Galegofobia
A galegofobia[1] ou galaicofobia[2] fai referencia á aversión non xustificada cara a Galicia, cara á cultura e lingua galegas e cara ao individuo galego e a súa identidade. Malia que o termo non aparece recollido en ningún dicionario de corte académico, trátase da denominación xenérica e popular para se referir a este fenómeno tanto na prensa coma no eido social. Así, a primeira constancia que se ten do seu uso é nun artigo de prensa asinado por Villar Ponte e datado en 1916.[3] As primeiras manifestacións de galegofobia correron a cargo de múltiples e sobranceiros literatos en lingua castelá (Miguel de Cervantes, no seu Quixote,[4] como exemplo destacado), mais tamén é posible rastrexala na historiografía nacionalista española (cuxa figura paradigmática é Menéndez Pidal) ou mesmo nos ámbitos político e televisivo[5] contemporáneos.[6]
Se ben é certo que os meirandes e máis numerosos exemplos de galegofobia proceden do ámbito hispánico, tamén existiu (e segue a existir) a nivel europeo e internacional.[7]
No prólogo de Cantares gallegos, a escritora Rosalía de Castro puxo de relevo boa parte destas cuestións:
" [...] todo esto me atrevín a cantar neste homilde libro pra desir unha vez siquera i anque sea torpemente, ós que sin razón nin conocemento algún nos desprezan, que a nosa terra é dina de alabanzas, e que a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpemente nas máis ilustradísimas provincias cunha risa de mofa que, a desir verdade (por máis que ésta sea dura), demostra a iñorancia máis crasa i a máis imperdoable inxusticia que pode facer unha provincia a outra provincia hirmán por probe que ésta sea. Mais he aquí que o máis triste nesta cuestión é a falsedade con que fóra de aquí pintan así ós fillos de Galicia como a Galicia mesma, a quen xeneralmente xuzgan o máis despreciable e feio de España, cando acaso sea o máis hermoso e dino de alabanza.”
Historia e características
editarO fenómeno de desprezo cara a aquilo vinculado con Galicia confórmase e vívese con maior virulencia ao termo da Idade Media. Segundo o ensaísta lugués Miguel Anxo Murado, as razóns cómpre buscalas principalmente na pobreza que seguiu un período longo de bonanza económica.[8] Así mesmo, tamén cabería explicalo na resistencia dos nobres galegos perante os Reis Católicos.[9][10] Son destacables as rebeldías sostidas, por orde cronolóxica, por Pedro Álvarez, conde de Soutomaior (Pedro Madruga), polo mariscal Pardo de Cela, e polos sucesivos condes de Lemos, Pedro Álvarez Osorio e Rodrigo Henríquez de Castro. Todos eles compartían o común denominador da forte oposición militar ao proxecto político baseado na unificación territorial dos Reis Católicos, que supuña a imposición do autoritarismo monárquico. A resistencia exercida por estes nobres foi adoptada por moitos como un carácter innato do reino e das súas xentes, así o cronista aragonés Jerónimo Zurita describiu aquela situación do seguinte xeito:
En aquel tiempo se comenzó a domar aquella tierra de Galicia, porque no sólo los señores y caballeros della pero todas las gentes de aquella nación eran unos contra otros muy arriscados y guerreros.[11]
Naquel tempo comezouse a domar aquela terra de Galiza, porque non só os señores e cabaleiros dela mais todas as xentes daquela nación eran uns contra outros moi arriscados e guerreiros.
Sufocada xa toda oposición no reino, en 1486 os Reis Católicos visitaban Galicia e en setembro do mesmo ano daban por finalizadas a medidas políticas e militares para "mandar proveer e castigar las cosas del Bierzo e del reyno de Galizia".[12] A consecución final do pleno dominio rexio en Galicia foi o que Zurita chamaría “domar aquela terra de Galicia”.[11][13] Galicia ficou así convertida nun territorio periférico, marxinado e os galegos comezan a ser vistos como xentes obstinadas, pobres e analfabetas.
Primeiras manifestacións
editarContra as mulleres galegas
editarEntre as primeiras manfiestacións de galegofobia está o tratamento que se lle dá á muller galega, albo de mofa e desprezo na literatura do século XVI. Así, por exemplo, sucede no poema "Redondillas a la moza gallega" (1594) do poeta valeciano Jaime Orts:
Mozuela, que en la posada / ninguno a gustarte llega / Que no te halle salada / Bien es que seas gallega / Como sardina arencada... / Y tienes tan grande gala / En el mal, que no se iguala / Ninguna en tus mala tretas
Durante os séculos XVI e XVII, moitas mulleres galegas marcharon a Madrid para buscar sustento traballando como servas. Os señores para os que traballaban utilizaban a súa condición servil para aproveitarse delas, polo que chegaban a ser acosadas, humilladas e mesmo violadas.
Moça gallega que por ser muy cortés, era facil en el prometer y mucho mas en el cumplirFernández de Avellaneda
Es mucho pedir [que una gallega sea virgen]
Tamén hai exemplos da ridiculización do físico das galegas:
Ay, gallega, rolliza como un nabo / Entre puerca y mujer, que baja al río...
En todos los países de que hablé largamente corren rumores de que en Galicia [...] todas las mujeres son prostitutas.
Muy góticas de facciones, y de pelo muy espín; virginidades monteses aman a lo jabalí
Sen saír do século XVI, o sacerdote italiano Giovanni Battista Confalonieri, retrata deste modo as mulleres galegas no seu libro Memoria di alcune cose notabili occorse nel viaggio fatto da me Gio. Battista Confalonieri Sacerdote Romano da Romain Portogallo (1594):
As mulleres de Galicia levan vestidos extravagantes, e son de natural feas e con pouca vergoña. Non só van descalzas senón tamén coa saia levantada. Son sucias e desaseadas na casa e nas súas persoas.G.B. Confalonieri.[14]
Contra Galicia
editarDe igual maneira, outros escritores dos séculos XVI e XVII (Góngora, Tirso de Molina, Lope de Vega etc.) suman a súa pluma no relativo ao menosprezo de Galicia.
¡Oh montañas de Galicia, / cuya (por decir verdad) / espesura es suciedad, / cuya maleza es malicia!Luis de Góngora, en Décimas.[15]
Pálido sol en cielo encapotado,
mozas rollizas de anchos culiseos,
tetas de vacas, piernas de correos,
suelo menos barrido que regado;
campo todo de tojos matizado,
berzas gigantes, nabos filisteos,
gallos del Cairo, búcaros pigmeos,
traje tosco y estilo mal limado;
cuestas que llegan a la ardiente esfera,
pan de Guinea, techos sahumados,
candelas de resina con tericia;
papas de mijo en concas de madera,
cuevas profundas, ásperos collados,
es lo que llaman reino de Galicia.Soneto A Galicia, de Luis de Góngora.[16]
Entrementres, algúns, como Quevedo limítanse a constatar a actitude imperante no momento:
[Galicia] en España es tenida por ruda, pobre, bárbara y remota, poco favorecida de Naturaleza, fea, con montes y ásperaQuevedo
.
Outros, como Vicente Espinel na súa obra Vida del escudero Marcos de Obregón (1618) fala de Salvaterra de Miño como “rabo de Castilla” e “servidumbre de Asturias y albañar de Portugal”[17].
Con todo, as referencias literarias a Galicia por parte dos escritores españois son maioritariamente negativas. Outro exemplo deste trato atópase no autor Lucas Hidalgo, que na súa obra Diálogos de apacible entretenimiento di por boca dun seu personaxe que a terra galega non é senón "establos y suciedad".[18]
¿Que diablos alabáis la tierra de Galicia, que juro a Dios toda ella es tierra de mierda?Lucas Hidalgo
.
Reyno infeliz, país desventurado
de España muladar, rincón del mundo,
áspero, rudo clima, temple ayrado,
infiel, bárbaro trato, sitio inmundo,
gente sin sociedad. campo infecundo,
en al nombre de Dios Santo y Eterno,
que con quanta fuerza tiene el exorcismo
te conjuro y apremio, triste Averno,
para qua me declares, por ti mismo,
si eres en realidad el propio Infierno,
o si eres retrato del abismo.
[...]El sol con sus nublados aseguro
Que esta tierra no ha visto hermosura,
Y la tierra procura obscuridades
Porque no vea el sol sus fealdadesSoneto anónimo publicado en El Correo de Madrid o 22 de marzo de 1788.[19]
Nun ademán totalizador Lope de Vega cualificou os galegos como "gente non sancta"[20] no sentido de innobre, indecente[21].
Galegofobia no refraneiro español
editarCabe sinalar algúns exemplos de carácter eminentemente racista no refraneiro popular en lingua castelá (hoxe en desuso) que teñen por albo o home ou a muller galegos.[22]
- A gallego pedidor, castellano tenedor[23][24]
- No fíes en perro que cojea ni en amor de gallega
- Ruin como gallego
- Al ver un cuitado se acierta un gallego (Baltasar Gracián)
- Ni perro negro, ni mozo gallego[25] (Estebanillo González)
- Antes puto que gallego[26] (Estebanillo González)
- Gallego zorro (Estebanillo González)
- Paz de gallego, tenla por agüero.[25]
- Antes moro que gallego.[26]
- Gallego, vuélvete moro.[26]
Contra a lingua galega
editarSi a la lengua la ciencia no acompaña, lo mismo es saber griego que gallego.Lope de Vega
O investigador e académico Henrique Monteagudo menciona que foi fundamentalmente na segunda metade do século XV cando a lingua de Galicia comeza o longo proceso de desprestixio:
Xa a primeiros do século XV, os dous cargos máis importantes da monarquía en Galicia, recentemente creados, o de Alcalde Maior do Reino de Galicia e o de Corrixidor de Galicia, estaban confiados a persoeiros alleos ó país. A lingua habitual que estes e outros altos cargos empregaban na documentación oficial, ata onde podemos saber, era o castelán. Así, dos trescentos vinteseis instrumentos recollidos nun mazo de documentación do Concello de Santiago que vai entre 1416 e 1422, atopamos trescentos oito escritos en galego e dezaoito en castelán. Destes dezaoito, nove proceden da oficina arcebispal de don Lope de Mendoza, sete da Chancelería Real, e dous do Adiantado Maior do Rei de Galicia. Con todo, as oficinas notariais da nobreza galega empregaron maioritariamente o galego durante a primeira metade do século XV: por exemplo, de 1409 é a protesta de Luís Soga de Lobeira contra o conde de Trastámara, formulada en galego; en 1440 o cabaleiro Fernán Pérez de Andrade dita sentenza, rexistrada en galego, nun preito entre un particular e un convento (...). Pola contra, na segunda metade do século o uso notarial do castelán era corrente entre a alta nobreza galega, fronte á pervivencia do galego entre a media-baixa (...). En resumo, durante o século XV, especialmente durante a segunda metade, a nobreza e o clero galegos comezan a seguir a pauta que lles marca a nobreza e o alto clero castelán empoleirados no cume dos poderes de Galicia, e comeza a converterse nun núcleo diglósico asimilado. O proceso de asimilación lingüística estaba en marcha.Henrique Monteagudo en Historia social da lingua galega.
Cabe sinalar que a galegofobia lingüística non só se dá unicamente entre os falantes doutras linguas cara ao galego, senón que se manifesta dende vello entre a propia sociedade galega e mesmo na galegofalante (e monolingüe), un concepto sociolingüístico coñecido popularmente como autoodio.[27] De feito, xa Frei Martiño Sarmiento salienta este aspecto desprezativo da lingua cando di: "Acaso será atractivo [un estudo para o galego] para que os galegos depoñan o odio que teñen en contra da súa lingua".[28]
Por outra banda, cómpre mencionar a importancia do Decreto de Nova Planta asinado por Filipe V, que no aspecto lingüístico supón a imposición do castelán e o desprezo e clandestinización da lingua galega.[29] Dende aquela (1717), son múltiples os edictos contra o uso do galego e doutras linguas, coma o catalán ou éuscaro. Así, por exemplo, en 1896 a Dirección General de Correos y Telégrafos prohibe falar por teléfono en calquera lingua distinta do castelán[30]; en 1923 promúlgase, mediante Real Orde, que:
Los maestros que proscriban, abandonen o entorpezcan la enseñanza del idioma oficial en aquellas regiones en que se conserve otra lengua nativa, serán sometidos a expediente, pudiendo serles impuesta la suspensión de empleo y sueldo. En caso de reincidencia podrá acordarse su traslado a otra provincia donde no se hable más que la lengua oficial.[31]
En 1936, no xuízo a Alexandre Bóveda celebrado o 14 de agosto de 1936, o presidente do tribunal militar permitiulle a Bóveda dicir unhas últimas palabras antes de ser asasinado, e fíxoo deste modo:
[falar por non máis de dez minutos e] no expresarse sino en el idioma glorioso de los buenos españoles, que es el español, y de ninguna manera en el dialecto gallego[29]
En setembro de 2018, o deputado valenciano do partido político Ciudadanos no Congreso dos Deputados, Toni Cantó, declarou que o castelán "desaparecera de Galicia", escenario no que xustificou a proposta presentada polo seu grupo para prohibir o requirimento de coñecer as linguas galega, catalá e éuscara ao funcionariado nos seus respectivos territorios[32], unha tese apoiada días despois pola súa compañeira de filas Marta Rivera de la Cruz nun artigo publicado na prensa.[33]
Século XIX
editarO xornalista madrileño Larra, habitual polemista, tamén tivo palabras para o home galego:[34]
El gallego (...) es un animal muy parecido al hombre, inventado para alivio del asno
O retroceso progresivo do galego nalgúns territorios do país así como entre determinadas clases sociais é motivo de alarma a finais do século XIX. Así, por exemplo, Juan Sieiro manifesta:
¿Qué vitalidad puede tener un dialecto que es desconocido y hasta vergonzoso el hablarlo para los mismos naturales del país?
Sexa como for, a percepción do galego a nivel do Estado español correspóndese coa dun seitureiro estacional. […], unha visión que se mantivo até entrado o século XX.
En maio de 1896, o xornal catalán La Vanguardia recollía así a prohibición expresa de falar galego e outras linguas distintas do castelán emitida por Correos e Telégrafos:
Dicho queda con esto que se prohibe hablar por lo aparatos en catalán, valenciano, vascuence, bable y gallego, so pena de ser interrumpidos los comunicantes en su conversación por el empleado de telégrafos...
Século XX
editarO portugués Anselmo de Andrade, na súa obra Viagems na Espanha, destaca que " ... non hai terra menos coñecida e máis calumniada ca Galicia".[36]
O xornalista ourensán Julio Camba, nun artigo publicado no xornal El Sol, escribía sobre como, tras dar a coñecer a súa condición de galego, houbera quen lle chegara a dicir: "Gallego? Pues nadie lo creería. No se le nota a usted nada, ¿verdad?".[37]
Dentro da represión franquista, o galego xunto co catalán e o éuscaro formou parte da represión lingüística. É coñecido o panfleto que dicía "Hable bien. Sea Patriota. No sea Bárbaro. Es de cumplido caballero que Usted hable nuestro idioma oficial, o sea, el castellano. Es ser patriota. Viva España y la disciplina y nuestro idioma cervantino ¡¡Arriba España!!" editado pola Imprenta Sindical da Coruña en 1941[38] e 1955.[39]
A publicación de Da esencia da verdade de Martin Heidegger é de interese para a historia social do galego porque a súa tradución en 1952 por parte de Ramón Piñeiro foi prohibida pola censura franquista. Non se impediu especialmente por parte do censor de oficio García Yebra, senón pola acción específica de Juan Aparicio, quen non tivo problemas en admitir a publicación doutras obras en galego mesmo fóra da legalidade debido á súa temática menos elevada. A publicación realizaríase definitivamente en 1956 debido á chamada Batalla de Montevideo, a acción de protesta da emigración galega no congreso da UNESCO onde se admitiría a España na organización.[40]
Autoodio
editarTamén hai casos de autoodio entre galegos, ben por rexeitaren ou ben por menosprezaren a súa condición de tales. Un exemplo paradigmático, con certo eco na prensa da época, rastréxase nas columnas de opinión e en cartas ao director, como por exemplo a remitida por un lector coruñés, Juan M. Riveiro, o 29 de novembro de 1986 ao xornal La Voz de Galicia, que sería contestada en cartas sucesivas por outros lectores[41] e colectividades.[42] Nela, exprésasabe nestes termos:
"El gallego es el idioma de los paletos y los burros (...) Siento vergüenza de ser gallego (...) Hay que ocultar que somos de esta región.
Século XXI
editarDiversos medios, tanto de ámbito galego como sobre todo de ámbito estatal, (El Mundo[43] ou ABC[44]) empregaron o termo "galego" para se referir de xeito pexorativo ao presidente do Goberno do Estado Español, Mariano Rajoy Brey.
Expresións coma "Rajoy, como bo galego, evita contestar a preguntas" ou "Un Rajoy máis galego ca nunca. O popular non se implica", son adoito empregadas polos medios para se referir á ambigüidade e pouca claridade do presidente do Goberno.[45][46][47]
Outro caso galegófobo destacable é o de George Steiner, quen tivo a seguinte agarrada en 2008 respecto do uso da lingua galega:[48]
(Steiner):me han dicho que hay una universidad en España en la que es obligatorio hablar en gallego.
(entrevistador): Igual que es obligatorio en Cataluña compartir el catalán con el castellano.
(Steiner): ¡Pero no me compare el catalán con el gallego! El catalán es un idioma importante, con una literatura impresionante. Pero el gallego ¿por qué ha de ser obligatorio en una universidad?"
En 2010, a daquela presidenta do partido político español UPyD Rosa Díez, referiuse ao expresidente do Goberno Español, José Luis Rodríguez Zapatero, nunha entrevista con Iñaki Gabilondo, coma "galego, no sentido pexorativo da palabra".[49] Ela mesma cualificou tamén a Zapatero como non nado en Galicia, pero que "se sentiría orgulloso de ser galego".
En 2011, a concelleira de Cultura polo concello da Coruña, a popular Ana Fernández, criticou a programación cultural que se levara a cabo nos anos anteriores na cidade da Coruña, cualificándoa como "demasiado galega". Este feito levou á reprobación da oposición da cidade, así como da Mesa pola Normalización Lingüística, que tachou este comportamento de "galegófobo", pedindo o cesamento da concelleira.[50]
En 2012, a revista Yo Dona entrevistou a Elvira Fernández, muller de Mariano Rajoy, definíndoa como "nada galega" en referencia ao seu carácter directo e claro.[51] En 2014, o director de cinema español Pedro Almodóvar referiuse aos estafados polas preferentes de Bankia coma "galegos, analfabetos",[52] aínda que pediu desculpas pouco despois aludindo que se expresara "torpemente".[53]
O mesmo que acontece cos medios, no ámbito social pode estar presente a galegofobia.[54] En 2007 transcendeu nos medios a normativa dun hotel da illa pontevedresa da Toxa, a cal prohibía de xeito explícito o uso do idioma galego por parte do persoal. Malia ser negado pola subdirección do hotel, o establecemento foi denunciado pola Mesa pola Normalización Lingüística á Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Valedor do Pobo e á xerencia de Galicia Calidade, distintivo que dispoñía dito hotel.[55] Tamén no eido laboral, saltaba á prensa a nova dun hotel rural de Asturias cuxa xerente desprezaba o currículo dunha moza por especificar que posuía un nivel alto de idioma galego, ao consideralo "ridículo, absurdo e innecesario".[56]
En 2013, a cadea El Corte Inglés foi obxecto de polémica ao situar, nos establecementos situados en Galicia, os libros en lingua galega na sección de linguas estranxeiras.[57]
En xullo de 2015 o Centro Hípico Casas Novas foi denunciado perante a Mesa pola Normalización Lingüística por discriminación, debido a ataques recibidos por unha nena de 10 anos e a vulneración dos dereitos lingüísticos da mesma por falar en galego durante a celebración dun campamento hípico.[58][59]
En maio de 2016, o produtor musical español Julián Ruiz, durante unha entrevista na Radio Galega[60] amolouse porque a locutora se dirixise a el en galego, dicíndolle: "Para empezar, no me gusta nada que me hables en gallego". A locutora, ante o exabrupto do entrevistado, optou por rematar a conversa nese instante.[61]
En outubro de 2024, o crítico de cinema Carlos Boyero, durante unha entrevista en "The Wild Project", declarou que lle tiña manía ao actor galego Luís Zahera e ao seu "acento permanentemente galego".[62]
Acepción de "galego" na RAE
editarA Real Academia de la Lengua Española (RAE), na 22ª edición do seu dicionario, incluía na súa quinta acepción tonto (falto de entendemento ou razón) para definir o termo gallego, mentres que na sexta acepción o definía como tatexo. Tras unha petición formal a cargo, entre outros, da Cámara galega,[63] a institución finalmente optou por retiralas no ano 2013.[64]
Notas
editar- ↑ Defensa e reivindicación do idioma galego durante o século XIX, Academia.gal, 28 de xaneiro de 2013.
- ↑ A galaicofobia mantense no discurso da identidade española, Nós Diario, 18 de marzo de 2021
- ↑ FREITAS JUVINO, María Pilar. A represión lingüística en Galiza no século XX'. Aproximación cualitativa á situación sociolingüística de Galiza. Vigo, Xerais, 2008.
- ↑ MURADO LÓPEZ, Miguel Anxo. Otra idea de Galicia, Ed. Debate, 2008: ... En cuanto al Quijote genuino, los gallegos tampoco salen mucho mejor parados [...]. Los llamados yangüeses en la edición definitiva del texto, los malvados pastores que mantean a Sancho y le roban, eran originariamente gallegos. [...] Pero detengámonos un momento: ¿no estaremos cayendo en ese pecado mortal de los historiadores periféricos, el victimismo? Desgraciadamente, la respuesta es que no. El caso de Galicia es especial. Alcanza tal grado de agresividad y violencia que apenas puede compararse con el trato dado a los gascones en Francia y a los irlandeses en Inglaterra, y aun en esto hay una diferencia considerable.
- ↑ La coruñesa de ´Gran Hermano´ y su lengua, nova en La opinión o 15 de febreiro de 2011. (en castelán)
- ↑ ... así pois, a galegofobia que se desatou en Castela e tamén en Portugal após o período medieval por a Galiza ficar politicamente anulada e economicamente empobrecida, coas súas manifestacións nos textos literarios dos grandes autores, constitúe unha das bases principais para o desenvolvemento do fenómeno do autoodio, en A lingua tiveran por lingua d’escravos. O autoodio como concepto sociolingüístico (p.128), artigo aparecido en Estudos de lingüística galega 6 (2014), de Xosé Ramón Freixeiro Mato.
- ↑ A AELG lamenta que George Steiner descoñeza e desprece a lingua e a literatura galega
- ↑ MURADO, Miguel Anxo. Otra mirada de Galicia: "¿De dónde venía semejante odio? En primer lugar hay que considerar, por supuesto, la pobreza. La Galicia relativamente rica de finales de la Edad Media había caído en picado con su incorporación al Imperio de los Habsburgo. Las guerras habían provocado el hundimiento de su comercio marítimo en el momento en que éste empezaba a despegar. Había llegado a su fin, por ejemplo, la rentable exportación de vinos de Ribadavia, que desapareció en favor de los portugueses. La geología tampoco ayudaba. Imperceptiblemente, la costa gallega se está levantando muy despacio desde hace millones de años. En el siglo XVI no fue tan imperceptible: varios puertos, al no dragarse con la suficiente frecuencia, perdieron su calado. Y si la geología dañó el comercio marítimo, la teología hizo lo propio con el terrestre. El auge del protestantismo en el norte de Europa puso fin al otro gran negocio gallego, las peregrinaciones, con el mismísimo Lutero calificando de «invención literaria» los restos apostólicos. «No se sabe si lo que está enterrado es un caballo muerto o un perro muerto», le dijo al elector de Sajonia. El Camino de Santiago cerró con pérdidas.".
- ↑ "Las luchas de los nobles por el poder y el origen de los Capitanes Generales" (en castelán). 4 de setembro de 2022. Consultado o 11 de outubro de 2024.
- ↑ "La Doma y Castración de Galicia por los Reyes Católicos". cristobal-colon.com. Consultado o 11 de outubro de 2024.
- ↑ 11,0 11,1 "Anales de Aragón" (PDF). Consultado o 16 de xaneiro de 2016.
- ↑ Rosende Valdés, Andrés A. (1998). Semata Ciencias Socias E Humanidades 10 Cultura, Poder Y Mecenazgo. Universidade de Santiago de Compostela. ISSN 1137-9669.
- ↑ Traducido do orixinal: "domar aquella tierra de Galicia"
- ↑ MURADO LÓPEZ, Miguel-Anxo. Otra idea de Galicia, Debate, 2008, apartado "De la gallegofobia a la gallegofilia".
- ↑ Poema íntegro Arquivado 24 de marzo de 2018 en Wayback Machine. no arquivo da Universitat Pompeu Fabra. (en castelán)
- ↑ En memoria de Góngora de Francisco Albo en La Voz de Galicia (9 de maio de 2006). Consultado o 11 de outubro de 2024
- ↑ Estudios ofrecidos al profesor José Jesús de Bustos Tovar, volume 2, ed. José Luis Girón Alconchel, UCM, 2002, p. 1189 (en castelán).
- ↑ GONZÁLEZ MARTÍNEZ, Lola. Literatura del Siglo de Oro. Scriptura, Lleida, Servei de Publicacions de la Universitat de Lleida, 1996.
- ↑ CANO, J. L. El tema de España en la poesía española contemporánea, Taurus, Madrid, 1964. pp. 16-17.
- ↑ Galicia y los gallegos en la literatura española del Siglo de Oro, Miguel Ángel Teijeiro Fuentes, Universidade de Extremadura (en castelán).
- ↑ Entreda de non sancto, ta no DRAE (en castelán).
- ↑ ESTEBAN, José. ¡Judas! ¡Hi de puta!: Insultos y animadversión entre españoles., Renacimiento, 2003. ISBN 978-84-8472-108-6
- ↑ Diccionario de la lengua castellana (Quinta edición). Madrid: Real Academia Española. 1817.
- ↑ Núñez, Hernan (1804). Refranes o proverbios en castellano, por el órden alfabético. Madrid. p. 351.
- ↑ 25,0 25,1 Etxabe, Regino (2012). Diccionario de refranes comentado. Ediciones de la Torre. p. 574.
- ↑ 26,0 26,1 26,2 Eiroa, Sofía (2002). Estudios de teatro del siglo de oro: técnicas dramáticas de Tirso de Molina. Editum. p. 209.
- ↑ FREIXEIRO MATO, Xosé Ramón. A lingua tiveran por lingua d’escravos. O autoodio como concepto sociolingüístico en Estudos de lingüística galega 6, 117-137, ISSN 1989-578X (2014).
- ↑ MONTEAGUDO, Henrique. Sobre a lingua galega. Antoloxía. Antigüidade e nobreza, pureza e harmonía da lingua galega. Estudo introdutorio. p. 65
- ↑ 29,0 29,1 COSTAS, Xosé-Henrique (coord.). 55 mentiras sobre a lingua galega, Laiovento, 2009. páx. 15.
- ↑ Casi tres siglos de imposición, El País, 29 de abril de 2001 (en castelán).
- ↑ COSTAS, Xosé-Henrique (coord.). 55 mentiras sobre a lingua galega, Laiovento, 2009. páx. 14.
- ↑ O Día Europeo das Linguas celébrase entre numerosos incumprimentos para o galego, Praza Pública, 26 de setembro de 2018.
- ↑ Rivera de la Cruz, Marta (7/10/2018). "Toni Cantó tiene razón". El Progreso (en castelán).
- ↑ RIVAS, Manuel. Un espía en el reino de Galicia, Aguilar, 2005.
- ↑ García Negro. Sobre o racismo lingüístico, Eds. Laiovento
- ↑ Extracto de Otra mirada de Galicia Arquivado 17 de maio de 2016 en Wayback Machine.. (en castelán)
- ↑ El Sol, 6 de setembro de 1919 (en castelán).
- ↑ Imaxe do panfleto
- ↑ Roberto L. Blanco Valdés (14/12/2014). "¿Por qué descienden los gallegohablantes?". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Xosé Manuel Dasilva (2013). "La traducción al gallego y la censura franquista" (PDF). Quaderns. Revista de Traducció (en castelán) (20): 17–29.
- ↑ La Voz de Galicia, 8 de decembro de 1986, p. 45
- ↑ La Voz de Galicia, 8 de xaneiro de 1981, p. 53
- ↑ "Un Rajoy más gallego que nunca". El Mundo. Consultado o 7 de xuño de 2015.
- ↑ "Una bruma gallega envuelve a Rajoy". ABC. Consultado o 7 de xuño de 2015.
- ↑ "Rajoy se hace el gallego". El Economista. Consultado o 7 de xuño de 2015.
- ↑ "Rajoy, gallego desde el primer día: ¡menuda respuesta a la prensa!". Diario Crítico. Consultado o 7 de xuño de 2015.
- ↑ "Mariano Rajoy, como buen gallego, contestó lo que le dio la gana". El Norte de Castilla. Consultado o 7 de xuño de 2015.
- ↑ Yo intento fracasar mejor", El País, 24/8/08
- ↑ "Rosa Díez: Zapatero es gallego, en el sentido más peyorativo del término". Público. Consultado o 7 de xuño de 2015.
- ↑ "A Mesa insta a los vecinos a que pidan el cese de la edil de Cultura". La Opinión Coruña. Consultado o 7 de xuño de 2015.
- ↑ "Portada de Yo Dona.". Twitter. Consultado o 7 de xuño de 2015.
- ↑ "Almodóvar e as recorrencias da galegofobia.". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2015. Consultado o 7 de xuño de 2015.
- ↑ "Almodóvar pide disculpas a los preferentistas gallegos: "Me expresé torpemente"". Público. 22 de outubro de 2014. Consultado o 16 de xaneiro de 2016.
- ↑ A galegofobia non existe, artigo no blog de Carlos Callón no que se expón de maneira directa un caso de galegofobia a partir dunha entrevista a Elvira Fernández Balboa, esposa do político conservador Mariano Rajoy.
- ↑ "Denuncian a un hotel de A Toxa por requerir no hablar gallego como norma de cortesía". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2015. Consultado o 7 de xuño de 2015.
- ↑ "Cuestión de idiomas.". La Voz de Galicia. Consultado o 7 de xuño de 2015.
- ↑ "El Corte Inglés pratica o supremacismo lingüístico e cultural.". Galicia Confidencial. Consultado o 7 de xuño de 2015.
- ↑ "O que pide a miña nena é que non se humille a ninguén máis en Casas Novas por falar galego"
- ↑ "O Centro Hípico Casas Novas de Arteixo humilla unha nena de dez anos por falar en galego", artigo na web da Mesa pola Normalización Lingüística, 27 de xullo de 2015.
- ↑ Indignació pel menyspreu en antena a la llengua gallega d’un popular periodista musical, nova en Vilaweb o 12 de maio de 2016. (en catalán)
- ↑ Julián Ruiz en Radio Galega: "No me gusta nada que me hables en gallego, nova en La Región o 7 de maio de 2016. (en castelán)
- ↑ "Carlos Boyero: «No conecto con Luis Zahera y su permanente acento gallego»". La Voz de Galicia. 9 de outubro de 2024. Consultado o 11 de outubro de 2024.
- ↑ La Cámara gallega pide la retirada en el diccionario de la RAE de las acepciones vejatorias del término gallego, nova en Fundéu BBVA o 10 de maio de 2006. (en castelán)
- ↑ La Real Academia Española retira "tonto" como sinónimo de gallego, nova en El País o 18 de marzo de 2009. (en castelán)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Freitas Juvino, María Pilar (2008). A represión lingüística en Galiza no século XX. Aproximación cualitativa á situación sociolingüística de Galiza. Vigo: Xerais.
- García Negro, María Pilar (2009). Sobre o racismo lingüístico. Edicións Laiovento.
- González Martínez, Lola (1996). Literatura del Siglo de Oro (en castelán). Lleida: Servei de Publicacions de la Universitat de Lleida.
- Murado López, Outra idea de Galicia (2008). Miguel Anxo. Barcelona: Debate.
- Rivas, Manuel (2005). Un espía en el reino de Galicia (en castelán). Madrid: Aguilar.
- Alonso Montero, Xesús (1974). Galicia vista por los no gallegos (en castelán). Madrid: Editorial Júcar. ISBN 84-334-0101-7.
- Caramés Martínez, Xesús (1993). A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-7154-883-2.
- Peres Vigo, Alexandre (2024). Galaicofobia. Vigo: Editorial Galaxia.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editarEste artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- Peres Vigo, Alexandre (21/8/2020). "A galaicofobia viva após cinco séculos de historia" Nós Diario.
- A galegofobia existe, pero é máis simpática. Ignacio Prados Ansede. Praza Pública, 27/1/2013.
- A Mesa acusa a la Xunta de "galegofobia" Arquivado 9 de marzo de 2016 en Wayback Machine. El Correo Gallego.
- Galegofobia, doença sem cura Arquivado 02 de xullo de 2017 en Wayback Machine., 28 de agosto de 2015 en PGL.gal. (escolma de casos de galegofobia nos medios, as redes sociais e o mundo da empresa).
- Gallegos en Andalucía, así nos veían, así nos ven. Blog La Voz de Galicia, consultado o 12/2/2017 (en castelán).
- Ramos Fernández, Fernando (25/10/2014). "¿Por qué el término gallego se convirtió en insulto en España y en otros países?", Mundodiario (en castelán).
- Angueira, Anxo (2008). "Algunhas claves da literatura galega contemporánea" A Trabe de Ouro 76, pp. 529-535.