Hyaena brunnea
Hyaena brunnea,[1][2] coñecida en galego como hiena parda, é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos hiénidos que vive nos desertos do Kalahari e de Namibia, en África meridional.
Hyaena brunnea Hiena parda Rango fósil: plioceno - actualidade | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Vulnerable | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Hyaena brunnea Thunberg, 1820 | |||||||||||||||||||||
Distribución da hiena parda
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
É máis pequena que a hiena pinta (Crocuta crocuta) e, a diferenza desta, aliméntase principalmente de preas.
É o animal terrestre de maior tamaño que obtén a maior parte do seu alimento da prea.
A causa da escaseza de comida no deserto, a hiena parda complementa a súa dieta con froitas e diversos vexetais.
Descrición
editarÉ unha hiena grande, aínda que lixeiramente menor que a súa parente a hiena pinta, da que se diferencia, entre outras cousas, por ter un cranio máis forte. Presenta algunhas características comúns coa súa conxénero a hiena raiada, aínda que o seu fociño é máis curto. As orellas son son longas e extraordinariamente aguzadas no extremo.[3]
Mide entre 1,10 e 1,25 m de lonxitude, aos que hai que engadir entre 25 e 30 cm da cola. Presenta unha altura variábel entre os 70 e os 86 cm na cruz, e pesa entre os 35 e 57 kg.[3][4]
Non existen grandes diferenzas entre os sexos, aínda que os machos poden ter un tamaño lixeramente superior, razón pola cal é difícil distinguir en principio se un exemplar é macho ou femia.
A súa pelaxe, áspera e de cor parda escura, é longa e enmarañada, especialmente no dorso e a longa cola, moi poboada, totalmente negra, mentres que na cabeza presenta un matiz agrisado. No pescozo, ombros e na parte anterior e superior do dorso, os longos pelos, máis claros que os do resto do tronco, forman unha especie de esclavina.[3]
As patas da hiena parda, estreitas, normalmente presentan raias grises escuras, case negras. Os cuartos traseiros son moito máis curtos que os dianteiros, o que fai que o lombo sexa francamente descendente.[3]
Ao igual que as demais especies de hienas, presenta unha mandíbula moi forte, capaz de romper e triturar ósos, capacidade que perde coa idade en función da deterioración dos dentes.
Taxonomía controvertida
editarA especie foi descrita en 1820 polo naturalista sueco Carl Peter Thunberg.
Porén, algúns autores modernos inclúen esta especie no xénero Parahyaena, fundado por Hendey en 1974;[5] por exemplo, Wozencraft, en 1993.[6] Porén, Jenks e Werdelin (1998) propoñen que,[7] en ausencia de datos claros sobre a filación entre as hienas, e porque datos tirados do citocromo b unen á hiena raiada e a hiena parda como taxa irmáns de Crocuta e Proteles, as dúas anteriores debe situarse xuntas no xénero Hyaena. E recoñecen que a separación entre as hienas raiadas e as pardas é relativamente antiga (produciríase no mioceno), polo que sitúan a ambas en diferentes subxéneros, Hyaena (Hyaena) e Hyaena (Parahyaena).[1]
O xénero Hyaena Brisson, 1762, foi avaliado pola Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica en 1955 e en 1998, aínda que isto foi rexeitado por algúns autores. A relación entre as hienas raiada e parda sempre foi problemática. McKenna e Bell (1997) seguindo a Galiano e Frailey (1977) e situaron a hiena parda no xénero Pachycrocuta. Polo contrario, Werdelin e Solounias (1991) argumentaron que a especie brunnea debe colocarse en Parahyaena. Finalmente, como queou dito arriba, Jenks e Werdelin (1998) clasificaron as especies brennea e hyaena en subxéneros diferentes, dentro de Hyaena para manter a intención orixinal.[2]
Bioloxía
editarHábitat e distribución
editarA hiena parda habita nas chairas de sabana seca (veld) e zonas desérticas e semidesérticas do sur de África,[3][4] por debaixo dunha liña que vai desde o sur de Angola (contra os 15º S) até o centro de Mozambique, sendo o límite norte da súa área de dispersión o río Zambeze. Antigamente ocupaba toda a rexión ur de África, pero hoxe está extinguida no Estado Libre de Orange, Natal, antiga Provincia do Cabo (excepto no noroeste), Malaui, Zambia, Cimbabue e parte de Mozambique.[4]
Costumes
editarMoi tímida e estritamente nocturna ou crepuscular, a hiena parda é un animal de costumes solitarios, agochándose durante o día en tobos de orictéropo, anfractuosidades das rochas, ou na espesura de matos,[3][4] onde os cachorros permanecen escondidos.
A voz da hiena parda é un melancólico grito "uah, uah, uah" pero, aparentemente, nunca o distintivo "riso" da hiena pinta, moito máis agresiva.[3][4]
Ao igual que as outras hienas, a parda é unha gran viaxeira, e percorre longas distancias na procura de alimento.[3]
Alimentación
editarComo as outras hienas é preeira, congregándose en torno aos cadáveres, onde come os seus restos. Naqueles lugares onde op seu territorio alcanza a costa tamén se alimenmta de animais mariños mortos e outros refugallos que aparecen nas praias (deste costume deriva o nome de Strandwolf, "lobo de praia", que recibe o animal en afrikaans). Ademais, pode tamén cazar antílopes de pequeno tamaño, ou individuos xuvenís de especies maiores, e se ten informado de ataques ao gando doméstico. Así mesmo, os ovos, insectos (como as lagostas) e froitas, forman parte ás veces da súa dieta.[3]
Reprodución
editarDurante o cortexo nupcial o macho efectúa grandes deposicións da secreción das glándulas anais sobre obxectos prominentes. O macho e a femia andan a rolos polo chan, gruñindo e chiando. A femia senta como unha gata en celo, e o macho mórdea na melena, ambos os dous chiando.
A xestación dura de 92 a 98 días, ao cabo dos cales nacemn os cachorros, en número de 2 a 4 por camada, cun peso de entre os 635 e os 750 g.
A temporada de partos no Kalahari é en xullo, descoñecéndose cando ocorre noutras rexións.
As femias paren xeralmente en tobos coa entrada estreita, onde permanecen as crías mentres son poequenas, evitando así o ataque de chacais e outros depredadores, mentres os pais andan á busca de comida.
Os cachorros abren os ollols aos 5 días, e a desteta é aos 3 mses. Non se coñece a idae a
á que as hienas pardaa alcanzaan a madurez sexual. A lonxeviade da especie é de 13 anos en catividade.[4]
Estado de conservación
editarA hiena parda sufriu desde sempre a persecución polos granxeiros, que a consideran un perigo para o gando. De continuar esta persecución, probabelmente será exterminada, ao igual que outros depredadores, de todas as áreas habitadas.[3]
Na actualidade, o número de hienas pardas en África calcúlase en menos de 8 000 individuos. Segundo a UICN, o estado de conservación na actualidade da hiena parda está cualidicado como VU, vulnerábel.[1]
Galería
editar-
Primeiro plano. Nótense as orellas ergueitas e aguzadas
-
Nótese o raiado das patas
-
Cachorro
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Wiesel, I.; Maude, G.; Scott, D. & Mills, G. (2008): Hyaena brunnea. En: IUCN 2008. Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2014.3. Consultada o 19 de marzo de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2012. Consultado o 19 de marzo de 2015.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 Dorst, J. & Dandelot, P. (1973), pp. 135-136.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Haltenorth, T. & Diller, H. (1986), pp. 217-218.
- ↑ Nowak, Ronald M. (2005): Walker's Carnivores of the World. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkis University Press. ISBN 0-8018-8033-X, p. 223.
- ↑ Wozencraft, W. C. (1993): "Order Carnivora" en: D. E. Wilson & D. M. Reeder (eds.), Mammal Species of the World: A taxonomic and geographic reference. Second Edition, pp. 279-344. Smithsonian Institution Press, Washington, DC.
- ↑ Jenks, S. & Werdelin, L. (1998): "Taxonomy and systematics of living hyaenas (family Hyaenidae)", en M. G. L. Mills & H. Hofer (eds.) Hyaenas: status survey and conservation action plan, pp. 8-17. IUCN, Gland, Suíza e Cambridge, UK.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hyaena brunnea |
Bibliografía
editar- Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
- Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
- Kowalski, K. (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
- Macdonald, David (1992): The Velvet Claw: A Natural History of the Carnivores. Nova York: Parkwest. ISBN 0-563-20844-9.
- Mills, Gus & Hofer, Heribert (1998): Hyaenas: status survey and conservation action plan. IUCN/SSC Hyena Specialist Group. ISBN 2-8317-0442-1.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds). (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editarBaixo o nome de Parahyaena brunnea (non válido hoxe)
editar- Parahyaena brunnea (Thunberg, 1820) Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine. no SIIT, Species 2000. Catalogue of Life: 18th (Thunberg, 1820), marzo de 2015. Consultada o 20 de marzo de 2015.
- Parahyaena brunnea no SIIT. Consultada o 20 de marzo de 2015.
- Parahyaena brunnea no NCBI. Consultada o 20 de marzo de 2015.
Baixo o nome de Hyaena brunnea
editar- Hyaena brunnea na Lista Vermella da IUCN. Consultada o 20 de marzo de 2015.
- Hyaena brunnea Thunberg, 1820 en MSW. Consultada o 20 de marzo de 2015.
- Hyaena brunnea no SIIT. Consultada o 20 de marzo de 2015.
- Hyaena brunnea en Animal Diversiti Web (en inglés) Contén abundantísima información. Consultada o 20 de marzo de 2015.
- Brown hyaena (Hyaena brunnea) en Arkive (en inglés). Contén abundante información, fotos e vídeos. Consultada o 20 de marzo de 2015.