Saltar ao contido

Alasca: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Sen resumo de edición
Liña 36: Liña 36:
|website = [http://www.state.ak.us www.state.ak.us]
|website = [http://www.state.ak.us www.state.ak.us]
}}
}}
'''Alasca'''<ref name="Diciopedia">Ver entrada de «Rochosas, montañas». {{cita libro |título=Diciopedia do século 21 |isbn=9788482893600 |outros=Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición)|ano=2007 |editor=Editorial Galaxia |páxina=1821|volume=3}}</ref><ref>{{cita libro |url=http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf |título=Criterios para o uso da lingua |editor=Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña |páxina=124 |isbn=84-9749-199-8 |autores=Goretti Sanmartín Rei ''et al'' |dataacceso=14 de abril de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130926060955/http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf |dataarquivo=26 de setembro de 2013 |urlmorta=si }}</ref><ref>{{cita libro |url=http://kit.consellodacultura.gal/web/uploads/adxuntos/arquivo/52de6c496a39c-lingua_galega._dubidas_linguisticas.pdf |páxina=105 |isbn=84-8158-266-2 |título=Lingua galega: dúbidas lingüísticas |editorial=Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo |autores=Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura}}</ref><ref>{{Cita libro |título=Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega |autor=Benigno Fernández Salgado (edición) |editor=Editorial Galaxia |ano=2004 |isbn=9788482887524 |páxina=1303}}</ref> ({{palabra estranxeira |lingua=en |palabra=Alaska |AFI=[əˈlæskə] |son=En-us-Alaska.ogg}}) é o [[estados dos Estados Unidos de América|Estado]] con máis superficie dos [[Estados Unidos de América]] situado na parte noroccidental do continente, limitando por terra só con [[Canadá]] (ó leste), e por mar co [[océano Pacífico]] (sur), [[océano Glacial Ártico]] (norte) e a confluencia de ambos os dous no [[estreito de Bering]] (oeste). A súa capital é [[Anchorage]].
'''Alasca'''<ref name="Diciopedia">«Rochosas, montañas». {{cita libro |título=[[Diciopedia do século 21]] |isbn=9788482893600 |outros=Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición)|ano=2007 |editorial= [[Edicións do Cumio|Do Cumio]], [[Editorial Galaxia|Galaxia]] e [[Ediciós do Castro|do Castro]] |páxina=1821|volume=3}}</ref><ref>{{cita libro |url=http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf |título=Criterios para o uso da lingua |editor=Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña |páxina=124 |isbn=84-9749-199-8 |autores=Goretti Sanmartín Rei ''et al'' |dataacceso=14 de abril de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130926060955/http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf |dataarquivo=26 de setembro de 2013 |urlmorta=si }}</ref><ref>{{cita libro |url=http://kit.consellodacultura.gal/web/uploads/adxuntos/arquivo/52de6c496a39c-lingua_galega._dubidas_linguisticas.pdf |páxina=105 |isbn=84-8158-266-2 |título=Lingua galega: dúbidas lingüísticas |editorial=Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo |autores=Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura}}</ref><ref>{{Cita libro |título=Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega |autor=Benigno Fernández Salgado (edición) |editorial=Editorial Galaxia |ano=2004 |isbn=9788482887524 |páxina=1303}}</ref> ({{palabra estranxeira |lingua=en |palabra=Alaska |AFI=[əˈlæskə] |son=En-us-Alaska.ogg}}) é o [[estados dos Estados Unidos de América|Estado]] con máis superficie dos [[Estados Unidos de América]] situado na parte noroccidental do continente, limitando por terra só con [[Canadá]] (ó leste), e por mar co [[océano Pacífico]] (sur), [[océano Glacial Ártico]] (norte) e a confluencia de ambos os dous no [[estreito de Bering]] (oeste). A súa capital é [[Anchorage]].

Comprado ó [[Rusia|imperio ruso]] en [[1867]] por 7 millóns de dólares, é o territorio estadounidense con menor densidade de poboación de 0,42 hab/km², sendo o cuarto con menor poboación, tras [[Wyoming]], [[Dakota do Norte]] e [[Vermont]].<ref name="2009 Census population">{{Cita web |url=http://factfinder.census.gov/servlet/GCTTable?_bm=y&-state=gct&-context=gct&-ds_name=PEP_2009_EST&-_box_head_nbr=GCT-T1-R&-CONTEXT=gct&-mt_name=&-tree_id=809&-redoLog=true&-_caller=geoselect&-geo_id=&-format=US-40S&-_lang=en|title=United States by States - GCT-T1-R. Population Estimates (geographies ranked by estimate)|accessdate=2010-06-02 |publisher=United States Census Bureau, Population Division}}</ref> e maior que os estados americanos de [[Texas]], [[California]] e [[Montana]] xuntos (respectivamente o segundo, o terceiro e o cuarto máis extensos).

Liña 59: Liña 59:
En [[1867]], o Secretario de Estado estadounidense William H. Seward realizou a [[compra de Alasca]] a Rusia por 7,2 millóns de [[Dólar estadounidense|dólares estadounidenses]]. A falta de efectivo de Rusia e o desexo de que Alasca non caera en mans británicas impulsaron a Rusia a vender o territorio aos Estados Unidos tralo fracaso na [[guerra de Crimea]]. A compra fíxose efectiva o [[18 de outubro]] de [[1867]], hoxe recordado como o ''Día de Alasca''. Aínda que a compra recibiu duras críticas no momento de producirse, finalmente veuse como un negocio vantaxoso grazas ao descubrimento de [[ouro]] no [[Yukón]]. Na década de 1890, os territorios de Alasca e Yukón sufriron unha explotación das súas minas debido á [[febre do ouro]], coñecida como febre do ouro de [[Klondike]], nome do principal depósito. Os principais asentamentos estabelecéronse en Juneau, Nome e Fairbanks.

[[Ficheiro:Alaska Purchase (hi-res).jpg|miniatura|esquerda|200px|Cheque usado na compra de Alasca.]]
[[Ficheiro:Alaska Purchase (hi-res).jpg|miniatura|esquerda|Cheque usado na compra de Alasca.]]
Nos primeiros tempos de dominación estadounidense, o [[Exército dos Estados Unidos|exército]], a [[Forzas Armadas dos Estados Unidos|mariña]] e o servizo de alfándegas fixéronse cargo do control da rexión, pero a chegada de colonos obrigou a cambiar o sistema de administración. En [[1884]] nomeouse un Gobernador, e en [[1906]] elixiuse un representante no [[Congreso dos Estados Unidos]], mais sen dereito a voto. Xa en 1912, declarouse a Alasca como Territorio dos Estados Unidos, cun congreso e goberno propio, e coa súa capital en [[Juneau]] en detrimento de Sitka, que fora a capital da Alasca rusa. Durante a [[segunda guerra mundial]], Alasca foi escenario da [[batalla das Illas Aleutianas]] entre as tropas aliadas e [[Imperio do Xapón|Xapón]], e durante o conflito melloráronse as infraestruturas para facilitar a defensa do territorio, como a construción da [[Autoestrada Alcan]]. Ao final da segunda guerra mundial e o comezo da [[guerra fría]] aceptouse a entrada de Alasca na Unión. O presidente dos Estados Unidos, [[Dwight David Eisenhower]] asinou o [[7 de xullo]] de [[1958]] a Acta estatal de Alasca (''Alaska Statehood Act'' en [[lingua inglesa|inglés]]), que abriu o camiño para que o [[3 de xaneiro]] de [[1959]], Alasca se convertera no [[Estados dos Estados Unidos de América|estado 49 da unión]].

Liña 65: Liña 65:

== Xeografía ==
== Xeografía ==
[[Ficheiro:150132main image feature 589 alaska.jpg|miniatura|250px|As Illas Aleutianas e a península de Alasca.]]
[[Ficheiro:150132main image feature 589 alaska.jpg|miniatura|As Illas Aleutianas e a península de Alasca.]]
[[Ficheiro:Wonder Lake, Denali.jpg|250px|miniatura|[[Parque Nacional de Denali]] e o [[monte McKinley]].]]
[[Ficheiro:Wonder Lake, Denali.jpg|miniatura|[[Parque Nacional de Denali]] e o [[monte McKinley]].]]
Alasca é un dos dous únicos estados estadounidenses, canda [[Hawaii]], que non limita con ningún outro estado do país. Tamén ten máis costa que todos os estados estadounidenses xuntos e é o estado máis grande do país cunha superficie total de 1&nbsp;717&nbsp;854&nbsp;km². Outro fito xeográfico que posúe Alasca é o [[monte McKinley]], o cumio máis alta de toda [[Norteamérica]], con 6.194 metros de altitude. Despois, a súa capital, [[Juneau]], é inaccesíbel por terra, e ningunha estrada conecta Juneau co resto do sistema de autoestradas estadounidense.

Liña 74: Liña 74:

=== Clima ===
=== Clima ===
[[Ficheiro:Alaska.jpg|250px|miniatura|O clima é extremo en Alasca.]]
[[Ficheiro:Alaska.jpg|miniatura|O clima é extremo en Alasca.]]
O clima varía segundo a rexión. A costa occidental ten un [[clima oceánico]], mentres que o resto do estado presenta un [[clima continental]] e [[Clima polar|ártico]].
O clima varía segundo a rexión. A costa occidental ten un [[clima oceánico]], mentres que o resto do estado presenta un [[clima continental]] e [[Clima polar|ártico]].

Liña 81: Liña 81:
O clima no interior de Alasca é extremo. Algunhas das temperaturas máis cálidas e frías teñen lugar na área de [[Fairbanks, Alasca|Fairbanks]]. Os [[verán]]s poden albergar até 30&nbsp;°C, mentres que no [[inverno]] as temperaturas baixan até os -52&nbsp;°C. As temperaturas máximas e mínimas históricas rexistradas en Alasca déronse no interior. As máximas acadaron 38&nbsp;°C en [[Fort Yukon]], o [[27 de xuño]] de [[1915]].<ref name="NOAA-All Hazards">{{Cita web | título= NOAA Weather Radio All Hazards Information - Alaska Weather Interesting Facts and Records | editor= [[National Oceanic and Atmospheric Administration]] | formato= PDF | url= http://www.arh.noaa.gov/docs/AKWXfacts.pdf | dataacceso= 16 de setembro de 2009 | lingua= inglés | urlarquivo= https://web.archive.org/web/20060929022606/http://www.arh.noaa.gov/docs/AKWXfacts.pdf | dataarquivo= 29 de setembro de 2006 | urlmorta= si }}</ref><ref name=DRI>{{Cita web | título= State Extremes | editor= Western Regional Climate Center, [[Desert Research Institute]] | url = http://www.wrcc.dri.edu/htmlfiles/state.extremes.html | dataacceso= 16 de setembro de 2009 |lingua=inglés }}</ref> Por outra parte, a temperatura mínima máis baixa de Alasca produciuse o [[23 de xaneiro]] de [[1971]], con -64&nbsp;°C en Prospect Creek.<ref name="NOAA-All Hazards" /><ref name=DRI />

O [[quecemento global]] que sacode o planeta está sendo notorio en Alasca. Gunter Weller, director do Centro Fairbank para Investigación do Cambio Global e de Investigación do Sistema Ártico, da Universidade de Alasca, asegurou que as temperaturas medias en Alasca eleváronse tres graos centígrados en 30 anos, e aproximadamente o dobre en inverno. As autoridades estatais están alertando do máis que probable efecto que o cambio climático terá sobre a vida dos cidadáns. Un exemplo son as estradas estatais, que transcorren sobre o [[permafrost]], que se está desconxelando velozmente. O oleoduto trans-Alaska, que utiliza soportes verticais, está vendo perigar a súa estabilidade sensiblemente.<ref>{{cita web|url=http://www.astroseti.org/noticia_251_alaska_sufre_calentamiento_global.htm|título=Alaska Sufre el Calentamiento Global|nome=Heber|apelidos=Rizzo|urlmorta=si|dataarquivo=05 de maio de 2009|páxinaweb=astroseti.org|data=19 de abril de 2004|lingua=es|data-acceso=16 de setembro de 2009|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090505165502/http://www.astroseti.org/noticia_251_alaska_sufre_calentamiento_global.htm}}{</ref>
O [[quecemento global]] que sacode o planeta está sendo notorio en Alasca. Gunter Weller, director do Centro Fairbank para Investigación do Cambio Global e de Investigación do Sistema Ártico, da Universidade de Alasca, asegurou que as temperaturas medias en Alasca eleváronse tres graos centígrados en 30 anos, e aproximadamente o dobre en inverno. As autoridades estatais están alertando do máis que probable efecto que o cambio climático terá sobre a vida dos cidadáns. Un exemplo son as estradas estatais, que transcorren sobre o [[permafrost]], que se está desconxelando velozmente. O oleoduto trans-Alaska, que utiliza soportes verticais, está vendo perigar a súa estabilidade sensiblemente.<ref>{{cita web|url=http://www.astroseti.org/noticia_251_alaska_sufre_calentamiento_global.htm|título=Alaska Sufre el Calentamiento Global|nome=Heber|apelidos=Rizzo|urlmorta=si|dataarquivo=5 de maio de 2009|páxinaweb=astroseti.org|data=19 de abril de 2004|lingua=es|data-acceso=16 de setembro de 2009|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090505165502/http://www.astroseti.org/noticia_251_alaska_sufre_calentamiento_global.htm}}{</ref>

=== Áreas administrativas ===
=== Áreas administrativas ===
Liña 144: Liña 144:

=== Principais cidades ===
=== Principais cidades ===
[[Ficheiro:Anchorage1.jpg|250px|dereita|miniatura|[[Anchorage]].]]
[[Ficheiro:Anchorage1.jpg|miniatura|[[Anchorage]].]]
[[Ficheiro:Fairbanks AK Downtown 2ndAve.JPG|250px|dereita|miniatura|[[Fairbanks]].]]
[[Ficheiro:Fairbanks AK Downtown 2ndAve.JPG|miniatura|[[Fairbanks]].]]
[[Ficheiro:Gastineau Channel from top of Juneau tramway (north).jpg|250px|dereita|miniatura|[[Juneau]].]]
[[Ficheiro:Gastineau Channel from top of Juneau tramway (north).jpg|miniatura|[[Juneau]].]]

A cidade mais populosa é [[Anchorage]], que posúe aproximadamente 275 mil habitantes. Anchorage é tamén a terceira maior cidade dos Estados Unidos en área. A maior parte das principais cidades de Alasca localízanse no litoral oceánico do estado.

Liña 187: Liña 187:

== Notas ==
== Notas ==
{{Listaref}}
{{Listaref|30em}}
== Véxase tamén ==

{{commonscat}}
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
{{commons|Alaska}}
* [http://www.alaska.gov/ State of Alaska website]
* [http://www.alaska.gov/ State of Alaska website]

{{Estados Unidos}}
{{Estados Unidos}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Alasca| ]]

[[Categoría:Alasca]]

Revisión como estaba o 26 de marzo de 2020 ás 10:57

Modelo:Estado EUA Alasca[1][2][3][4] (en inglésAlaska[əˈlæskə] (AFI)En-us-Alaska.ogg escoitar) é o Estado con máis superficie dos Estados Unidos de América situado na parte noroccidental do continente, limitando por terra só con Canadá (ó leste), e por mar co océano Pacífico (sur), océano Glacial Ártico (norte) e a confluencia de ambos os dous no estreito de Bering (oeste). A súa capital é Anchorage.

Comprado ó imperio ruso en 1867 por 7 millóns de dólares, é o territorio estadounidense con menor densidade de poboación de 0,42 hab/km², sendo o cuarto con menor poboación, tras Wyoming, Dakota do Norte e Vermont.[5] e maior que os estados americanos de Texas, California e Montana xuntos (respectivamente o segundo, o terceiro e o cuarto máis extensos).

Estados Unidos tratou durante as primeiras décadas do século xx de mellorar as comunicacións (por exemplo de conectar Alasca co resto dos Estados Unidos por ferrocarril), e promover a colonización do val de Matanuska. Mais a segunda guerra mundial e as batallas navais nas illas Aleutianas co Xapón trocaron a política dos EUA nos asuntos de Alasca. Así, en 1942, construíuse en meses unha estrada de comunicación (a Autoestrada Alcan) para garantir a defensa do Territorio de Alasca, á vez que estableceron novas bases militares e se promoveron asentamentos civís. O final da guerra mundial e o comezo da guerra fría aceleraron a necesidade de integrar este territorio á Unión. Así, en 1959, Alasca foi á fin aceptado como 49° estado dos Estados Unidos de América.

O descubrimento de grandes depósitos petrolíferos permitiron un enorme crecemento económico en Alasca durante as últimas décadas, a pesar do illamento xeográfico e ás duras condiciones de vida. A maior fazaña do seu desenvolvemento foi a construción, a partir de 1974, do Trans-Alaska Pipeline, un oleoduto de 1.269 km que une a Baía de Prudhoe co porto de Valdez. Mais tamén o petróleo foi orixe de certos desastres, como o accidente ocorrido en 1989 do petroleiro Exxon Valdez, que encallou nas augas de Alasca e provocou unha marea negra que ten sido cualificada como un dos maiores desastres ecolóxicos da historia.

Historia

Os primeiros poboadores de Alasca foron grupos humanos que proviñan de Asia que cruzaron o Berinxia ("ponte terrestre de Bering") e chegaron o que actualmente é o oeste da península de Alasca. A maioría dos pobos nativos americanos proveñen de xentes que atravesaron o estreito de Bering antes de emigrar cara o sur do continente. O primeiro contacto de exploradores europeos cos habitantes da rexión tivérono os rusos, que contactaron co pobo inuit e outros pobos nativos.

O nome de "Alasca" vén dunha palabra aleutiana, que significa literalmente "o obxecto contra o que a acción do mar é dirixida".[6]

A maioría da historia documentada de Alasca comeza coa colonización europea, empezando polo navegante danés ao servizo da Armada Rusa, Vitus Bering, que avistou Alasca a bordo do San Pedro no transcurso da segunda expedición a Kamchatcka. Mais, o primeiro europeo que tocou as costas da rexión foi o ruso Aleksei Chirikov, que navegaba na expedición de Bering ao mando do San Paulo, cando chegou o 15 de xullo de 1741 ao lugar no que hoxe se levanta a cidade de Sitka. A Compañía rusa de América logo iniciou a colonización da costa e nos anos 1790 xa existían asentamentos na rexión. A principal actividade na zona era a caza de lontras, aínda que a colonia non foi nunca rendíbel debido ao elevado custo dos navíos necesarios para iso. Ao principio, o contacto cos nativos foi cordial, mais pronto se produciron encontros violentos, que unidos ás enfermidades transmitidas polos europeos, exterminaron a catro quintas partes da poboación nativa. O primeiro asentamento permanente por parte de Rusia estabeleceuse en 1784, cando Grigory Ivanovich Shelikhov fundou unha colonia na illa de Kodiak, na baía de Three Saints Bay.

Vitus Bering.

Os españois reclamaron os dereitos que a bula Inter Caetera lles daba sobre a costa oeste de Norteamérica, que incluía Alasca. O rei Carlos III de España organizou varias expedicións á rexión para intentar colonizala. As expedicións de Bruno de Heceta e Alessandro Malaspina deixaron algúns topónimos na rexión, como o Glaciar Malaspina ou a cidade de Valdez. Tamén os británicos seguiron o exemplo da coroa española, enviaron exploracións á zona, como as de James Cook ou George Vancouver.

En 1799, Nikolay Petrovich Rezanov mercoulle os dereitos de explotación das peles ao tsar Paulo I de Rusia e creou a Compañía ruso-estadounidense. A sobreexplotación do territorio levou a un enfrontamento entre os colonos e os nativos, cuxo acontecemento máis destacado foi a Batalla de Sitka de 1804.

En 1867, o Secretario de Estado estadounidense William H. Seward realizou a compra de Alasca a Rusia por 7,2 millóns de dólares estadounidenses. A falta de efectivo de Rusia e o desexo de que Alasca non caera en mans británicas impulsaron a Rusia a vender o territorio aos Estados Unidos tralo fracaso na guerra de Crimea. A compra fíxose efectiva o 18 de outubro de 1867, hoxe recordado como o Día de Alasca. Aínda que a compra recibiu duras críticas no momento de producirse, finalmente veuse como un negocio vantaxoso grazas ao descubrimento de ouro no Yukón. Na década de 1890, os territorios de Alasca e Yukón sufriron unha explotación das súas minas debido á febre do ouro, coñecida como febre do ouro de Klondike, nome do principal depósito. Os principais asentamentos estabelecéronse en Juneau, Nome e Fairbanks.

Cheque usado na compra de Alasca.

Nos primeiros tempos de dominación estadounidense, o exército, a mariña e o servizo de alfándegas fixéronse cargo do control da rexión, pero a chegada de colonos obrigou a cambiar o sistema de administración. En 1884 nomeouse un Gobernador, e en 1906 elixiuse un representante no Congreso dos Estados Unidos, mais sen dereito a voto. Xa en 1912, declarouse a Alasca como Territorio dos Estados Unidos, cun congreso e goberno propio, e coa súa capital en Juneau en detrimento de Sitka, que fora a capital da Alasca rusa. Durante a segunda guerra mundial, Alasca foi escenario da batalla das Illas Aleutianas entre as tropas aliadas e Xapón, e durante o conflito melloráronse as infraestruturas para facilitar a defensa do territorio, como a construción da Autoestrada Alcan. Ao final da segunda guerra mundial e o comezo da guerra fría aceptouse a entrada de Alasca na Unión. O presidente dos Estados Unidos, Dwight David Eisenhower asinou o 7 de xullo de 1958 a Acta estatal de Alasca (Alaska Statehood Act en inglés), que abriu o camiño para que o 3 de xaneiro de 1959, Alasca se convertera no estado 49 da unión.

O 27 de marzo de 1964, Venres Santo, Alasca sufriu os efectos dun terremoto (coñecido como "Terremoto de Venres Santo") de 8,5 grados de magnitude na escala Richter, e que rematou coa vida de 131 persoas, arrasando moitas poboacións da rexión. Mais, en 1968 encontrouse petróleo na rexión, e trala construción do oleoduto transalasquiano (Trans Alaskan Pipeline) en 1977, os ingresos debidos á explotación dos pozos petrolíferos contribuíron a que a poboación se restabelecera e a que se reconstruíran as infraestruturas. En 1989 produciuse unha nova catástrofe ao encallar o petroleiro Exxon Valdez no estreito de Príncipe Guillerme, e verter ao mar entre 42.000 e 130.000 metros cúbicos de cru, afectando uns 1.600 km de costa. En 2007, máis da metade do territorio do estado é propiedade do Goberno Federal, e a explotación das reservas de petróleo no territorio aínda sen explotar é tema de debate, xa que o Refuxio Nacional de vida salvaxe no Ártico podería verse afectado.

Xeografía

As Illas Aleutianas e a península de Alasca.
Parque Nacional de Denali e o monte McKinley.

Alasca é un dos dous únicos estados estadounidenses, canda Hawaii, que non limita con ningún outro estado do país. Tamén ten máis costa que todos os estados estadounidenses xuntos e é o estado máis grande do país cunha superficie total de 1 717 854 km². Outro fito xeográfico que posúe Alasca é o monte McKinley, o cumio máis alta de toda Norteamérica, con 6.194 metros de altitude. Despois, a súa capital, Juneau, é inaccesíbel por terra, e ningunha estrada conecta Juneau co resto do sistema de autoestradas estadounidense.

O estado está bordeado polo territorio de Yukón e a Columbia Británica, Canadá polo leste; o golfo de Alasca e o Océano Pacífico polo sur; o mar de Bering, co seu estreito e o mar de Chukchi polo oeste; e o mar de Beaufort e o Océano Ártico polo norte. Alasca divídese en tres grandes rexións: as montañas do Pacífico, o interior e a zona ártica setentrional. As montañas do Pacífico ocupan toda a costa meridional, mentres que pola rexión interior esténdese o río Yukon xunto aos seus afluentes nunhas vastas mesetas. A zona ártica setentrional, pola súa parte, está ocupada pola cadea de Brooks.

Dous dos puntos máis importantes da xeografía de Alasca son as Illas Aleutianas e o Parque Nacional de Denali. As Illas fixéronse famosas por ser sede da propia Batalla das Illas Aleutianas que tivo lugar durante a Segunda Guerra Mundial. O arquipélago posúe unha superficie duns 37.800 km², sendo a maioría parte de Alasca e o extremo oeste é zona rusa. Neste arquipélago, onde destaca a illa de Unalaska, habitan preto de 16.000 persoas, sendo a maioría delas esquimós aborixes. O Parque nacional de Denali é unha das zonas virxes máis importantes do continente, cunha superficie de 24.585 km². Nel áchanse todo tipo de exemplares de flora e fauna do estado como o carneiro de Alasca, o caribú, o alce, o oso grizzly ou o lobo.

Clima

O clima é extremo en Alasca.

O clima varía segundo a rexión. A costa occidental ten un clima oceánico, mentres que o resto do estado presenta un clima continental e ártico.

En Juneau, a capital, e na metade sueste o clima é oceánico, mentres que é ártico na metade norte. En xeral, esta zona é a máis húmida e cálida de Alasca, con suaves temperaturas en inverno e altos niveis de precipitación ao longo do ano. O clima de Anchorage, a cidade máis poboada de Alasca, e da parte central e sur do estado, é suave debido á proximidade do mar. O clima do oeste de Alasca está influenciado polo mar de Bering e o golfo de Alasca. No suroeste existe un clima subártico oceánico e no norte, subártico continental.

O clima no interior de Alasca é extremo. Algunhas das temperaturas máis cálidas e frías teñen lugar na área de Fairbanks. Os veráns poden albergar até 30 °C, mentres que no inverno as temperaturas baixan até os -52 °C. As temperaturas máximas e mínimas históricas rexistradas en Alasca déronse no interior. As máximas acadaron 38 °C en Fort Yukon, o 27 de xuño de 1915.[7][8] Por outra parte, a temperatura mínima máis baixa de Alasca produciuse o 23 de xaneiro de 1971, con -64 °C en Prospect Creek.[7][8]

O quecemento global que sacode o planeta está sendo notorio en Alasca. Gunter Weller, director do Centro Fairbank para Investigación do Cambio Global e de Investigación do Sistema Ártico, da Universidade de Alasca, asegurou que as temperaturas medias en Alasca eleváronse tres graos centígrados en 30 anos, e aproximadamente o dobre en inverno. As autoridades estatais están alertando do máis que probable efecto que o cambio climático terá sobre a vida dos cidadáns. Un exemplo son as estradas estatais, que transcorren sobre o permafrost, que se está desconxelando velozmente. O oleoduto trans-Alaska, que utiliza soportes verticais, está vendo perigar a súa estabilidade sensiblemente.[9]

Áreas administrativas

Alasca divídese administrativamente en 19 burgos, pero estes non cobren toda a área do estado. Ademais dos burgos existen unhas áreas censais, que se reparten todo o resto do territorio. Alasca é un dos dous estados, xunto con Luisiana, onde non existen os condados.

Os burgos de Alasca son: Aleutianas do Leste, Anchorage, Ártico Noroeste, Baía de Bristol, Denali, Fairbanks North Star, Haines, Juneau, Península de Kenai, Ketchikan Gateway, Illa Kodiak, Lake and Peninsula, Matanuska-Susitna, North Slope, Petersburg, Sitka, Skagway, Wrangell e Yakutat.

Ademais, a área que non está organizada en burgos subdivídese en doce áreas censais: Aleutianas do Oeste, Bethel, Dillingham, Hoonah - Angoon, Kusilvak, Príncipe de Gales - Hyder, Fairbanks Suroeste, Valdez - Cordova e Yukon - Koyukuk.

Demografía

Crecemento poboacional de Alasca
Ano Habitantes
1880 33 426
1890 32 052
1900 63 592
1910 64 356
1920 55 036
1930 59 278
1940 72 524
Ano Habitantes
1950 128 643
1960 226 167
1970 302 583
1980 401 581
1990 551 947
2000 626 932
2005* 663 661
(*) Estimación

O censo de 2000 estimou a poboación de Alasca en 626 932 habitantes, un crecemento de 14% sobre a poboación de 1990, de 551 947 habitantes. Unha estimativa realizada en 2005 estima a poboación do estado en 663 661 habitantes, un crecemento de 20,2% en relación á poboación en 1990; de 5,9%, en relación á poboación en 2000; e de 0,9% en relación á poboación estimada en 2004.

O crecemento da poboación natural de Alasca entre 2000 e 2005 foi de 36 590 habitantes - 53 132 nacementos menos 16 542 óbitos - o crecemento poboacional causado pola inmigración foi de 5 800 habitantes, encanto que a migración estadounidense resultou na perda de 4 619 habitantes.

Só hai unha rexión metropolitana, Anchorage, que é a maior cidade do Alasca. Cerca de dous quintos dos habitantes viven en Anchorage. Cerca de 70% dos habitantes viven en cidades e os outros 30% viven en áreas non-urbanas.

A maior parte da poboación de Alasca vive na rexión sur do estado, ao longo do litoral sur co océano Pacífico, onde o clima é menos extremo que no norte do estado. O resto de Alasca é escasamente poboado, aínda que si existen comunidades con varios millares de habitantes no interior e mesmo no litoral norte do estado.

Principais cidades

Anchorage.
Fairbanks.
Juneau.

A cidade mais populosa é Anchorage, que posúe aproximadamente 275 mil habitantes. Anchorage é tamén a terceira maior cidade dos Estados Unidos en área. A maior parte das principais cidades de Alasca localízanse no litoral oceánico do estado.

Máis de 100 mil habitantes

Entre 10 000 e 100 000 habitantes

Menos de 10 mil habitantes

Notas

  1. «Rochosas, montañas». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 1821. ISBN 9788482893600. 
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 124. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014. 
  3. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 105. ISBN 84-8158-266-2. 
  4. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. 
  5. "United States by States - GCT-T1-R. Population Estimates (geographies ranked by estimate)". United States Census Bureau, Population Division. Consultado o 2010-06-02. 
  6. Ransom, J. Ellis. 1940. Derivation of the Word "Alaska". American Anthropologist n.s., 42: pp. 550-551
  7. 7,0 7,1 National Oceanic and Atmospheric Administration (ed.). "NOAA Weather Radio All Hazards Information - Alaska Weather Interesting Facts and Records" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de setembro de 2006. Consultado o 16 de setembro de 2009. 
  8. 8,0 8,1 Western Regional Climate Center, Desert Research Institute (ed.). "State Extremes" (en inglés). Consultado o 16 de setembro de 2009. 
  9. Rizzo, Heber (19 de abril de 2004). "Alaska Sufre el Calentamiento Global". astroseti.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 5 de maio de 2009. Consultado o 16 de setembro de 2009. {

Véxase tamén

Ligazóns externas