pasar
Galego
- Pronuncia: [paˈsaɾ] (AFI)
pasar
- Levar [algo ou a alguén] dun lugar [a outro próximo].
- Sinónimos: transportar, trasladar.
- Entragar [algo a alguén].
- Facer chegar [algo a alguén] a través doutra persoa.
- Sinónimos: comunicar, transmitir.
- Ser vítima de [algo desagradable ou penoso] durante un certo tempo.
- Consumir ou ocupar [certo tempo].
- Levar [algo] a través do interior [de algo].
- Levar [algo] pola superficie [de algo].
- Facer que [unha enfermidade propia] afecte [a alguén].
- Sinónimos: contaxiar, pegar, transmitir.
- Asar ou fritir [un alimento].
- Superar as dificultades ou problemas que comporta[algo].
- Deixar [algo] que [algo] o atravese.
- Finxir non decatarse de [algo] para xustificar non impor unha sanción.
- Sinónimos: perdoar.
- Deixar atrás [algo ou alguén].
- Sinónimos: adiantar.
- Facer que [algo] que está na boca vaia cara o estómago.
- Introducir [algo] nun país sen declaralo.
- Copiar [un texto] con algunha modificación [no contido, o formato ou a presentación].
- Ir dun lado a outro de [un lugar].
pasar
- Vir dun lugar de camiño a outro.
- Desprazarse [dun lugar a outro].
- Sinónimos: ir.
- Cambiar [dun estado, ocupación ou opinión a outro].
- Ir [a algún sitio] e facer unha parada nel.
- Sinónimos: ir.
- Chegar á súa fin [un estado, situación ou suceso].
- Non participar nunha xogada.
- Antónimos: ir.
- Ser válido para o fin que se busca.
- Sinónimos: valer.
- Ser considerado como.
- Observacións: utilízase seguido da preposición por.
- Ter abondo [con algo].
- Ter existencia [un feito] no pasado.
- Non necesitar [algo].
- Observacións: utilízase xunto coa preposición sen..}}
- Deixar que [algo] sexa ou se faga de determinada maneira cando se pode impedilo.
- Observacións: emprégase seguido da preposición por.
- Ir alén [de algo].
- Incluír [un río ou vía de comunicación certo lugar] como parte do seu percorrido.
- Observacións: emprégase seguido da preposición por.
- Poder atravesar [algo un lugar].
- Ir [dunha persoa ou colectivo a outro].
pasar
- Superar o límite razoable.
- Sinónimos: excederse.
- Deixar de ter [algo] na memoria.
- Sinónimos: esquecer.
- Deixar de estar en bo estado un alimento.
- Integrarse [nun grupo] tras abandonar outro diferente.
- Observacións: emprégase seguido da preposición «a».
Conxugación
Verbo regular da 1ª conxugación
Infinitivo | pasar |
Xerundio | pasando |
Participio | pasado, pasada, pasados, pasadas |
1 Vostede(s) |