplicada: É a utilización dos coñecementos científicos na práctica para aplicalos, na maioría dos casos, en proveito da sociedade. Un exemplo son os protocolos de investigación clínica.
  • Investigación analítica: É un procedemento máis complexo que a investigación descritiva, e consiste fundamentalmente en establecer a comparación de variábeis entre grupos de estudo e de control. Ademais, refírese á proposición de hipóteses que o investigador trata de probar ou invalidar.
  • Investigación de campo: Trátase da investigación aplicada para comprender e resolver algunha situación, necesidade ou problema nun contexto determinado. O investigador traballa no ambiente natural en que conviven as persoas a as fontes consultadas, das que obterá os datos máis relevantes para ser analizados; son individuos, grupos e representacións das organizacións científicas non experimentais dirixidas a descubrir relacións e interaccións entre variábeis sociolóxicas, psicolóxicas e educativas en estruturas sociais reais e cotiás.

Segundo a extensión do estudo, pode haber:

  • investigación censal
  • investigación de caso (enquisa)

Segundo as variábeis, a investigación pode ser:

  • Investigación experimental: Preséntase mediante a manipulación dunha variábel experimental non comprobada, en condicións rigorosamente controladas, co fin de describir de que modo ou por que causa se produce unha situación ou acontecemento particular.
  • Investigación semi-experimental.
  • Investigación simple e complexa.

Segundo o nivel de medición e análise da información:

Segundo as técnicas de obtención de datos:

  • Investigación de alta e baixa estruturación
  • Investigación participante
  • Investigación participativa
  • Investigación proxectiva: Tamén coñecida como proxecto factíbel, consiste na elaboración dunha proposta ou modelo para solucionar un problema. Intenta responder a preguntas sobre sucesos hipotéticos do futuro (de aí o seu nome) ou do pasado a partir de datos actuais. Entre elas están as investigacións para inventos, programas, deseños.
  • Investigación de alta ou baixa interferencia

Segundo a súa situación temporal:

  • Investigación histórica: Trata da experiencia pasada; relaciónase non só coa historia, senón tamén coas ciencias da natureza, co dereito, a medicina ou calquera outra disciplina científica.

O investigador conta con fontes primarias e secundarias. Das fontes primarias, o investigador obtén as mellores probas dispoñíbeis: relatos de testemuñas oculares dos feitos pasados e obxectos reais que se usaron no pasado e que se poden examinar agora. As fontes secundarias teñen que ver coa información que proporcionan as persoas que non participaron directamente nela.

  • Investigación lonxitudinal ou transversal. Estes datos encóntranse en enciclopedias, diarios, publicacións e outros materiais.
  • Investigación dinámica ou estática

Segundo o obxecto de estudo:

  • Investigación pura.
  • Investigación aplicada.

Diferentes tipos de investigación entre disciplinas

[editar | editar a fonte]

Describíronse diferentes tipos de investigación entre disciplinas, así como unha terminoloxía específica. As definicións máis comunmente aceptadas son as usadas para referirse ao incremento no nivel de interacción entre as disciplinas:

  • Multidisciplinariedade: Neste nivel de investigación a aproximación ao obxecto de estudo se realiza desde diferentes ángulos, usando diferentes perspectivas disciplinarias, sen chegar á integración.
  • Interdisciplinariedade: Este nivel de investigación refírese á creación dunha identidade metodolóxica, teórica e conceptual, de forma tal que os resultados sexan máis coherentes e integrados.
  • Transdisciplinariedade: Vai máis alá que as anteriores, e refírese ao proceso no cal ocorre a converxencia entre disciplinas, acompañado por unha integración mutua das epistemoloxías disciplinares (teoría das ciencias humanas).

Por outro lado, as investigacións históricas son as que se realizan mediante unha perspectiva comparativa no tempo, recorrendo a fontes primarias r secundarias. Este tipo de investigación pode contribuír á creación inicial de hipóteses ou á de hipóteses de traballo.

  1. O Edificio Thomas Jefferson é o máis antigo dos tres que compoñen a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos, e forma do Capitolio dos EE.UU. Está situado na First Street SE, entre a Independence Avenue e a East Capitol Street, en Washington.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Marco Bersanelli; Mario Gargantini (2006). Sólo el asombro conoce. La aventura de la investigación científica. Ediciones Encuentro. ISBN 978-84-7490-810-7. 
  • Zorrilla Arena, Santiago (2007). Introducción a la metodología de la investigación. México Océano : Aguilar, León y Cal1988 [reimpresión 2007]. ISBN 968-493-040-2. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]