Jorge Algora
Aparencia
Entrevista a Jorge Algora en 2017. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xaneiro de 1963 (61 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista |
Jorge de Benito Algora, nado en Madrid o 27 de xaneiro de 1963, é un director de cine galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de estudar no Conservatorio Superior de Música de Madrid e na Real Escola Superior de Arte Dramática, dedicouse a traballar na dirección e realización de filmes documentais, programas de televisión e anuncios de publicidade. Dende 1986 vive e traballa en Galicia, onde posúe unha empresa produtora.
Filmografía seleccionada
[editar | editar a fonte]Documentais
[editar | editar a fonte]- Comarcas de Galicia (1993-1995, documental de 8 capítulos; realización)
- Descúbreme (1993, documental de 4 capítulos; dirección e realización)
- Emigrantes en terra de emigrantes (2002, documental; dirección)
- Galicia visual (2002-2003, documental seriado de 104 capítulos; dirección)
- Terra de náufragos (2003, documental; dirección)
- Camiño de Santiago. A orixe (2004, longametraxe documental; dirección e guión)
- Destino a festa (2007, documental; dirección e guión)
Producións para televisión
[editar | editar a fonte]- Mentíndolle á vida (2005, TV movie; dirección e guión)
Longametraxes de ficción
[editar | editar a fonte]- O neno de barro (2007, longametraxe). Obtivo por este filme o premio Paoa, do Festival Internacional de Cine de Viña del Mar. Obtivo nove galardóns nos premios Mestre Mateo en 2007, entre eles o de mellor guión, mellor longametraxe e mellor dirección.