Pirita
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
A pirita (do grego pyros que significa lume) é un mineral da clase dos sulfuros cuxa fórmula química é FeS2 (contén un 53,4% de xofre e un 46,6% de ferro).
Pirita | |
---|---|
Macla de pirita cúbica | |
Fórmula química | FeS2 |
Clase | Sulfuros |
Sistema cristalino | Cúbico |
Cor | Amarela latón |
Brillo | Metálico |
Dureza | 6-6,5 |
Fractura | Concoidea ou irregular |
Exfoliación | Moi imperfecta |
Raia | Verde escura, parda negrúzca ou gris escura |
Densidade | 5,02 g/cm3 |
Aspecto
editarA pirita tamén foi chamada "o ouro dos parvos" ou "ouro dos tolos"[1] pola confusión á que leva o seu parecido con este metal. Atópase frecuentemente maciza, granulada, radiada, estalactítica e globular. Non é raro atopala na súa forma cristalina co seu típico aspecto cúbico (coas caras ás veces estriadas perpendicularmente) ou tamén en octaedros ou piritoedros (poliedros de 12, 16, 18 ou 20 caras) e a miúdo maclada.
-
Cubos de pirita
-
Piritas dodecaédricas
-
Poliedro de pirita de 18 caras
Usos da pirita
editarA pirita utilízase como fonte importante de xofre, para a produción de ácido sulfúrico e sulfato ferroso.
Propiedades
editarÉ insoluble en auga e magnética por quentamento. O osíxeno e a auga poden atacar á pirita dando comezo desta forma a un proceso chamado limonitización da pirita, formándose como resultado pirita limonitizada (ou simplemente limonita).
Lugares onde se atopa
editarAtópase en xacementos intramagmáticos, en filóns hidrotermais e en xacementos sedimentarios e metamórficos. Asóciase con frecuencia coa esfarelita, co cuarzo, coa calcita, coa galena e coa calcopirita.
Un dos máis importantes xacementos de pirita en España é o de Navajún (A Rioxa) do que se obteñen piritas dunha grandísima perfección estética.
Outros sulfuros
editarOutros minerais nos que a presenza de xofre é destacada son:
A marcasita, a arsenopirita, a calcopirita, a pirrotina, a galena e o cinabrio.
Notas
- ↑ "Minerais; pirita". pt.geologyscience.com. Consultado o 22 de marzo de 2024.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pirita |