Theodore Roosevelt, Jr.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2021.) |
Theodore Roosevelt Jr, tamén coñecido como Teddy Roosevelt, nado en Nova York o 27 de outubro de 1858 e finado en Sagamore Hill o 6 de xaneiro de 1919, foi presidente dos Estados Unidos de 1901 ata 1909.
Traxectoria
editarFoi un político americano que viña dunha rica familia de colonos holandeses establecida en América desde o século XVII, entrou no Partido Republicano e converteuse no líder da tendencia imperialista.
Secretario agregado á Mariña (1897-98), dimitiu para encabezar un corpo de cabaleiros voluntarios, o "Rough Riders" que se destacarían contra os españois durante a guerra de Cuba. Feito un heroe popular, elixírono gobernador de Nova York (1899-1900), logo vicepresidente dos Estados-Unidos (1900) e, a partir de setembro de 1901, sucedeu ao presidente McKinley, que acababa de ser asasinado. Reelixido en 1904, permaneceu na presidencia durante oito anos (1901-09).
Campión dos dereitos "do pequeno home", contra o gran capitalismo, fixo máis eficaz a lexislación "anti-trusts" e interveu en favor dos obreiros nos conflitos sociais. Reforzou o goberno federal e aumentou a influencia do poder executivo a costa do lexislativo.
Nos asuntos exteriores, efectuou unha política activa e enérxica, afirmándoa, por unha referencia un tanto abusiva da doutrina de Monroe, o dereito dos Estados Unidos a intervir en todos os asuntos latinoamericanos; logo de fomentar unha secesión en Colombia, obtivo da nova República de Panamá a concesión necesaria para construír unha canle e unha franxa de territorio de 15 quilómetros de ancho, para unir o mar Pacífico ao mar Caribe. A canle sería inaugurada en 1914. Rompendo así co longo illamento no que se atopaban os Estados-Unidos, interveu activamente na política mundial, proporcionou a súa mediación na guerra ruso-xaponesa, fíxose representar na conferencia de Alxeciras e erixiuse como o campión da arbitraxe internacional, o que lle valeu o Nobel da Paz (1906).
En desacordo co seu propio partido, Roosevelt creou o Partido Progresista e presentouse de novo á presidencia en 1912, pero desta vez xa non foi elixido.
Aplicacións do imperialismo norteamericano
editarO presidente Theodore Roosevelt en 1904 engadira á doutrina Monroe un "corolario" que xustificaba a política da gran bastonada (big stick) pensando en aplicala respecto a América Latina.
- O «corolario» da Doutrina Monroe;
- «A incapacidade permanente e o comportamento errático e constante, dun Goberno, cuxa consecuencia sería a disolución xeneralizada dos vencellos que forma calquera sociedade civilizada, require, en América como en todas partes, a intervención dunha nación que posúe este carácter civilizado; o feito de que no marco do hemisferio occidental, os Estados Unidos se sintan responsables en virtude da adhesión á doutrina Monroe, pódeos obrigar, ata contra a súa vontade, en casos de incapacidade ou malos comportamentos obvios, a exercer o papel de xendarme ». (Fonte: presidente Théodore Roosevelt, o 6 de decembro de 1904.) [Cómpre referencia]
- A emenda Platt posta en práctica en Cuba;
- « "Estou tan enfadado contra esta pequena e infernal República de Cuba que me gustaría que fose borrada do mapa. Nós só queremos que eles (os cubanos) que se empoliquen ben, que sexan prósperos e felices, de xeito que non teñamos necesidade de intervir. E agora, que comezaron unha revolución completamente inxustificable e inútil, as cousas vanse converter en tan complicadas que nos veremos obrigados a intervir - o que convencerá inmediatamente a todos os idiotas sospeitosos en Suramérica xa que iso é logo de todo, é o que queriamos. » (Fonte: presidente Theodore Roosevelt, 1906.) [Cómpre referencia]
O imperialismo norteamericano manifestouse durante estes anos en ben outros países. Tras o presidente Roosevelt (1901-1909), William Howard Taft (1909-1913) inaugurou a diplomacia do dólar, máis directamente preocupada pola defensa dos intereses económicos.
Para os pequenos países de Centroamérica e o Caribe, a diferenza pasou un tanto inadvertida, ata 1933, foron numerosos os países que se converteron en protectorados financeiros norteamericanos. Así pois, en 1905, un Tratado asinado coa República Dominicana permitiu aos Estados Unidos tomar o control dos dereitos de aduana deste país ata 1941. Haití coñeceu a mesma situación entre 1915 e 1934. En 1920, o National City Bank xa controlaba as finanzas da facenda pública.