2018
ano
2018 (MMXVIII) foi un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI.
2018 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 2018 MMXVIII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2771 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1467 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4714 – 4715 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5778 – 5779 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2073 – 2074 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1940 – 1941 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5119 – 5120 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1396 – 1397 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1440 – 1441 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2268 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editar- Febreiro: Xogos Olímpicos de Inverno de Pyeongchang.
- Dende o 18 de abril: Revoltas en Nicaragua.
- Maio: Festival de Eurovisión de 2018 en Lisboa.
- 9 de maio: O partido da oposición liderado polo ex-primeiro ministro Mahathir bin Mohamad gaña as eleccións de Malaisia, dando paso ao primeiro cambio de goberno do país.
- 17 de maio: Día das Letras Galegas, dedicado a María Victoria Moreno.
- 23 de maio: En Paramos, Tui, estoupa unha pirotecnia ilegal, deixando dous mortos e causando outros múltiples danos, tanto humanos como materiais.
- 1 de xuño: En España unha moción de censura do PSOE, co apoio doutros grupos, desbanca a Mariano Rajoy, quedando Pedro Sánchez investido presidente.
- 10 de xuño: O ministro italiano, Matteo Salvini, pecha todos os portos marítimos ao barco Aquarius con máis de 629 inmigrantes a bordo.
- 14 de xuño-15 de xullo: Mundial de Fútbol Rusia 2018.
- 23-24 de xullo: Incendios en Grecia do 2018.
- Xullo: Wikimanía 2018 en Cidade do Cabo (Suráfrica).
- Agosto-setembro: Protestas da extrema dereita en Chemnitz, Alemaña.
- 2 de setembro: Un incendio arrasa o Museu Nacional do Río de Xaneiro, Brasil.
- 9 de setembro: Eleccións xerais en Suecia.
- 12 de setembro: O Parlamento Europeo dá luz verde a sancionar a Hungría por poñer en risco os valores fundamentais da Unión Europea.
- Setembro: O furacán Florence, despois convertido en tormenta tropical, afecta á costa leste dos Estados Unidos de América, causando trinta mortos.
- Setembro: O tifón Mangkhut golpea Filipinas e outros países asiáticos, causando máis de cen mortos e outros graves danos.
- 28 de setembro: Un terremoto seguido de tsunami causa máis de dous mil mortos en Indonesia.
- 23 de outubro: China inaugura a Ponte Hong Kong-Zhuhai-Macau.
- 17 de novembro-actualidade: Movemento dos chalecos amarelos en Francia.
A Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife) declarou a curuxa común como Ave do ano 2018 [1].
Mortes
editar- Artigo principal: Finados en 2018.
- 1 de xaneiro: Gonzalo Adrio, avogado e político galego (n. 1919).
- 11 de xaneiro: Severino Domínguez, sindicalista e político galego (n. 1915).
- 1 de febreiro: Isidro Novo, escritor galego (n. 1951).
- 22 de febreiro: Antonio Fraguas, "Forges", humorista gráfico español (n. 1942).
- 27 de febreiro: Enrique Castro, "Quini", futbolista español (n. 1949).
- 14 de marzo: Stephen Hawking, físico e divulgador inglés (n. 1942).
- 11 de maio: Berta Cáccamo, pintora galega (n. 1963).
- 28 de maio: María Dolores Pradera, cantante e actriz española (n. 1926).
- 26 de xuño: Xabier P. DoCampo, escritor galego (n. 1946).
- 12 de xullo: Xerardo Fernández Albor, presidente da Xunta de Galicia de 1981 a 1987 (n. 1917).
- 6 de agosto: Ernesto Chao, actor (n. 1943).
- 16 de agosto: Aretha Franklin, cantante estadounidense (n. 1942).
- 13 de setembro: Mary Midgley, filósofa británica (n. 1919).
- 1 de outubro: Charles Aznavour, cantante francés (n. 1924).[2]
- 6 de outubro : Montserrat Caballé, cantante de opera (n.1933).
- 12 de novembro : Stan Lee, escritor e editor estadounidense (n.1922).
Notas
editar- ↑ "20 cosas que (quizá) no sabías sobre el Ave del Año, la lechuza" (en castelán).
- ↑ Redacción (1 de outubro de 2018). "Morre Charles Aznavour, xigante da chanson, aos 94 anos". nosdiario.gal. Consultado o 2 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 2018 |
Outros artigos
editar Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|