Ingmar Bergman

director e dramaturgo sueco

Ingmar Bergman (pronunciado en sueco: Sv-Ingmar Bergman.ogg 'ɪŋmar 'bærjman ), nado en Uppsala o 14 de xullo de 1918 e finado en Fårö o 30 de xullo de 2007, foi un recoñecido director de cine e dramaturgo sueco. É considerado unha das personalidades máis eminentes e influentes da cinematografía mundial.[1]

Modelo:BiografíaIngmar Bergman

(1966) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(sv) Ernst Ingmar Bergman Editar o valor en Wikidata
14 de xullo de 1918 Editar o valor en Wikidata
Uppsala Cathedral Assembly, Suecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte30 de xullo de 2007 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Fårö parish, Suecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaFårö begravningsplats (en) Traducir 57°54′59″N 19°07′58″L / 57.916411, 19.13285 Editar o valor en Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Estocolmo - arte, ciencia da literatura (1937–)
Palmgrenska samskolan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArtes escénicas Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Suecia Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, produtor de cinema, autobiógrafo, cineasta, actor, guionista, dramaturgo, director teatral, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1944 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeIngrid von Rosen (1971–1995)
Käbi Laretei (1959–1969)
Gun Bergman (1951–1959)
Ellen Bergman (1945–1950)
Else Fisher (1943–1945) Editar o valor en Wikidata
ParellaHarriet Andersson
Liv Ullmann Editar o valor en Wikidata
FillosLena Bergman
 () Else Fisher
Eva Bergman
 () Ellen Bergman
Jan Bergman
 () Ellen Bergman
Mats Bergman
 () Ellen Bergman
Anna Bergman
 () Ellen Bergman
Maria von Rosen
 () Ingrid von Rosen
Daniel Bergman
 () Käbi Laretei
Linn Ullmann
 () Liv Ullmann Editar o valor en Wikidata
PaisErik Bergman Editar o valor en Wikidata  e Karin Bergman Editar o valor en Wikidata
IrmánsMargareta Bergman
Dag Bergman Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бергман Ингмар)
Obálky knih,
Uppsala "Kulturella spår" website (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio webingmarbergman.se Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000005 Allocine: 361 Rottentomatoes: celebrity/ingar_bergman Allmovie: p81548 TCM: 14557 IBDB: 27011
BNE: XX4579283 Dialnet: 1036635 Musicbrainz: fba3b9a9-a6bd-43f6-87ac-703ca5ea6de1 Discogs: 910636 WikiTree: Bergman-637 Find a Grave: 20693685 Editar o valor en Wikidata

Dirixiu máis de sesenta películas e documentais para a televisión e o cine, os guións dos cales tamén escribía, e dirixiu unhas cento setenta obras de teatro. Na súa compañía de actores atópanse Harriet Andersson, Liv Ullmann, Gunnar Björnstrand, Bibi Andersson, Erland Josephson, Ingrid Thulin e Max von Sydow. Gran parte das súas películas foron rodadas en Suecia, moitas delas, a partir de Como nun espello (1961) en adiante foron filmadas na illa de Fårö. O seu traballo lígase en moitas ocasións á morte e a enfermidade, a existencia de Deus, a muller mailo seu rol na sociedade, a exaltación da xuventude ou o valor da sinxeleza. Tamén a fe, a traizón e a tolemia.

As súas dúas paixóns foron o teatro e mailo cine. Por esta última foi recoñecido mundialmente até que en 1983 se retirou (aínda que non definitivamente) da dirección cinematográfica con Fanny e Alexander (3 premios Óscar). Dende entón colaborou en guións e sobre todo escribiu ensaio máis ou menos autobiográficos: Imaxes ou Lanterna Máxica, entre outras.

Ingmar estivo activo durante máis de seis décadas. En 1976 a súa carreira viuse seriamente ameazada coma resultado dunha investigación por evasión de impostos. Indignado, Bergman suspendeu algunhas producións pendentes, pechou os seus estudos, e marchou a un exilio autoimposto en Alemaña durante oito anos.

En 1965 foi galardoado co Premio Erasmus.[2] No ano 1997 o Festival Internacional de Cine de Cannes, que celebraba o seu 50 aniversario, concedeulle a Palma das Palmas, unha "Palma de honor" só outorgada naquela ocasión, que lle entregaron todos os galardoados até entón coa Palma de Ouro que se puideron reunir en Cannes.[3]

Traxectoria

editar

Orixe e primeiras experiencias

editar

Nado en Uppsala en 1918, nun convento protestante, o seu pai, Erik, era un pastor luterano duro e severo de fortísima personalidade, e de Karin Åkerblom, filla dunha familia acomodada de Estocolmo. Ingmar é o segundo dunha familia de tres fillos: un irmán máis vello, Dag e unha irmá máis nova, Margareta, que chega ao mundo catro anos máis tarde. Ingmar viviu a súa infancia seguindo os desprazamentos do seu pai, por quen foi educado consonte os conceptos luteranos de "pecado, confesión, castigo, perdón e graza", temas que logo serán recorrentes nos seus filmes.

O pai comezou o seu ministerio pastoral no hospital de Uppsala, e despois foi nomeado pastor da igrexa Hedvig Eleonora en Estocolmo e, finalmente, cura da corte real. Era recoñecido como un excelente orador, mais tiña un temperamento irritable, como explica Bergman na súa biografía: Non podiamos asubiar, non podiamos andar coas mans nos petos; de súpeto decidía repasar unha lección e se non a sabía castigábanos. Padecía moito de ouvido sensible... os ruídos fortes o exasperaban.[4] A figura do pai aparecerá en tres filmes: Fanny e Alexander (1982), Den goda viljan, de Bille August (1992) e Enskilda samtal, de Liv Ullmann (1996).

En 1934, con 16 anos, Ingmar fixo unha estadía estival en Alemaña, na rexión de Turinxia, cas duns amigos da súa familia. Alemaña atópase daquela mergullado na tormenta nazi. A súa familia de acollida lévao a asistir a unha manifestación de Adolf Hitler nun estadio deportivo de Weimar.[5] Sen dúbida, demasiado novo para ter unha certa perspectiva, atópase galvanizado polo discurso do Führer. De volta a Suecia, o ambiente no que vive, esencialmente xermanófilo, está igualmente impregnado pola ideoloxía nazi. Na súa autobiografía A lanterna máxica escribiu sobre a súa visita a Alemaña, describindo como a familia alemá puxera un retrato de Hitler na parede xunto á súa cama e que "durante moitos anos estiven do lado de Hitler, encantado polo seu éxito e entristecido polas súas derrotas".[6] Bergman comentou que "Hitler era incriblemente carismático. Electrificaba á multitude... O nazismo que vin parecía divertido e xuvenil".[7] O seu irmán é un dos fundadores e membro activo do Partido Nacionalsocialista Sueco.[8] O trauma do descubrimento dos campos de exterminio levarao a distanciarse da política. De feito, Ingmar Bergman non é un autor comprometido e a súa obra carece de mensaxe política.[9]

Máis tarde, novo aínda e contra a vontade dos proxenitores, que querían que fose sacerdote, marchou para Estocolmo en 1936. Logo de realizar os estudos superiores e o servizo militar, inscribiuse na Universidade de Estocolmo, onde frecuentou un curso de Historia da literatura (a súa tese versará sobre o dramaturgo Johan August Strindberg), iniciándose ao tempo no teatro estudantil e escribindo textos para algúns dramas. Como axudante de director, comeza tamén a traballar no Teatro da Ópera.

Os primeiros filmes e o teatro

editar

No 1943 Bergman casou con Else Fischer, bailarina e coreógrafa (con quen terá unha filla, a futura escritora Lena). É nesta época cando un manuscrito seu, Hets (Tormento, 1944) foi adquirido por Filmindustri e pasado a filme, so a dirección de Alf Sjoberg, con Bergman como asistente de dirección.

Poucos meses despois desta primeira experiencia cinematográfica, foille proposto dirixir un filme sobre a comedia Moderhjertet ("A besta mai") de Leck Fischer. A pesar de que a película, lanzada despois co título Kris (1946), non tivera éxito, o produtor independente Lorens Marmsted ofreceríalle unha nova oportunidade; en 1946 xorde así Det regnar på vår kärlek. Nese mesmo ano decide trasladarse a Goteborg, onde é nomeado director xefe do teatro da cidade. Debuta con "Calígula" de Albert Camus e pon en escena moitos dos seus dramas.

Grazas a confianza de Marmsted, Bergman puido realizar outros dous filmes: Skepp till Indialand e Musik i mörker (1947). A atención suscitada por este último traballo, anima a Svensk Filmindustri a encargarlle unha posta en escena ("A furia do pecado e Eva", dirixida por Gustaf Molander) e un filme (Hamnstad (1948)), mais o fracaso que recolle a película leva a un novo corte dos fondos.

Foi de novo mercé á axuda de Lorens Marmstedt que Bergman realizará Fängelse (1949), primeira obra importante na súa carreira. Entre mentres sepárase da súa muller Else, casando con Ellen Lundstrom; en 1951 inicia relacións coa xornalista Gun Hagberg que acabará por ser a nova esposa e que lle dará unha filla.

Os primeiros éxitos

editar

No 1950 Bergman acada o éxito con Sommarlek, que continúa en 1952 con Kvinnors väntan. No 1953 Sommaren med Monika provoca un escándalo , a causa da atrevida sensualidade da actriz Harriet Andersson, naquela altura unha moza de vinte anos, e coa cal Bergman mantivo relacións. Tornarase con nove filmes unha das actrices preferidas de Bergman despois de Bibi Andersson (once filmes). Logo realiza as películas Gycklarnas afton, (1953), e En lektion i kärlek, (1954), dúas comedias sobre situacións sentimentais e humanas, con Andersson como protagonista.

No 1953 comeza a traballar no Stadsteater (Teatro cidadán) de Malmö, no que coñece un grupo de actores que acadarán presenza fixa nos seus filmes: Gunnel Lindblom, Max von Sydow, Ingrid Thulin, e Bibi Andersson. No 1955 realiza Kvinnodröm, unha comedia mediocre, e Sommarnattens leende, o seu primeiro éxito de alcance europeo, que resultará premiado no Festival di Cannes.

O éxito internacional

editar
 
Bergman dirixindo o teatro de Malmö, en 1958.

En 1956 Bergman termina O sétimo selo que obtén varios galardóns, entre outros o premio especial do Festival de Cannes; logo o Oso de Ouro no Festival de Berlín e o premio da crítica no Festival de Venecia por Amorodos salvaxes. Logo Nära livet e Ansiktet reciben o premio como mellor dirección en Cannes e Venecia, mentres en 1960 Jungfrukällan válelle obter o seu primeiro Oscar.

No 1959 casa por cuarta vez, coa pianista Kabi Laretei. Nestes anos traballo tamén na neonata televisión sueca, realizando: Venetianskan, (1958), Rabies (1959), e Ovader (1960). En 1961 é director do teatro dramático de Estocolmo e realiza Como nun espello, primeiro capítulo dunha discutida triloxía relixiosa: o filme recibe un Oscar como mellor película en lingua non inglesa.

Segue con Nattvardsgästerna (1962), que é premiado en Berlín e Viena; Ett Dromspel (1963), telefilme, e Tystnaden (1963), un dos seus traballos que provocaron máis escándalo. No 1964, afectado por unha grave depresión, escribe Persona e inicia relacións coa actriz norueguesa Liv Ullmann, coa que ten a Linn (1966).

No 1965 realizará a miniserie televisiva Don Juan, e outras rodaxes para TV, mais pouco exitosas porque son profundamente dramáticas, tal "Daniel", episodio do telefilme Stimulantia (1967).

A un ritmo dun filme por ano, serán realizados Vargtimmen (1966), case un filme de terror; o telefilm Riten (1967); a película de guerra Skammen (1968), e o grotesco Paixón (1969).

Terminado o amor por Liv Ullmann, en 1974, casa de novo con Ingrid von Rosen no 1975, coa que formou matrimonio ata a morte dela en 1995: terán un fillo, Daniel, que seguirá os seus pasos facendo carreira artística como director, como os seus sete medio irmáns (moitos dos cales son actores).

Os anos 1970

editar

No 1971 realiza Beröringen, que resulta un fiasco clamoroso, póndoo en dificultades económicas, que se resolverán mercé o inesperado éxito mundial de Viskningar och rop (1972), obra que gaña numerosos premios. No ano seguinte roda Scener ur ett äktenskap, nado como teleserie e transformado despois nun filme de case tres horas. Grava logo o telefilme Misántropos (1974), inspirado na obra de Molière; o dramma psicolóxico Cara a cara (1976) e a película de terror Das Schlangenei (1977).

Nese mesmo ano sofre unha crise por problemas con Facenda e ten que ser internado nun hospital psiquiátrico. Retírase á illa de Faro, onde permanecerá moitos anos. Dedícase con exclusividade ao cine, realizando Höstsonaten (1978), con Ingrid Bergman. Para a televisión alemá produce Aus dem Leben der Marionetten (1980).

Os últimos anos

editar

No 2000 rodou para TV Bildmakarna ("O realizador de imaxes"), que recolle a historia de Victor Sjöström, o gran mestre sueco, ambientada en 1921, cando debe rodar un dos seus filmes máis famosos Körkarlen.

Proseguiu a súa actividade teatral, con Trollflöjten, adaptación da ópera mozartiana Die Zauberflöte, obra única na súa filmografía, cunha forte óptica fascinante.

En 2002, publica o volume "Imaxes", con fotografías da súa infancia.

En 2003 rodou Saraband, continuación de cener ur ett äktenskap, financiada por catro televisións europeas e gravada en formato dixital. Dela Bergman comentou: "Este é o meu derradeiro filme".

Escribiu na súa autobiografía, titulada " A lanterna magica": "En realidade, eu vivo sempre nos meus soños, e de cando en vez fago unha visita ao mundo real".

O 20 de xaneiro de 2005 Bergman recibiu o Premio Federico Fellini pola súa saliencia cinematográfica.

Filmografía

editar
Ano Título orixinal Título en galego Labor Notas
Director Guionista
1944 Hets Si Dirixido por Alf Sjöberg
1946 Kris Si Si Baseado na obra Moderhjertet, de Leck Fischer
Det regnar på vår kärlek Si Si Baseado na obra Bra mennesker, de Oskar Braaten
1947 Kvinna utan ansikte Si Dirixido por Gustaf Molander
Skepp till India land Si Si Baseado na obra Skepp till Indialand, de Martin Söderhjelm
1948 Musik i mörker Si Escrito por Dagmar Edqvist, baseado na súa propia obra de teatro
Hamnstad Si Si Baseado en "Guldet och murarna", de Olle Länsberg
Eva Si Dirixido por Gustaf Molander
1949 Fängelse Si Si
Törst Si Escrito por Herbert Grevenius, baseado no conxunto de relatos Törst, de Birgit Tengroth
1950 Till glädje Si Si
Sånt händer inte här Si Escrito por Herbert Grevenius, baseado na novela I løpet av tolv timer, de Peter Valentin
Medan staden sover Si Dirixido por Lars-Eric Kjellgren, baseado na novela de Per Anders Fogelström
1951 Sommarlek Si Si Baseado no conto "Mari" de Bergman
Frånskild Si Dirixido por Gustaf Molander
1952 Kvinnors väntan Si Si
1953 Sommaren med Monika Si Si Baseado na novela Sommaren med Monika, de Per Anders Fogelström
Gycklarnas afton Si Si
1954 En lektion i kärlek Si Si
1955 Kvinnodröm Si Si
Sommarnattens leende Si Si
1956 Sista paret ut Si Dirixido por Alf Sjöberg
1957 Det sjunde inseglet O sétimo selo Si Si Baseado na obra de teatro de Bergman, Trämålning
Smultronstället Amorodos salvaxes Si Si Candidata ao óscar ao mellor guión orixinal
1958 Nära livet Si Escrito por Ulla Isaksson, baseado nos seus contos "Det vänliga, värdiga" e "Det orubbliga"
Ansiktet Si Si
1960 Jungfrukällan Si Escrito por Ulla Isaksson, baseado na balada "Töres dotter i Wänge". Gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa
Djävulens öga Si Si Baseado na obra radiofónica Don Juan vender tilbage, de Oluf Bang
1961 Såsom i en spegel Como nun espello Si Si Gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa. Candidato ao óscar ao mellor guión orixinal
Lustgården Si Dirixido por Alf Kjellin
1963 Nattvardsgästerna Si Si
Tystnaden Si Si
1964 För att inte tala om alla dessa kvinnor Si Si
1966 Persona Si Si
1967 Stimulantia Si Si O fragmento "Daniel"
Vargtimmen Si Si
1968 Skammen Si Si
1969 Riten Si Si TV. Tivo unha difusión limitada en cinemas fóra de Escandinavia[10]
Paixón Si Si
Fårödokument
1971 Beröringen Si Si
1973 Viskningar och rop Si Si Gañou o Oscar á mellor fotografía. Candidato ao Óscar ao mellor filme, director, guión orixinal e deseño de vestiario.
Scener ur ett äktenskap Si Si Posteriormente presentada nunha versión reducida para cinemas
1975 Trollflöjten Si Si TV. Baseado n'A frauta máxica, de Wolfgang Amadeus Mozart e Emanuel Schikaneder. Estrea tamén en cinemas
1976 Ansikte mot ansikte Cara a cara Si Si Tamén estreado nunha versión para televisión máis longa. Candidato ao oscar ao mellor director e actriz
1977 Das Schlangenei Si Si
1978 Höstsonaten Si Si Candidato ao oscar á mellor actriz e mellor guión orixinal
1980 Aus dem Leben der Marionetten Si Si
1982 Fanny och Alexander Fanny e Alexander Si Si Tamén estreada nunha versión máis longa para televisión. Gaña 4 Óscars, incluído o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa) (1983). Candidata ao óscar ao mellor director e guión orixinal
1983 Karins ansikte Si Si Curtametraxe documental con fotos fixas
1984 Efter repetitionen Si Si TV. Baseado na obra de teatro Efter repetitionen, de Bergman. Tivo estrea en cinemas internacional
1986 De två saliga Si Escrito por Ulla Isaksson, baseado na súa novela
1991 Den goda viljan Si TV. Dirixido por Bille August, conta tamén cunha versión máis curta para cinemas
1992 Markisinnan de Sade A Marquesa de Sade Si Si TV. Baseado nunha obra de Yukio Mishima
Söndagsbarn Si Dirixido por Daniel Bergman
1993 Backanterna Si Baseado na obra As Bacantes de Eurípides
1995 Sista skriket Si Si TV
1996 Enskilda samtal Si Dirixido por Liv Ullmann, baseado no libro Enskilda samtal, de Bergman. Tamén conta cunha versión máis curta estreada en festivais[11]
1997 Larmar och gör sig till Si Si TV. Baseado na propia obra de Bergman
2000 Trolösa Si Dirixido por Liv Ullmann
Bildmakarna Si Obra de teatro televisada. Obra de Per Olov Enquist
2003 Saraband Si Si TV. Tivo estrea en cinemas internacionalmente

Colaboradores

editar

Bergman traballou en numerosos filmes cos mesmos actores; entre estes destacan os que o acompañaron ao longo de toda a súa carreira, que foron Gunnar Björnstrand, Ingrid Thulin, Max Von Sydow, Bibi Andersson, Liv Ullmann, Harriet Andersson, Erland Josephson, Eva Dahlbeck e Gunnel Lindblom.

Ademais deste grupo de actores e actrices, dende inicios da década de 1950, máis precisamente dende Kvinnors väntan (1953), Bergman tivo case como membro do seu equipo de rodaxe o fotógrafo Sven Nykvist, quen obtivo varios premios coas obras dirixidas por Bergman, entre os que destacan dous Óscar da Academia de Hollywood pola fotografía de Viskningar och rop (1972) e de Fanny e Alexander. O froito desa colaboración con Bergman lanzou a carreira internacional de Nykvist.

Lista de filmes favoritos

editar

Bergman seleccionou unha lista dos seus once filmes favoritos no Festival de Cine de Göteborg en 1994.[12] Non ten unha orde de prioridade:

  1. Rothstein, Mervyn (30 de xullo de 2007). New York Times, ed. "Ingmar Bergman, Master Filmmaker, Dies at 89." [Ingmar Bergman, mestre do cinema, morre ós 89 anos.] (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2017. Bergman é amplamente considerado on dos máis grandes directores da historia do cine. Durante gran parte da segunda metade do século XX, mantívose no cumio do cinema de autor canda directores como Federico Fellini e Akira Kurosawa. 
  2. Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2015. Consultado o 9 de novembro de 2015. 
  3. "L'Histoire du Festival: Le Festival en dates (1997)". Festival de Cannes. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 25 de setembro de 2015. 
  4. A lanterna máxica, páx. 125.
  5. Vermilye, Jerry (2001). Ingmar Bergman: His Life and Films. p. 6. 
  6. Ingmar Bergman, The Magic Lantern (transl. from Swedish: Laterna Magica), Chicago: University of Chicago Press, 2007; ISBN 978-0-226-04382-1.
  7. "Bergman admits Nazi past". BBC News. 7 de setembro de 1999. 
  8. A lanterna máxica, páx. 163-169.
  9. Mandelbaum, Jacques (2008). "Ingmar Bergman". Cahiers du cinéma: 52, 54–55, 60–61, 66–67. 
  10. Parkinson, David. "The Rite: Film notes". bergmanorama.webs.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2011. Consultado o 7 de xuño de 2011. 
  11. "Enskilda samtal". festival-cannes.com. Festival de cine de Cannes. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 7 de xuño de 2011. 
  12. "Ingmar Bergman Names the 11 Films He Liked Above All Others (1994)". openculture.com. 10 de decembro de 2013. Consultado o 6 de maio de 2017. 

Véxase tamén

editar