Calcopirita
A calcopirita ou pirita de cobre (do grego khalkós pyrósé, cobre de lume) é un mineral da clase dos sulfuros cuxa fórmula química é CuFeS2 (34,6% de cobre, 30,4% de ferro e 35% de xofre).
Calcopirita | |
---|---|
Calcopirita asociada a Cuarzo | |
Fórmula química | CuFeS2 |
Clase | Sulfuros |
Sistema cristalino | Tetragonal |
Cor | Amarela latón |
Brillo | Metálico |
Dureza | 3,5-4 |
Fractura | Concoidea ou irregular |
Exfoliación | Pouco marcada |
Raia | Verde escura |
Densidade | 4,3 g/cm3 |
Aspecto
editarMoi parecida á pirita, diferénciase desta pola súa menor dureza e pola escasa proliferación na súa forma cristalizada. A súa cor amarela latón nas superficies recentes é porén case idéntica á da pirita.
As superficies antigas son alteradas con facilidade co paso do tempo polos axentes físicos (a auga, por exemplo), dando lugar a patinas irisadas de cores azulada, violeta e verdosa.
Os grans pequenos son facilmente confundibles co ouro para un observador pouco experimentado.
Lugares onde se atopa
editarA calcopirita atópase en depósitos hidrotermales e en zonas magmáticas e metamórficas de contacto.
Usos da calcopirita
editarO seu alto contido en cobre fai da calcopirita unha fonte moi importante deste elemento que se usa despois na industia eléctrica e química.
Outros sulfuros
editarOutros minerais nos que a presenza de xofre é destacada son:
A marcasita, a arsenopirita, a pirita, a pirrotina, a galena e o cinabrio.