Saltar ao contido

Microondas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Usos: Arranxos varios using AWB
m Usos: Arranxos varios
Liña 18: Liña 18:


{{Física en progreso}}
{{Física en progreso}}

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Electromagnetismo]]
[[Categoría:Electromagnetismo]]

Revisión como estaba o 26 de xaneiro de 2017 ás 21:59

Microondas (tamén designadas SHF- Super High Frequency) son ondas electromagnéticas con lonxitudes de onda maiores que os dos raios infravermellos, mais menores que a lonxitude de onda das ondas de radio variando, consoante os autores, de 30 cm (1 GHz de frecuencia) ata 1 cm (30 GHz de frecuencia).

Nota: enriba dos 300 GHz, a absorción da radiación electromagnética pola atmosfera da Terra é tan grande que a atmosfera é practicamente opaca para as frecuencias máis altas, ata que se torna novamente transparente na, así chamada, "fiestra" do infravermello ata a luz visíbel.

Xeración

As microondas poden xerarse por varios dispositivos, xeralmente divididos en dúas categorías: dispositivos de estado sólido e dispositivos a válvulas. Os dispostivos de estado sólido son constituídos por semicondutores tales como silicio ou arseniato de galio, e inclúen transistor de efecto de campo (coñecido pola sigla en inglés FET: ‘‘Field Effect Transistor’‘), transistor de xunción bipolar (coñecido pola sigla en inglés BXT ‘‘Bipolar Junction Transistor’‘), diodo Gunn e diodo IMPATT, entre outros. Dispositivos a válvula funcionan con base no movemento balístico dos eléctrons no vacuo, baixo a influencia de campos de control eléctricos ou magnéticos, e inclúen o magnetrón, o klystron, o TWT e o xirotrón.

Usos

  • Un forno de microondas usa un xerador de microondas do tipo magnetron para producir micro-ondas nunha frecuencia de aproximadamente 2,45 GHz para cociñar os alimentos. As microondas cociñan os alimentos, facendo con que as moléculas de auga e outras substancias presentes nos alimentos vibren. Esta vibración cría un calor que aquece o alimento. Xa que a maior parte dos alimentos orgánicos é composta de auga, este proceso os cociña facilmente.
  • Microondas usanse nas transmissións para un satélite de comunicacións, porque as microondas atravesan facilmente a atmosfera terrestre, con menos interferencia do que ondas máis longas. Alén diso, as microondas permiten unha maior largura de banda que o restante do espectro de radiofrecuencia.
  • O Radar tamén usa radiación en microondas para detectar a distancia, velocidade e outras características de obxectos distantes.
  • Redes Lugares sen-fío, tales como Bluetooth e outros usan microondas na faixa de 2,4 a 5 GHz. Servizos de Aceso á Internet por radio tamén usan a faixa de 3,5 a 4,0 GHz.
  • Televisión por cable e Internet de banda larga por cable coaxial e por MMDS, ben como certas redes de telefonía celular móbil, tamén usan as frecuencias máis baixas das microondas.
  • Microondas poden usarse para transmitir enerxía a longas distancias e, despois da 2ª Guerra Mundial, teñen sido realizadas diversas investigacións para verificar esas posibilidades. A NASA realizou investigacións, durante os anos 1970/80, sobre o uso de Satélites de Enerxía Solar que captarían as emissións solares e as retransmitirían para a superficie da Terra por medio de microondas.
  • Un máser é un dispositivo semellante ao laser, excepto polo feito de que traballa na faixa das microondas, en lugar da luz visíbel.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.