Saltar ao contido

Principio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A palabra principio, derivada do latín principium ('comezo', 'primeira parte'), que á súa vez deriva do elemento prim-, de primus, -a, -um ('o primeiro', 'o que vai en primeiro lugar', ou 'o máis importante') e o elemento cap(i)-, de capere ('tomar', 'coller'), polo que literalmente principium é 'o que se toma en primeiro lugar', ou 'o máis importante'.

Un principio é, comunmente, un hábito ou costume ("por principio") ou un razoamento que serve de punto de partida. Principio significa, en xeral, o comezo ou a causa dalgún fenómeno. Tamén pode ser definido como a causa primaria, o momento, o lugar ou treito en que algo, unha acción ou u coñecemento, ten a súa orixe.

Na ciencia, en xeral un principio é unha lei ou regra que se cumpre ou que se debe seguir con certo propósito, como consecuencia necesaria de algo ou co fin de lograr certo propósito. As leis naturais son exemplos de principios físicos; en matemáticas e noutros campos tamén existen principios necesarios ou que se cumpren sen máis, ou que deberían cumprirse se se pretende ter certo estado de feitos.

Outra maneira de concibir os principios inherentes a un sistema ou a unha disciplina á como un refrexo das características esenciais do sistema, que os usuarios ou investigadores asumen, e sen os que non é posíbel traballar, comprender ou usar dito sistema.

Pero en diferentes ámbitos ten significados diferentes: