Reuven «Rubi» Rivlin (hebreo: ראובן ריבלין), nado en  Xerusalén o 9 de setembro de 1939, é un avogado e político israelí, e presidente de Israel desde o 24 de xullo de 2014 ata o 9 de xullo de 2021. Forma parte do partido político conservador Likud.[1]

Modelo:BiografíaReuven Rivlin

(2014) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(he) ראובן ריבלין Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de setembro de 1939 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Xerusalén Editar o valor en Wikidata
10º Presidente de Israel
24 de xullo de 2014 – 7 de xullo de 2021
← Shimon PeresIsaac Herzog →
Membro de Knesset
5 de febreiro de 2013 – 10 de xuño de 2014 – Carmel Shama (pt) Traducir →
Lexislatura: 19th Knesset (en) Traducir
Speaker of the Knesset (en) Traducir
10 de marzo de 2009 – 22 de febreiro de 2013
← Dalia Itzik (pt) TraducirYuli Edelstein (pt) Traducir →
Membro de Knesset
24 de febreiro de 2009 – 5 de febreiro de 2013
Lexislatura: 18th Knesset (en) Traducir
Membro de Knesset
17 de abril de 2006 – 24 de febreiro de 2009
Speaker of the Knesset (en) Traducir
28 de febreiro de 2003 – 28 de marzo de 2006
← Avraham Burg (pt) TraducirDalia Itzik (pt) Traducir →
Membro de Knesset
17 de febreiro de 2003 – 17 de abril de 2006
Minister of Communications (en) Traducir
7 de marzo de 2001 – 28 de febreiro de 2003
Membro de Knesset
7 de xuño de 1999 – 17 de febreiro de 2003
Membro de Knesset
4 de marzo de 1999 – 7 de xuño de 1999
Membro de Knesset
1 de setembro de 1996 – 4 de marzo de 1999
← Eliyahu Ben-Elissar (pt) Traducir
Membro de Knesset
21 de novembro de 1988 – 13 de xullo de 1992
Lexislatura: 12th Knesset (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Hebrea de Xerusalén
Gymnasia Rehavia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica e dereito Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Xerusalén Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado, xurista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoLikud Editar o valor en Wikidata
MovementoSolução de Um Estado (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarComandante Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeNechama Rivlin (1971–2019), Thanasis Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Páxina webpresident.gov.il… Editar o valor en Wikidata
Facebook: ReuvenRivlin Twitter: ruvirivlin Instagram: presidentruvi Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Reuven Rivlin naceu en Xerusalén no ano 1939. É descendente de Gaon de Vilna. Rivlin pertence a unha extensa familia que chegou á Palestina otomá a principios do século XIX, e cuxos membros ocupan, dous séculos despois, varios estratos das elites israelís.

Desde moi novo estivo identificado co movemento xuvenil Beitar e coa ideoloxía de Zeev Jabotinsky e de Menachem Beguin representada polo partido político Likud[2][3].

En 1957, logo de rematar a educación media, ingresou nas Forzas de Defensa de Israel sendo oficial de intelixencia. Foi mobilizado tamén na Guerra dos Seis Días, en 1967[4]. Licenciouse en dereito pola Universidade Hebrea de Xerusalén, comezou posteriormente unha carreira profesional como avogado do Beitar, o equipo de fútbol máis importante de Xerusalén, e na compañía de aviación El Al.

Entrou na política en 1978 como concelleiro de Xerusalén, en 1988 foi escollido deputado do Likud na Knesset, onde centrou a súa actividade pública ata 1993.[5] Ao Parlamento entrou por primeira vez na décimo segunda lexislatura (1988-1992) e coa única excepción do período comprendido entre 1992 e 1996, sendo deputado até o ano 2014.

Tamén ocupou o cargo de ministro de Comunicación (2001-2003) e, en dúas ocasións, o de presidente do poder lexislativo; a primeira de 2003 a 2006 e a segunda entre 2009 e 2013, na que se converteu en presidente da Knesset con 90 votos sobre 120.[6] Dende esa tribuna consolidou a súa imaxe de demócrata sen concesións, en contraste coa súa forte ideoloxía nacionalista.[7][8] Durante os seus dous mandatos como presidente do Parlamento, Rivlin gañouse moito aliados pero tamén inimigos, sobre todo, porque non dubidou en enfrontarse á coalición de Netanyahu e ao sector máis nacionalista do Likud e Israel Beitenu.[9]

No 2007 foi candidato á presidencia do país; con todo, retirouse na primeira rolda de votacións debido ao inminente triunfo do seu rival Shimon Peres.[10]

No 2014, postulouse de novo á presidencia. Aínda que inicialmente aparecía como o principal candidato a suceder a Shimon Peres, a aposta de Rivlin pola presidencia complicouse pola rivalidade persoal e que mantén con Netanyahu, cuxos denodados esforzos para buscar outro candidato foron amplamente relatados pola prensa. Só no último momento, cando os seus esforzos fracasaran, Netanyahu ofreceu de mala gana o seu apoio a Rivlin.[11] Tras as eleccións presidenciais de Israel, ningún do cinco candidatos iniciais obtivo a maioría absoluta na primeira votación, na que Rivlin, do partido Likud, terminou en primeiro lugar, con 44 votos, mentres que Sheetrit, do HaTnuha, obtivo o apoio de 31 dos 120 deputados da Knesset.[12]

En segunda volta, Rivlin impúxose con 63 votos ao seu rival, o centrista Meir Sheetrit, quen recibiu o apoio de 53 dos 120 deputados do Parlamento.[13]

Presidente de Israel

editar

Política interior

editar

Sucedeu a Shimon Peres o 24 de xullo de 2014[14] e dende o comezo os analistas confiaron en que a súa xeira se centraría en asuntos de política interior[15], logo do exercicio de Peres, premio Nobel e recoñecido internacionalmente.

 
Reunión entre Netanyahu (á esquerda), Rivlin (centro) e Gantz (á dereita)

O seu rol como mediador da política nacional gañou peso debido á crise política na que entrou Israel dende 2019. As sospeitas políticas e xornalísticas sobre a corrupción do primeiro ministro Netanyahu concretáronse nunha acusación da fiscalía en decembro de 2018, malia as manobras para adiar o xuízo[16] este comezou en 2021[17]. A acusación contra o Benjamin Netanyahu e a súa familia fixo que moitos sectores políticos se distanciasen del e que a sociedade israelí se fose polarizando. Os resultados das eleccións de 9 de abril de 2019 foron moi igualados, aínda que Netanyahu conseguiu quedar por diante do antigo xeneral Benny Gantz en votos, ambos quedaron empatados con 35 deputados. Netanyahu fracasou á hora de poder conformar unha coalición parlamentaria que respaldase o seu goberno polo que a Knesset se disolveu, volvéndose a convocar eleccións anticipadas. A situación de bloqueo político volveuse a producir en setembro de 2019, escoitados aos partidos, Rivlin encomendou a Netanyahu a exploración dunha maioría, sen éxito[18], polo que Rivlin delegou a tarefa en Gantz, quen tampouco foi quen. Esta situación obrigou a repetición das eleccións lexislativas, agora o 2 de marzo de 2020. A resistencia de Netanyahu a abandonar o cargo de primeiro ministro foi interpretada por manter as salvagardas xudiciais que leva asociado o cargo, quen non ten obriga de dimitir ata que haxa sentenza firme do Tribunal Supremo[19]. As eleccións de 2020 devolvéronlle ao Likud de Netanyahu a posición de forza máis votada, aínda que Rivlin encargou a Gantz intentar conformar unha maioría por contar con máis respaldo parlamentario. Novamente sen resultaados, Rivlin encargou á propia Knesset a procura dun candidato antes de 21 días para evitar unhas novas eleccións. A situación ocasionada pola pandemia de covid-19 facilitou que finalmente Netanyahu e Gantz formaran un goberno de coalición[20]. Mais, poucos meses despois, o executivo non contou con apoio parlamentario para aprobar os orzamentos, razón pola que a Knesset se disolveu e fixáronse eleccións para marzo de 2021[21]. O resultado , novamente axustado fixo que Rivlin optase primeiro por Netanyahu para fomar un goberno, de novo sen éxito, polo que delegou en Yair Lapid, político progresista que conseguira a segunda posición, a exploración dunha coalición[22]. Lapid logrou un pacto que incorporará ao goberno a unha coalición heteroxénea de partidos (dende a extrema dereita xudía ata representantes da minoría árabe)[23] e que fará que o cargo de Primeiro Ministro rote entre Bennett, líder do partido dereitista Yamina, e el mesmo[24]. Durante eses meses, Rivlin instou repetidas veces a superar o bloqueo[25] e alertou das consecuencias do mesmo como a perda de confianza cidadá no sistema político[26].

Rivlin é contrario á existencia dun Estado palestino independente[27] e é defensor da solución dun único estado para o conflito con Palestina[28]. Con todo, ten sona de tolerante[29] e destacouse como un defensor das minorías de Israel[30], especialmente dos árabes[31]. Deste xeito, fixo pública a súa reticencia á chamada lei do Estado-Nación de 2018 que define a Israel como o estado nación dos xudeus. Durante a tramitación parlamentaria reuniuse con representantes das distintas minorías para coñecer as súas preocupacións sobre o contido da futura lei[32] e expresou o seu temor a que dese orixe a desigualdades[33]. Así, nunha carta aberta aos membros da Knesset, Rivlin afirmou que consideraba algúns dos artigos do proxecto de lei como discriminatorios, citando como exemplo a posibilidade de reservar determinadas localidades só para xudeus[34]. Unha vez a lei superou o voto da Knesset, e aínda que algúns puntos foron suavizados, Rivlin mostrou a súa disconformidade con ela asinándoa en árabe[35], lingua que perdeu o status de oficial con esa lei[36]. En maio de 2021, no contexto dunha nova crise entre Israel e Gaza, producíronse enfrontamentos entre xudeus e árabes israelís, entón Rivlin amosou a súa inquietude por esta situación e alertou do risco de guerra civil[37][38].

Dado que o seu mandato remata o 9 de xullo de 2021, a Knesset escolleu como sucesor ao laborista Isaac Herzog o 2 de xuño dese ano[39].

Política exterior

editar
 
Reuven Rivlin e a súa dona nunha visita á India (2016)

Aínda que como Presidente da Knesset procurou que Israel recoñecese a existencia do xenocidio armenio[40], como xefe do Estado moderou as súas declaracións sobre esta cuestión para evitar controversias con Turquía[41].

Rivlin e a súa dona visitaron España en novembro de 2017, naquela altura, apenas un mes despois do referendo de independencia de Cataluña, o goberno de Mariano Rajoy interpretaba como equidistante a posición da diplomacia israelí. Mais no brinde na cea de gala ofrecida polo rei Filipe VI, Rivlin reafirmou o apoio israelí á unidade de España[42]. A prensa española destacou que esas declaracións foron por insistencia do propio Rivlin, fronte a posición, menos categórica, defendida por Netanyahu[43].

O goberno de Netanyahu procurou cultivar relacións cordiais con gobernos europeos de talante populista[44][45], mais, en 2018, nunha entrevista na CNN, Rivlin alertou do pulo recente das ideoloxías antisemitas en Europa[46] Pouco despois, alegando problemas de axenda non recibiu o italiano Matteo Salvini, líder da Liga Norte e naquela altura ministro do Interior. Analistas e xornalistas contrastaron o xesto de Rivlen coa cordialidade amosada por Netanyahu ao italiano[47][48].

Tamén, en 2018 o goberno polonés propuxo unha lei que declaraba ilegal suxerir a responsabilidade polonesa no Holocausto[49], o que xerou unha forte controversia entre as comunidades xudías e en Israel[50]. Neste asunto, Rivlin interpelou persoalmente o seu homólogo polonés, Andrzej Duda, recordándolle que houbo poloneses que participaron no Holocausto[51][52].

Nos días previos a rematar o seu exercicio numerosos líderes internacionais agradecéronlle o seu traballo como Barack Obama, o príncipe de Gales, Carlos, Filipe VI de España ou Filipe dos Belgas.[53] Tamén mantivo unha conversa telefónica con Mahmoud Abbas de despedida.

Vida persoal

editar

Reuven Rivlin casou en 1971 con Nechama Rivlin, bióloga que traballou na Universidade Hebrea de Xerusalén, e é pai de catro fillos[54]. Quedou viúvo logo do falecemento da súa dona, doente de fibrose pulmonar[55] e sometida a un transplante de pulmón[56], o 4 de xuño de 2019. É vexetanariano dende a década de 1960 e é seareiro do Beitar de Xerusalén[54] do que foi directivo[57].

Tamén é coñecido polo seu humor[58] e austeridade. Sendo xefe do Estado de Israel usou transportes públicos para desprazarse súas viaxes o estranxeiro.[59] O rematar o seu mandato, o servizo de seguridade interior, Shin Bet, deu a coñecer que se procedía a disfrazar a Reuven Rivlen para dotalo de anonimato nalgunhas desas ocasións.[60]

  1. "Reuvén Rivlin elegido decimoprimer presidente de Israel". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2020. Consultado o 28 de maio de 2018. 
  2. "Reuven Rivlin, el décimo presidente de Israel". 
  3. Gross, Paul. "Begin’s legacy the focus in new annual symposium". www.timesofisrael.com (en inglés). Consultado o 2021-06-06. 
  4. "The Presidency in Israel". GOV.IL (en inglés). Consultado o 2021-06-05. 
  5. "Reuven Rivlin juró como nuevo presidente de Israel". 
  6. Somfalvi, Attila (31 de marzo de 2009). "Netanyahu names Likud ministers". ynetnews.com (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2021. 
  7. "Asumió Reuven Rivlin, el nuevo presidente israelí". 
  8. "Nacionalista Reuvén Rivlin juró como décimo presidente de Israel". 
  9. "Reuven Rivlin, nuevo presidente de Israel - Su Jerusalem natal". 
  10. "Reuven Rivlin es el nuevo presidente de Israel" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2014. Consultado o 28 de maio de 2018. 
  11. "El conservador Reuven Rivlin es el nuevo presidente israelí _ Choques con Netanyahu". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2018. Consultado o 28 de maio de 2018. 
  12. "Reuvén Rivlin, candidato favorito a presidente de Israel". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 28 de maio de 2018. 
  13. "El candidato conservador Reuven Rivlin, elegido 10º presidente de Israel". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2014. Consultado o 28 de maio de 2018. 
  14. "Reuven Rivlin: Israel's new president". DW. Consultado o 5-6-2021. 
  15. "Israel MPs elect Rivlin as president". BBC News (en inglés). 2014-06-10. Consultado o 2021-06-06. 
  16. "High Court nixes Likud bid to halt AG recommendations on Netanyahu graft probes". Ynet news. 28-2-2019. Consultado o 5-6-2021. 
  17. "Defendant No. 1 or Next Prime Minister? Netanyahu Divides Israel". 5-4-2021. Consultado o 5-6-2021. 
  18. "Netanyahu admite que non ten apoios suficientes para formar goberno". crtvg.es. 
  19. "Israel convoca las terceras elecciones en menos de un año". 12-12-2019. Consultado o 5-6-2021. 
  20. "The deal is done: Netanyahu, Gantz ink coalition pact". The Jerusalem Post. 20-4-2020. Consultado o 5-6-2021. 
  21. "Israel elections loom as lawmakers back bill to dissolve parliament". 2-12-2020. Consultado o 5-6-2021. 
  22. "Israel opposition chief Yair Lapid handed mandate to form government". France24. Consultado o 5-6-2021. 
  23. "A oposición en Israel anuncia que chegou a un acordo para desbancar a Netanyahu". CRTVG. 
  24. "Israel: Opposition reaches deal to unseat longtime PM Benjamin Netanyahu". DW. Consultado o 5-6-2021. 
  25. "Israel's president calls for new alliances to solve deadlock". AP NEWS. 2021-04-30. Consultado o 2021-06-06. 
  26. "Rivlin warns political crisis is eroding Israelis’ trust in democracy". www.timesofisrael.com (en inglés). Consultado o 2021-06-06. 
  27. Remnick, David. "The One-State Reality". The New Yorker (en inglés). Consultado o 2021-06-05. 
  28. Images, Getty. "Israel’s President Backs One-State Solution — With Equal Rights for Palestinians". The Forward (en inglés). Consultado o 2021-06-05. 
  29. "Israeli president Reuven Rivlin is a blunt voice for tolerance at a time of ugly rhetoric  ". www.telegraph.co.uk. Consultado o 2021-06-05. 
  30. "Greek Patriarch praises Rivlin for defending minorities and condemning violence". Consultado o 5-6-2021. 
  31. Miller, Elhanan. "Arab minority is invisible to Israeli Jews, president says". www.timesofisrael.com (en inglés). Consultado o 2021-06-05. 
  32. "Druze leaders tell Rivlin many feel excluded over nation-state law". Times of Israel. 29-7-2018. Consultado o 5-6-2021. 
  33. "President Rivlin meets with Druze leaders". Ynetnews (en inglés). 2018-07-29. Consultado o 2021-06-05. 
  34. "i24NEWS". www.i24news.tv. Consultado o 2021-06-05. 
  35. Bachner, Michael; staff, T. O. I. "Rivlin said to vow he will sign nation-state law in Arabic". www.timesofisrael.com (en inglés). Consultado o 2021-06-05. 
  36. "Israel passes Jewish nation law branded 'racist' by critics". The Independent (en inglés). 2018-07-19. Consultado o 2021-06-05. 
  37. "Israeli president warns of civil war as Jews, Arabs clash over Gaza". Reuters. 2021-05-12. Consultado o 2021-06-05. 
  38. "Israel president warns of civil war as Jewish-Arab clashes spread". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2021-06-05. 
  39. "Isaac Herzog, son of former president, elected president of Israel". euronews (en inglés). 2021-06-02. Consultado o 2021-06-06. 
  40. "Knesset Speaker working to boost recognition of Armenian genocide". Haaretz.com (en inglés). Consultado o 2021-06-05. 
  41. "Rivlin's failure to recognize Armenian genocide disappoints Armenian leader". Haaretz.com (en inglés). Consultado o 2021-06-05. 
  42. Press, Europa (2017-11-06). "El presidente israelí, ante el Rey: "España es un país para nosotros, y Su Majestad es símbolo de esa unidad"". www.europapress.es. Consultado o 2021-06-05. 
  43. Sanz, Juan Carlos (2017-11-07). "Cinco semanas de tibia y ambivalente respuesta de Israel a la crisis en Cataluña". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-06-05. 
  44. "'Not a dictator unfortunately': Czech president jokes about efforts to move embassy to Jerusalem". Haaretz.com (en inglés). Consultado o 2021-06-09. 
  45. "Israel de Netanyahu, Hungria de Orbán: aliados improváveis". 20-7-2017. Consultado o 9-6-2021. 
  46. CNN, Oren Libermann. "Anti-Semitism, hatred of minorities 'corrupts society,' says Israeli President". CNN. Consultado o 2021-06-10. 
  47. "Rivlin won't meet with Italy's far-right leader Matteo Salvini during his upcoming Israel visit". Haaretz.com (en inglés). Consultado o 2021-06-09. 
  48. "Venezuela, “convidado de pedra” das polarizadas alianzas xeopolíticas mundiais para 2019". Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). Consultado o 2021-06-09. 
  49. "Polish Senate approves controversial Holocaust bill". Israel National News (en inglés). Consultado o 2021-06-05. 
  50. "Benjamin Netanyahu attacks Polish PM for saying Jews were among perpetrators of the Holocaust". The Independent (en inglés). 2018-02-18. Consultado o 2021-06-05. 
  51. "Rivlin: Many Poles helped carry out Holocaust". Israel National News (en inglés). Consultado o 2021-06-05. 
  52. "Israeli president to Polish counterpart: We cannot deny that Poland and Poles participated in Holocaust". Haaretz.com (en inglés). Consultado o 2021-06-05. 
  53. Berman, Lazar. "Obama to Rivlin: Your leadership on Israeli democracy set a positive example". www.timesofisrael.com (en inglés). Consultado o 2021-07-08. 
  54. 54,0 54,1 "Reuven Rivlin". mfa.gov.il. 
  55. "Clearing the air". The Jerusalem Post. 12-3-2015. Consultado o 5-6-2021. 
  56. staff, T. O. I. "Nechama Rivlin, wife of President Reuven Rivlin, dies at 73". www.timesofisrael.com (en inglés). Consultado o 2021-06-05. 
  57. "The Presidency in Israel". GOV.IL (en inglés). Consultado o 2021-06-05. 
  58. "Radical, rigolard et fan de foot, qui est Reuven Rivlin, le nouveau président israélien ?". Franceinfo (en francés). 2014-06-11. Consultado o 2021-06-06. 
  59. "Disguised President Rivlin strolled among public". www.timesofisrael.com (en inglés). Consultado o 2021-07-08. 
  60. "President incognito: Rivlin traveled in disguise with Shin Bet help". 8-07-2021. Consultado o 8-07-2021. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Shimon Peres
 
Presidente de Israel

2014 - Actualidade
Sucesor:
No cargo